Eu, Belén Menéndez Medel, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de tútulos xudiciais 59/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Felipe Manuel Especht Freire contra Tecnofi, S.A., e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) sobre despedimento, ditouse a seguinte Resolución con data do 19.1.2021, pola que se cita de comparecencia ás partes e ao Fondo de Garantía Salarial para o próximo día 3.2.2021, ás 9.20 horas na sala 3, do edificio da rúa Berlín.
Atopándose Tecnofi, S.A. en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto, en cumprimento do disposto na Instrución 6/2012, da Secretaría Xeral da Administración de xustiza, relativa á publicación de edictos en diarios e boletíns oficiais e protección de datos, co fin de que sirva a notificación en legal forma do mesmo.
Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2021
A letrada da Administración de xustiza