Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo a resolución da súa solicitude de dereito á asistencia xurídica gratuíta, acordada pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo, ao non ser posible a súa notificación persoal. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, está á disposición das persoas interesadas na sede da Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo (rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres).
Esta resolución poderá ser impugnada polas persoas que teñan un dereito ou interese lexítimo, no prazo de dez días hábiles que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio. A impugnación realizarase por medio da presentación dun escrito dirixido á Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo (rolda da Muralla, 70, 1º Lugo) e será resolta polo xulgado correspondente, que poderá impoñer, a quen a promovese de maneira temeraria ou con abuso, unha sanción pecuniaria de 30 a 300 euros.
Lugo, 30 de decembro de 2020
Gerardo Criado Guizán
Xefe territorial de Lugo
ANEXO
Expediente |
DNI/NIE/Pasaporte |
Resolución |
PR204A2020/3308-2 |
45084961Q |
Denegatoria do dereito |
PR204A2020/3548-2 |
11399432B |
Denegatoria do dereito |
PR204A2020/3594-2 |
35625622W |
Denegatoria do dereito |
PR204A2020/3800-2 |
33851659Y |
Denegatoria do dereito |
PR204A2020/3895-2 |
X6124158V |
Denegatoria do dereito |
PR204A2020/4044-2 |
47897790Z |
Denegatoria do dereito |