Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 27 de xaneiro de 2021 Páx. 4867

III. Outras disposicións

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 2021, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta secretaría xeral no terceiro cuadrimestre de 2020.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Secretaría Xeral da Emigración nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2020 que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2021

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración

ANEXO

Nome

Obxecto

Importe

Data da sinatura

Convenio de colaboración coa Arquidiocese de Santiago de Compostela

Financiamento dos gastos derivados da consulta e expedición de certificados acreditativos da ascendencia galega ao colectivo de emigrantes galegos e aos seus descendentes

10.000 €

22.9.2020

Convenio de colaboración coa Diocese de Mondoñedo-Ferrol

Financiamento dos gastos derivados da consulta e expedición de certificados acreditativos da ascendencia galega ao colectivo de emigrantes galegos e aos seus descendentes

2.500 €

22.9.2020

Convenio de colaboración coa Diocese de Lugo

Financiamento dos gastos derivados da consulta e expedición de certificados acreditativos da ascendencia galega ao colectivo de emigrantes galegos e aos seus descendentes

2.500 €

22.9.2020

Convenio de colaboración coa Diocese de Ourense

Financiamento dos gastos derivados da consulta e expedición de certificados acreditativos da ascendencia galega ao colectivo de emigrantes galegos e aos seus descendentes

4.000 €

22.9.2020

Convenio de colaboración coa Diocese de Tui-Vigo

Financiamento dos gastos derivados da consulta e expedición de certificados acreditativos da ascendencia galega ao colectivo de emigrantes galegos e aos seus descendentes

2.500 €

22.9.2020

Convenio de colaboración coa Asociación de Emigrantes Retornados Ulla-Umia (AERU)

Mantemento dunha oficina de información e asesoramento dirixida a emigrantes retornados

6.000 €

2.10.2020

Convenio de colaboración coa Associação Recreio dos Anciãos para Asilo da Velhice Desamparada

Contribuír á atención das necesidades socioasistenciais básicas dos cidadáns galegos residentes en Río de Janeiro (Brasil)

20.000 €

22.10.2020

Convenio de colaboración coa Fundación Apoyo a la Ciudadanía Española en Venezuela (FACEV)

Prestación de asistencia socioasistencial especial e sanitaria de emerxencia a persoas de orixe galega residentes en Venezuela

20.000 €

22.10.2020

Convenio de colaboración coa Hermandad Gallega de Valencia

Contribuír á atención das necesidades socioasistenciais básicas dos cidadáns galegos acollidos no Centro de Día de Valencia (Venezuela)

10.000 €

22.10.2020

Convenio de colaboración coa Hermandad Gallega de Venezuela

Contribuír á atención das necesidades socioasistenciais básicas dos cidadáns galegos acollidos no Centro de Día Santiago Apostol de Caracas (Venezuela)

40.000 €

22.10.2020

Convenio de colaboración co Centro Galicia de Bos Aires, Cultural, Social e Deportivo

Contribuír ao mantemento da entidade

60.000 €

22.10.2020

Convenio de colaboración co Centro Gallego de Mar del Plata

Garantir a seguridade das instalacións deportivas

12.000 €

5.11.2020

Convenio de colaboración co Centro Gallego de Montevideo

Realización das obras de reparación da estrutura que sustenta o tanque de auga do polideportivo

30.000 €

6.11.2020

Convenio de colaboración co Centro Lalín, Agolada y Silleda de Galicia en Bos Aires

Realización de obras de nova canalización da rede interna de gas

25.000 €

6.11.2020

Convenio de colaboración coa Casa de Galicia en Huelva

Contribuír ao pagamento das cotas mensuais de capital amortizado en 2020 para a adquisición da sede social

10.000 €

27.11.2020