Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 26 de xaneiro de 2021 Páx. 4631

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 210/2019).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 210/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fremap, mutua colaboradora coa Seguridade Social nº 61, contra Trans Coruña, S.L., Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Auto

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2020.

Dispoño: continuar os trámites de execución forzosa fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social e á Tesouraría Xeral da Seguridade Social, e adoptar as seguintes medidas executivas:

1. Fíxase o prazo máximo dun mes, computado desde o día seguinte ao de notificación da presente resolución, para dar cumprimento definitivo á executoria, e requírese a executada co fin de que proceda ao aboamento á mutua executante da cantidade de 5.496,31 euros de principal e 549,63 euros orzados provisionalmente para xuros e gastos da execución.

2. Requírese a Administración executada para que no prazo dun mes, contado desde o seguinte ao de notificación desta resolución, proporcione a este xulgado a identidade da autoridade ou funcionario responsable do cumprimento da executoria, co obxecto de individualizar oportunamente as responsabilidades derivadas, incluídas as responsabilidades patrimoniais que procedan, sen prexuízo das comprobacións de oficio que se deban levar a cabo ao respecto. Todo iso con apercibimento de que, de non o efectuar no prazo indicado, se procederá de oficio ao nomeamento de funcionario responsable.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición, que se deberá interpoñer ante este órgano xudicial no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación.

Por este auto así o pronuncio, mando e asino. Paula Méndez Domínguez, maxistrada do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela.

A maxistrada. A letrada da Administración de xustiza

Dilixencia. Seguidamente, cúmprese o acordado. Dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Trans Coruña, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza