Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 26 de xaneiro de 2021 Páx. 4627

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO de notificación de sentenza (PO 917/2019).

Eu, Rafael González Alió, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento ordinario 917/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Abdelaaziv Zakaria Zakaria contra Transportes Vilalbatir, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou sentenza cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Resolvo.

Estimar a demanda formulada por Abdelaaziz Zakaria Zakaria e condenar a empresa Transportes Vilalbatir, S.L. ao pagamento ao demandante da cantidade de 1020,76 euros, incrementada co 10 % de xuros de demora, e correspondentes a axudas de custos.

As custas do presente procedemento impoñeránselle á parte demandada.

Notifíquese esta sentenza ás partes e fágaselles saber que non cabe recurso ningún.

Así, por esta miña sentenza, da que se levará testemuño aos autos, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Transportes Vilalbatir, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Lugo, 23 decembro de 2020

O letrado da Administración de xustiza