Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 25 de xaneiro de 2021 Páx. 4326

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 22 de xaneiro de 2021 pola que se convocan as actividades formativas que compoñen o Plan formativo ofimático de Galicia para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza, das entidades locais e de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).

Aprobado o Programa de actividades formativas da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) para o ano 2021 polo Consello Reitor, de conformidade co artigo 6.2 da Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da EGAP, procede convocar as actividades formativas que compoñen o Plan formativo ofimático de Galicia desenvolvido pola EGAP xunto coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

Dentro das previsións de continuidade das actuacións do Plan de administración e goberno dixitais. Horizonte 2020, a EGAP, en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, continúa co deseño dun itinerario formativo no ámbito das tecnoloxías da información e da comunicación que coadxuvará na modernización da Administración e achegará un valor engadido aos servizos que se prestan á cidadanía.

O certificado expedido pola EGAP que acredite a superación das actividades formativas que compoñen o Plan formativo ofimático de Galicia permitirá obter a certificación galega de competencias dixitais en ofimática, nos termos previstos no Decreto 218/2011, do 17 de novembro, polo que se regula a certificación galega de competencias dixitais en ofimática.

O Plan formativo ofimático para o ano 2021 continúa cunha oferta formativa conxunta para que todos os colectivos poidan acceder á formación con independencia da Administración a que pertenzan.

Deste xeito, garántese que todas as persoas destinatarias do plan formativo, con independencia da Administración de que forman parte, poidan acceder a esta formación de carácter transversal, que é precisamente unha das que concentra a maior demanda. Con isto procúrase unha xestión máis eficiente desta e unha maior racionalización na cobertura das prazas.

RESOLVO:

Convocar as actividades formativas que figuran no anexo II, que deberán desenvolverse conforme as bases detalladas no anexo I.

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2021

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I

Bases

Primeira. Obxecto

Convócanse 2.000 prazas en accións formativas impartidas na modalidade de teleformación integradas no Plan formativo ofimático de Galicia, que a continuación se relacionan:

– Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais (LibreOffice Base).

– Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais (Microsoft Office 2019).

– Aplicacións informáticas de follas de cálculo (LibreOffice Calc).

– Aplicacións informáticas de follas de cálculo (Microsoft Office 2019).

– Aplicacións informáticas de tratamento de textos (LibreOffice Writer).

– Aplicacións informáticas de tratamento de textos (Microsoft Office 2019).

– Aplicacións informáticas para presentacións gráficas de información (LibreOffice Impress).

– Aplicacións informáticas para presentacións gráficas de información (Microsoft Office 2019).

– Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (GNU/ Linux Debian 9).

–Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (contorno Windows 10)

O temario para a avaliación será o descrito no módulo formativo MF0233_2 «Ofimática» (190 horas), asociado á unidade de competencia UC0233_2 «Manexar aplicacións ofimáticas na xestión da información e a documentación», do Catálogo nacional de cualificacións. As capacidades e os criterios de avaliación do devandito módulo formativo pódense consultar no Real decreto 558/2011, do 20 de abril, polo que se complementa o Catálogo nacional de cualificacións profesionais, mediante o establecemento de dúas cualificacións profesionais correspondentes á familia profesional de administración e xestión (BOE núm. 109, do 7 de maio).

Segunda. Requisitos dos participantes

1. Poderá participar nas actividades formativas convocadas nesta resolución o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional de Galicia; da Administración de xustiza; das entidades locais de Galicia; e da administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (en diante, SUG), que se encontre en situación de servizo activo (incluído permiso por maternidade, adopción, acollemento ou excedencia polo coidado dun/a fillo/a ou dun/a familiar) e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II.

2. Está exceptuado o persoal docente da Consellería de Cultura, Educación e Universidade; o persoal das escalas dos corpos da policía de Galicia, policía local e bombeiros; e o persoal do Servizo Galego de Saúde, non entendendo por tal os/as empregados/as públicos/as da escala de saúde pública e Administración sanitaria creada pola Lei 17/1989, do 23 de outubro, de creación de escalas de persoal sanitario ao servizo da Comunidade Autónoma de Galicia.

Terceira. Datas e lugares de realización

As actividades formativas realizaranse cos requirimentos, a duración e as condicións que para cada unha delas se indiquen no anexo II desta resolución. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web <https://egap.xunta.gal>.

Cuarta. Solicitudes

1. O prazo de presentación de solicitudes será de dez días a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

2. As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

3. O número máximo de actividades formativas que se poden solicitar limítase a tres.

4. Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non se axusten ao formulario de solicitude, non teñan cubertos correctamente os datos precisos para a realización do proceso de selección ou sexan presentadas fóra de prazo.

5. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas das actividades solicitadas e pasarán ao final das listaxes de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.

6. As persoas interesadas en recibir mensaxes sobre o proceso de selección deberán facilitar un enderezo de correo electrónico e/ou un número de teléfono móbil e, ao tratarse de actividades impartidas na modalidade de teleformación, deberán dispor dunha conta de correo electrónico cuxo enderezo terán que indicar na solicitude e dun equipamento informático que cumpra os seguintes requisitos técnicos:

– Un ordenador con conexión á internet.

– Un navegador web actualizado.

7. As persoas que necesiten acreditar circunstancias específicas (como por exemplo discapacidade ou permiso de maternidade), de acordo cos criterios de selección poderán remitirlle á EGAP a correspondente documentación complementaria, xunto cunha copia do formulario da matrícula, ao enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>, sen prexuízo do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro). A dita documentación deberá enviarse por unha única das vías indicadas; no caso contrario só serán considerados os datos achegados por correo electrónico. A documentación deberá presentarse dentro do prazo sinalado no punto 1 desta base.

8. A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57 e 981 54 63 35 en horario de atención ao público (das 9.00 ás 14.00 horas) e do enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>.

Quinta. Comprobación de datos

1. Para a tramitación do procedemento consultaranse automaticamente os datos das persoas interesadas necesarios para realizar o proceso de selección das actividades formativas.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta deberán indicalo expresamente e achegar os documentos que indiquen a súa situación administrativa, tipo de persoal e antigüidade na Administración.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

4. A presentación da solicitude comportará a autorización da persoa solicitante ao órgano xestor para pedir as certificacións necesarias para realizar a selección de acordo cos criterios da EGAP.

Sexta. Criterios de selección

1. Os criterios selectivos que serán empregados son os sinalados con carácter xeral na Resolución da Escola Galega de Administración Pública do 4 de xaneiro de 2008 (DOG núm. 7, do 10 de xaneiro), sen prexuízo dos criterios específicos establecidos na epígrafe destinatario de cada actividade formativa incluída no anexo II desta resolución.

O baremo que se empregará para a selección establécese sobre unha base de 100 puntos, dos que o 60 % estará vinculado ao número de horas de formación recibidas nos dous últimos anos e o 40 % restante á antigüidade na Administración.

Os empates desfaranse de acordo co resultado do sorteo a que se refire o artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 95/1991, do 20 de marzo (DOG núm. 58, do 25 de marzo).

A totalidade das prazas de cada actividade formativa repartiranse nun 70 por cento para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional, nun 10 por cento para o persoal das entidades locais, un 10 por cento para a Administración de xustiza de Galicia e outro 10 por cento para o PAS das universidades do SUG.

No caso de que non haxa un número suficiente de solicitantes da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional poderá completarse o número de alumnos/as asignado co persoal das restantes administracións destinatarias desta resolución de convocatoria de acordo cos criterios sinalados con carácter xeral na Resolución da Escola Galega de Administración Pública do 4 de xaneiro de 2008 (DOG núm. 7, do 10 de xaneiro).

Sétima. Publicación das relacións do persoal seleccionado

1. A EGAP publicará no enderezo <https://egap.xunta.gal> unha relación das persoas seleccionadas para participar no dito curso, así como un número adecuado de reservas de acordo co disposto no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

O prazo de presentación de alegacións será de dez días desde a súa publicación de acordo co artigo 68.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Entenderase que as persoas que non figuren na relación foron excluídas por algunha das razóns expresadas nas bases da convocatoria ou ocupan un posto máis afastado na listaxe de agarda.

2. Transcorrido o prazo de alegacións, a EGAP publicará no enderezo <https://egap.xunta.gal> a listaxe definitiva de persoas admitidas no curso. Contra esta listaxe poderase interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes desde a dita publicación, de acordo co disposto polos artigos 112.1, 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Oitava. Cambios ou substitucións na selección, renuncia, asistencia e puntualidade

1. Os cambios ou as substitucións na selección:

En ningún caso serán admitidos cambios ou substitucións entre as persoas seleccionadas.

2. A renuncia:

a) As persoas seleccionadas só poderán renunciar ás actividades formativas:

– Por causa de forza maior suficientemente acreditada.

– Por necesidades do servizo debidamente motivadas por parte das persoas responsables dos centros directivos.

– Por razóns de conciliación familiar debidamente motivadas.

– Por outras causas xustificadas documentalmente.

b) A renuncia debe ser comunicada por escrito á EGAP cunha antelación de tres días ao inicio da actividade formativa. Na web da escola está dispoñible un modelo de renuncia.

Para isto poderase utilizar preferentemente o enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>, alén do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

As persoas que incumpran o previsto nas alíneas a) e b) pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

3. Seguimento das actividades:

As persoas que non completen o 50 % das actividades e tarefas propostas pola titoría pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

4. A asistencia e a puntualidade:

É obrigatoria a asistencia con puntualidade ás probas de avaliación. En ningún caso se admitirán cambios na asignación de quendas das probas, excepto que concorra algunha das causas previstas no número 2.a) da base oitava.

Para poder facer a proba de avaliación, cada participante debe lembrar o contrasinal que lle permite entrar na aula virtual, que coincide co que lle dá acceso á zona de matrícula.

As persoas que non se presenten ás probas na quenda asignada perderán o dereito ao certificado de superación da proba.

Novena. Superación das actividades. Realización das probas

Para poder superar as actividades de teleformación é necesario cumprir unha serie de requisitos obrigatorios na súa totalidade:

– A adecuada realización de todas as actividades que o/a titor/a propoña. Estas deben constar debidamente presentadas e superadas nos prazos estipulados na programación didáctica do curso. A non superación das actividades obrigatorias suporá a perda automática do dereito a participar no exame final, que se realizará en liña.

– A superación das probas de avaliación que para os efectos se establezan. Para superar as probas de avaliación, o alumnado deberá responder de forma correcta a un 50 % das preguntas da proba. As respostas incorrectas non descontarán acertos.

– As datas e o horario en que terán lugar as probas de avaliación, que se realizarán en liña, indícanse no anexo II da convocatoria, información que será ampliada e actualizada a través da páxina web e tamén a través da plataforma de teleformación.

Décima. Certificado

Para a obtención do certificado de aproveitamento o alumnado deberá obter a avaliación positiva do seu profesorado, o cal emitirá un informe declarando apto/a ou non apto/a cada alumno/a en función do resultado da proba de avaliación.

Décimo primeira. Facultades da EGAP

1. A EGAP resolverá aquelas incidencias que poidan producirse no desenvolvemento e na xestión das actividades formativas e pode suprimir algunha, ampliar novas edicións da programación ou programar outras actividades diferentes cando así o exixan as circunstancias que afecten a súa organización ou docencia. Tamén lle corresponde á EGAP prover canto sexa necesario para a execución e cumprimento desta resolución.

2. A execución material das actividades queda condicionada á existencia de crédito orzamentario axeitado e dispoñible e á autorización correspondente do gasto.

3. No suposto de que o número de admitidos/as sexa inferior ao 50 % das prazas convocadas, a EGAP reserva para si o dereito a suspender, cancelar ou agrupar varias edicións das actividades, caso en que empregará os medios de notificación ás persoas interesadas previstos na normativa vixente.

4. A EGAP poderá modificar os contidos, o desenvolvemento, as datas e os lugares das actividades formativas, así como resolver todas as continxencias que poidan xurdir. Todas as modificacións que afecten o desenvolvemento das actividades serán anunciadas na páxina web da escola.

5. A EGAP garantirá na totalidade das actividades derivadas desta convocatoria a promoción da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, a eliminación de calquera tipo de discriminación e o fomento dos dereitos de conciliación.

Código

Denominación

Prazas

Horas

Cualificación

Destinatarios

Modalidade

Data de inicio

Data de fin

Data e hora do exame (en liña)

OF21001

Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais (LibreOffice Base)

50

50

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e do persoal de administración e servizos (PAS) das universidades galegas.

Teleformación

15.3.2021

6.5.2021

10.5.2021

16.30

29.6.2021

1.7.2021

17.30

13.9.2021

2.11.2021

8.11.2021

30.9.2021

19.11.2021

25.11.2021 16.30

OF21002

Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais (Microsoft Office 2019)

25.11.2021 17.30

OF21003

Aplicacións informáticas de follas de cálculo (Microsoft Office 2019)

18.30

2.7.2021

25.11.2021 18.30

OF21004

Aplicacións informáticas de follas de cálculo (LibreOffice Calc)

12.4.2021

1.6.2021

7.6.2021

15.9.2021

4.11.2021

10.11.2021 16.30

4.10.2021

24.11.2021

29.11.2021 16.30

29.11.2021 18.30

OF21005

Aplicacións informáticas de tratamento de textos (Microsoft Office 2019)

50

30

24.5.2021

24.6.2021

30.6.2021

15.10.2021

20.10.2021 16.30

27.9.2021

27.10.2021

2.11.2021

16.30

OF21006

Aplicacións informáticas de tratamento de textos (LibreOffice Writer)

19.4.2021

22.4.2021

20.10.2021 17.30

20.10.2021 18.30

20.9.2021

20.10.2021

25.10.2021 16.30

9.11.2021

17.30

OF21007

Aplicacións informáticas para presentacións gráficas de información (LibreOffice Impress)

25.10.2021 17.30

14.10.2021

15.11.2021

18.11.2021 16.30

OF21008

Aplicacións informáticas para presentacións gráficas de información (Microsoft Office 2019)

50

30

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e do persoal de administración e servizos (PAS) das universidades galegas.

Teleformación

24.5.2021

23.6.2021

OF21009

Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (GNU/Linux Debian 9)

50

30

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e do persoal de administración e servizos (PAS) das universidades galegas.

Teleformación

15.3.2021

15.4.2021

21.4.2021

16.30

OF21010

Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (Windows 10)

25.10.2021 18.30