Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 25 de xaneiro de 2021 Páx. 4419

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 5 de xaneiro de 2021, do Servizo Provincial da Coruña, polo que se cita a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no expediente 71/2020-CO.

Este anuncio publícase logo de ter intentado sen éxito a notificación, en papel, a través do servizo de Correos, ou electronicamente, cando este último é o medio obrigatorio ou o elixido pola persoa interesada, de acordo co disposto no artigo 41 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP), en relación co artigo 14 da mesma lei.

De conformidade co disposto no artigo 44 da LPACAP, o acto administrativo, que se indica no expediente de reclamación de danos e perdas ao dominio público viario autonómico (clave IFOO008B) (Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia; DOG núm. 132, do 12 de xullo), notifícaselle á persoa relacionada no anexo.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, a dita persoa interesada, se desexa coñecer o contido íntegro do acto e examinar o resto da documentación, que se encontra no expediente, deberá comparecer:

No prazo de dez (10) días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Na sede deste servizo provincial, situada na rúa Vicente Ferrer, 2, 8º andar, ala norte, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Unha vez transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

O acto foi adoptado polo xefe do Servizo Provincial da AXI na Coruña.

A Coruña, 5 de xaneiro de 2021

Felipe de la Vega Gándaras
Xefe do Servizo Provincial da Coruña

ANEXO

Nº expediente

Persoa interesada/DNI/NIF/NIE

Acto notificado

Estrada

71/2020-CO

32407498S

Resolución

AC-552, p.q. 82+500