Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 27 de xaneiro de 2021 Páx. 5093

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 11 de xaneiro de 2021, da Área Provincial de Turismo de Pontevedra, pola que se notifica a resolución da baixa da autorización turística e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas de varios establecementos.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase a Resolución do 3 de xaneiro de 2017 de baixa dos establecementos indicados no anexo I, xa que, intentada a notificación, non se puido efectuar polos medios habituais.

Esta resolución esgotada a vía administrativa e contra ela poderase interpor recurso potestativo de reposición ante esta Axencia Turismo de Galicia no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Pontevedra, 11 de xaneiro de 2021

Felipe Ferrero González
Xefe da Área Provincial de Turismo de Pontevedra

ANEXO

Establecemento: O Meigallo.

Signatura: V-PO-007688.

Razón social: Rivercor, C.B.

Domicilio: Galicia, 57.

Concello: A Guarda.

Establecemento: Hermelinda.

Signatura: V-PO-000418.

Razón social: María Luisa García García.

Domicilio: Riestra, 24.

Concello: Pontevedra.

Establecemento: Teatro.

Signatura: V-PO-005907.

Razón social: Esifer, S.C.

Domicilio: Michelena, 11.

Concello: Pontevedra.