Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 26 de xaneiro de 2021 Páx. 4651

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 12 de xaneiro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no procedemento de caducidade de concesión mineira.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), logo de intentada a notificación persoal a través servizo do Correos, notifícaselle á interesada relacionada no anexo o acto que se indica.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, a interesada dispón dun prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE (Boletín Oficial del Estado), para comparecer, en persoa ou debidamente representada, nas dependencias da Sección de Enerxía desta xefatura, con enderezo na avenida María Victoria Moreno, 43, 5ª planta, 36003 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Debido ao Protocolo de medidas preventivas fronte ao coronavirus nos servizos de rexistro e atención á cidadanía (Resolución do 27 de abril de 2020), todas aquelas persoas que soliciten acudir a estas dependencias deben solicitar cita previa a través do teléfono 986 80 52 37.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 12 xaneiro de 2021

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Interesada

Acto notificado

Adjosaran, S.L.

Acordo de inicio do expediente de caducidade da concesión de explotación derivada do permiso de investigación Arnego fracción IV, nº 2648.4 (PO/C/02648.4).