Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 25 de xaneiro de 2021 Páx. 4412

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

ANUNCIO do 11 de xaneiro de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican as resolucións de diversos expedientes sancionadores por infraccións das persoas traballadoras ou asimiladas beneficiarias de prestacións por desemprego (expediente 28-12-2019/2.1.A e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), co contido sinalado no artigo 46 da mesma lei, e a súa eficacia quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior, e despois de tentar a notificación persoal nos domicilios que constan nos nosos arquivos, notifícanselles ás persoas traballadoras ou asimiladas, beneficiarias e solicitantes de prestacións por desemprego que se sinalan no anexo, as resolucións do procedemento sancionador por infraccións na orde social. A seguir publícase este anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no citado artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, fáiselles saber que a resolución sancionadora esgota a vía administrativa e poderán interpoñer, dentro do prazo de trinta (30) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, reclamación administrativa previa ante esta xefatura territorial, conforme o previsto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social. Contra a resolución da reclamación administrativa cabe interpoñer recurso, ante os órganos xurisdicionais da orde social, no prazo de dous meses seguintes a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Para o coñecemento e constancia do texto íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderanse presentar ante a Xefatura Territorial de Lugo, situada na rolda da Muralla, nº 70, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Advírteselles ás persoas interesadas que, de non interpoñeren o recurso en tempo e forma, a resolución adquirirá firmeza.

Lugo, 11 de xaneiro de 2021

O/a xefe/a territoria Lugo
P.A. (Artigo 57.3 do Decreto 215/2020, do 3 de decembro)
Patricia Dans Grela
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa e Xestión Económica

ANEXO

Persoa interesada

Nº de expediente

Acto que se notifica

Concello

1

Brayan Raul Vittini García

28-12-2019/2.1.A

Resolución de procedemento sancionador

Lugo

2

Cornelia Isaura Ichim Cornelia

04-12-2019/2.1.A

Resolución de procedemento sancionador

Lugo

3

Ángel Pena Fernández

12-08-2019/2.1.A

Resolución de procedemento sancionador

Lugo