Execución de títulos xudiciais 57/2020
Procedemento orixe: despedimento/cesamentos en xeral 341/2019
Sobre despedimento
Demandante: Daniel Barros Rivas
Avogado: José Carlos Palmou Cibeira
Demandados: Tecnofi, S.A., Fogasa
Avogado/a: letrado do Fogasa
Eu, Belén Menéndez Medel, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 57/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Daniel Barros Rivas contra a empresa Tecnofi, S.A., ditáronse as seguintes resolucións:
Auto despachando execución desta data.
Decreto de adopción de medidas da mesma data.
E para que sirva de notificación en legal forma a Tecnofi, S.A., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
Advírtese ao destinatario que as devanditas resolucións quedan á súa disposición na oficina xudicial deste xulgado, as cales poderá consultar e obter copia destas. Así mesmo, advírteselle que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2020
A letrada da Administración de xustiza