Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 26 de xaneiro de 2021 Páx. 4630

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 24/2020).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 24/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fundación Laboral de la Construcción contra a empresa Divalgal, S.L., sobre ordinario, ditouse decreto de insolvencia do 21.12.2020, impugnable en revisión no prazo de tres días, que se encontra á súa disposición na sede do xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Divalgal, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 21 de decembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza