O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno na Administración pública galega (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar, no Diario Oficial de Galicia, unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.
En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,
DISPOÑO:
Artigo único. Dar publicidade á relación de convenios subscritos polo Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia no terceiro cuadrimestre do ano 2020, que se incorporan como anexo a esta resolución.
Vilaxoán, 13 de xaneiro de 2021
Mª Covadonga Salgado Blanco
Directora do Instituto Tecnolóxico para o Control do
Medio Mariño de Galicia
ANEXO
Convenios de colaboración subscritos polo Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia no terceiro cuadrimestre do ano 2020
Convenio |
Importe |
Data da sinatura |
Acordo de colaboración entre a Consellería de Sanidade e o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar) para a análise de biotoxinas dentro do control oficial de moluscos bivalvos. |
150.000,00 € |
30.10.2020 |