Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 25 de xaneiro de 2021 Páx. 4101

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería do Mar

ORDE do 13 de xaneiro de 2021 pola que se dispón a renovación dun vogal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa.

O texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, no seu artigo 30 atribúelles ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese do Estado situadas no seu territorio, que se deberán facer necesariamente por proposta das administracións públicas e organismos e entidades que aqueles representen.

O Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 16 de setembro de 2010, faculta a persoa titular da consellería competente en materia de portos para o exercicio das ditas competencias.

Polo exposto, en exercicio da facultade atribuída, por proposta da Federación de Servizos, Mobilidade e Consumo de UGT-Galicia,

DISPOÑO:

A renovación de José Manuel Díz Moraña como vogal no Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa, en representación das organizacións sindicais.

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2021

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Mar