Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 25 de xaneiro de 2021 Páx. 4418

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 8 de xaneiro de 2021 polo que se notifica a resolución do expediente de reposición da legalidade urbanística PON/230/2018-RP1.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 1 de decembro de 2020, resolver o expediente de reposición da legalidade urbanística en relación coas obras consistentes na ampliación dunha edificación residencial no lugar dos Eidos, no termo municipal de Salvaterra de Miño, provincia de Pontevedra.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo a Antonio Soneira Davila e María Soneira Pérez, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles aos interesados o dito acordo mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselles aos interesados que o texto íntegro do acordo que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Os interesados dispoñen dun prazo de quince (15) días, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación deste anuncio, para presentaren os documentos e xustificacións que consideren pertinentes e, se é o caso, proporen proba concretando os medios de que pretendan valerse.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 2021

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística