De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se poidan efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.
Intentouse a notificación por correo certificado á presidencia da entidade citada no anexo sen que fose posible, polo que se lle notifica por medio deste anuncio o acordo de inicio do procedemento para a revogación da condición de comunidade galega.
Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.
O interesado dispón dun prazo de quince (15) días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, para alegar o que considere oportuno.
Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2021
Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración
ANEXO
Interesado: Centro Cultural Galego de Francfort del Meno E.V.
Número de rexistro: CG_0060/2015.
Data da comunicación: 23 de novembro de 2020.