Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 26 de xaneiro de 2021 Páx. 4649

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 30 de decembro de 2020, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica a afección dun predio por unha instalación eléctrica prevista no concello de Carballeda de Avia, na provincia de Ourense.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa eficacia quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU).

Polo anterior, e sendo infrutuosa a notificación efectuada ao propietario do predio que se sinala no anexo, xa que foi devolta polo servizo de Correos por descoñecido, a continuación publícase este anuncio que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE; sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no sinalado artigo 44, este anuncio publicarase tamén no Diario Oficial de Galicia.

Os interesados son informados de que o expediente IN407A 2020/61-3, correspondente á instalación eléctrica denominada regulamentación LMTA ALB804-CT32A049 Muimenta, está á súa disposición durante un prazo de vinte (20) días nas dependencias da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación en Ourense, na rúa Curros Enríquez nº 1, 3º andar (Servizo de Enerxía e Minas). O proxecto tamén se encontra dispoñible para a súa consulta no portal da Consellería de Economía, Empresa e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica).

Ourense, 30 de decembro de 2020

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2020/61-3.

Termo municipal: Carballeda de Avia.

Denominación da instalación: regulamentación LMTA ALB804-CT 32A049 Muimenta.

Parcela nº: 1.

Lugar: monte Coto.

Referencia catastral: 32019A085003790000SM.

Titular: CMVMC Gaiteira Lousado Coto.

Enderezo: lugar Muimenta s/n, 32433 Carballeda de Avia, Ourense.

Afección: apoio nº 129-41-3-CT; 10 m² de ocupación.