Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 26 de xaneiro de 2021 Páx. 4633

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 143/2020).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 143/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel González Álvarez contra Lodri 2015, S.L. e Fogasa, se ditaron as seguintes resolucións, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Auto:

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2020.

Parte dispositiva:

Dispoño despachar orde xeral de execución da Sentenza 192/2020, do 16 de outubro, ditada no procedemento ordinario 406/2017 a favor da parte executante, Manuel González Álvarez, fronte a Lodri 2015, S.L. e Fogasa, parte executada, por importe de 593,27 euros en concepto de principal (456,86 euros en concepto de salarios, vacacións e axudas de custo, 110,34 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores (ET) sobre os conceptos salariais, que comportan 255,76 euros, 26,07 euros en concepto de xuros do artigo 1.108 do Código civil sobre os conceptos indemnizatorios, que comportan 201,10 euros), máis outros 59,32 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Contra este auto poderase interpoñer recurso de reposición, ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación.

Así o acorda e asina S.S.ª Dou fe.

A xuíza. A letrada da Administración de xustiza.

Decreto:

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2020.

Parte dispositiva:

Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir a executada, Lodri 2015, S.L., co fin de que no prazo de dez días aboe a cantidade de 593,27 euros en concepto de principal (456,86 euros en concepto de salarios, vacacións e axudas de custo, 110,34 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores (ET) sobre os conceptos salariais, que comportan 255,76 euros, 26,07 euros en concepto de xuros do artigo 1.108 do Código civil sobre os conceptos indemnizatorios, que comportan 201,10 euros), máis outros 59,32 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación. Ingresará o dito importe na conta deste xulgado, aberta en Banco Santander co número IBAN ES55 0049 3569 9200 0500 1274 (nº expediente xudicial 1589 0000 64 0143 20), con apercibimento de que, en caso de non cumprir o requirimento no prazo conferido, se procederá ao embargo dos seus bens para cubrir a dita suma, logo da súa investigación a través da aplicación informática deste xulgado.

– Requirir a Lodri 2015, S.L. co fin de que no prazo de dez días manifeste relacionadamente bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, de ser o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non o verificar, poderá ser sancionada, cando menos, por desobediencia grave, no caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e tamén se lle poderán impoñer multas coercitivas periódicas.

Modo de impugnación. Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpoñer, ante este órgano xudicial, no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación.

A letrada da Administración de xustiza.

Para que sirva de notificación en legal forma a Lodri 2015, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza