Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 26 de xaneiro de 2021 Páx. 4608

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2021, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018, da Consellería de Facenda, pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Na sesión que tivo lugar o día 15 de outubro de 2020, o tribunal nomeado pola Orde do 12 de xullo de 2019 (DOG núm. 137, do 19 de xullo), encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, de acordo co disposto nas bases da convocatoria, adoptou os seguintes acordos:

Primeiro. De conformidade co disposto na base II.1.1.4 da convocatoria, o exercicio cuarto cualificarase de 0 a 20 puntos e para superalo será necesaria unha puntuación mínima de dez (10) puntos. Ademais, o tribunal cualificará este exercicio valorando, entre outros, os coñecementos, a claridade, a orde de ideas e a calidade da expresión escrita. Para estes efectos, no Acordo do 20 de outubro de 2020 do tribunal fixéronse públicos os criterios de corrección, valoración e superación do cuarto exercicio do proceso selectivo, publicado no portal web de Función pública da Xunta de Galicia e no Diario Oficial de Galicia do día 28 de outubro de 2020.

Realizada a corrección do cuarto exercicio e consonte os criterios anteriores, superaron o exame un total de 8 aspirantes no conxunto de todas as quendas.

Segundo. Realizar os trámites oportunos para publicar as puntuacións obtidas por todas as persoas aspirantes presentadas ao cuarto exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de sistemas e tecnoloxía da información, subgrupo A1, no lugar onde se realizou o exercicio e no portal web da Xunta de Galicia, funcionpublica.xunta.gal

Terceiro. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas en relación coas puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. De conformidade co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2021

Juan Gómez Duaso
Presidente do tribunal