Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 27 de xaneiro de 2021 Páx. 4869

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se aproba a renovación do Plan de aproveitamento específico da anguía na desembocadura do río Ulla para o ano 2021.

Antecedentes.

Primeiro. A finais do ano 2011 as Confrarías de Pescadores Santiago Apóstol de Carril e Virxe do Carme de Rianxo presentaron os anexos I e II do Decreto 130/2011, do 9 de xuño, polo que se regula a pesca profesional da anguía nas augas continentais competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 129, do 6 de xullo), e un plan de aproveitamento específico para a pesca da anguía na bacía do río Ulla para o ano 2012.

Segundo. A Dirección Xeral de Conservación da Natureza ditou Resolución, do 20 de febreiro de 2012, pola que se aprobou o Plan de aproveitamento específico da anguía na desembocadura do río Ulla para o ano 2012 (DOG núm. 45, do 5 de marzo).

Terceiro. A Xefatura Territorial de Pontevedra aprobou as sucesivas renovacións anuais do plan mediante a Resolución do 8 de marzo de 2013 (DOG núm. 76, do 19 de abril), a Resolución do 3 de febreiro de 2014 (DOG núm. 33, do 18 de febreiro), a Resolución do 3 de febreiro de 2015 (DOG núm. 27, do 10 de febreiro), a Resolución do 14 de xaneiro de 2016 (DOG núm. 20, do 1 de febreiro), a Resolución do 12 de xaneiro de 2017 (DOG núm. 21, do 31 de xaneiro) modificado por Resolución do 9 de febreiro de 2017 (DOG núm. 38, do 23 de febreiro), a Resolución do 27 de decembro de 2017 modificado por Resolución do 5 de marzo de 2018 (DOG núm. 60, do 26 de marzo), a Resolución do 18 de xaneiro de 2019 (DOG núm. 23, do 1 de febreiro) e a Resolución do 15 de xaneiro de 2020 (DOG núm. 20, do 30 de xaneiro) e a súa corrección de erros (DOG núm. 31, do 14 de febreiro).

Cuarto. O día 1.10.2020 a Confraría de Pescadores Santiago Apóstol de Carril e o día 28.10.2020 a confraría de pescadores Virxe do Carmen de Rianxo presentaron as solicitudes de renovación do Plan de aproveitamento específico da anguía na desembocadura do río Ulla para o ano 2021. Xuntan á solicitude, a relación de embarcacións que solicitan participar no plan. A Confraría de Carril propuxo 11 embarcacións e 24 tripulantes máis unha suplente e a Confraría de Rianxo 7 embarcacións e 13 tripulantes.

Quinto. Durante a tramitación do expediente de renovación, solicitouse o informe á Consellería do Mar, quen, a través do seu Servizo de Planificación da Subdirección Xeral de Investigación e Apoio Científico-Técnico, informou de xeito favorable a renovación do Plan de aproveitamento. Solicitouse, ademais, o informe da Área de Espazos Naturais Protexidos do Servizo de Patrimonio Natural por quedar a zona de actividade parcialmente dentro do Sistema fluvial Ulla-Deza, informe que foi favorable, e solicitouse o informe do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia do que non se tivo resposta polo que se considera que non existe inconveniente para aprobar este plan.

Sexto. O día 4.1.2021 a Confraría de Carril solicitou cambio no listado de participantes no plan e o día 7.1.2021 a confraría de Rianxo presentou a documentación complementaria para cumprir cos requisitos do plan.

Sétimo. O día 11.1.2020 a Confraría de Rianxo enviou unha nova proposta de listado de embarcacións e tripulantes para incluír nese plan.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. A normativa de aplicación para a resolución deste procedemento ven determinada polo Decreto 130/2011, do 9 de xuño, polo que se regula a pesca profesional da anguía nas augas continentais competencia da comunidade autónoma de Galicia, así como pola Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial (DOG núm. 151, do 5 de agosto) e polo Decreto 130/1997, do 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais (DOG núm. 106, do 4 de xuño).

Segundo. O artigo 9 do Decreto 130/2011 dispón que se poderán renovar os plans de aproveitamento específico de anguía por períodos dun ano, sempre que se cumpran as condicións e informes previstos nos puntos dous e tres de dito artigo.

Terceiro. Segundo Decreto 130/2020, do 17 de setembro, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia e o Decreto 42/2019, do 28 de marzo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, corresponde a esta consellería, a través da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, a ordenación, a conservación, a protección, o fomento e o aproveitamento sustentable dos recursos cinexéticos e piscícolas nas augas continentais.

Resolución:

Visto o exposto nos antecedentes e nos fundamentos de dereito, acórdase aprobar a renovación do Plan específico da anguía na desembocadura do río Ulla para o ano 2021, que figura como anexo a esta resolución.

Contra a presente resolución poderá interpoñerse recurso de alzada ante a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, no prazo de 1 mes dende a publicación da mesma, segundo o recollido nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Pontevedra, 13 de xaneiro de 2021

José Manuel González González
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Plan de aproveitamento específico da anguía na desembocadura do río Ulla
para o ano 2021

1. Relación de embarcacións e tripulantes autorizados no plan.

a) Autorízase a faenar ás embarcacións e os tripulantes, que se relacionan no anexo A deste plan. Autorizaranse neste plan plan a 15 embarcacións e a 35 tripulantes, de xeito que non se aumenta o esforzo pesqueiro adoptado no Plan de aproveitamento da anguía no río Ulla do ano anterior xa que o número de tripulantes non aumenta.

b) O número máximo de tripulantes por embarcación será de tres (3).

Unha vez incluído na resolución o listado de embarcacións e tripulantes, este non se poderá modificar salvo por causas sobrevidas suficientemente xustificadas.

2. Período de pesca.

Desde o día seguinte á data da publicación no DOG da resolución que autoriza este plan ata o 31 de outubro de 2021, período aplicable ás tres zonas de pesca A, B e C.

O número previsto de días de actividade está entre 20-23 días ao mes, cun máximo de 197 días por tempada.

3. Horario.

a) Con carácter xeral, os labores de pesca estarán comprendidas entre as 12.00 horas do luns ata as 12.00 horas do sábado.

b) As nasas deberán ser levantadas e revisadas diariamente e deberán baleirarse o mais rápido posible, para evitar a morte das capturas accidentais.

c) Queda prohibido ter mais dunha cacea sen baleirar na cuberta da embarcación.

4. Arte.

a) A arte de pesca é a nasa-voitirón.

b) O tamaño da malla non será inferior a 14 mm, medida en diagonal e mollada.

c) As artes de pesca de cada cacea deberán estar unidas por unha corda e irán balizadas segundo a normativa vixente. Levarán en cada extremo unha boia de tamaño mínimo de 20 cm. Nas de dimensións menores indicarase o folio da embarcación que opera con ela.

d) As caceas deberán situarse en dirección paralela á corrente e non poderán cruzarse nin na canle nin no esteiro.

e) Programarase o tendido das artes, de xeito que sempre quede libre un largo do río suficiente para o normal movemento das especies piscícolas migradoras.

5. Número de aparellos ou artes de pesca por tripulante e xornada de pesca.

O número de artes de pesca que se van empregar en cada unha das zonas descritas no punto 6 deste anexo, non poderá ser superior a dez (10) nasas-voitirón por tripulante, cun máximo de 80 por embarcación e por xornada de pesca. Non se poderá acumular o número asignado dunha zona á outra.

De conformidade co anterior, e con base no establecido no Plan de xestión da anguía en Galicia, ningunha embarcación poderá empregar máis de 80 nasas-voitirón ao día independentemente da zona de pesca (marítima ou fluvial).

6. Zonas de pesca e vedado.

a) As zonas de pesca autorizadas reflíctense no plano que se xunta a este plan, como anexo C.

(1) Zona A (ou alta): tramo do río Ulla comprendido entre a ponte de Catoira, como límite superior e a liña recta imaxinaria que une Punta Palleiro con Punta Grandoiro, como límite inferior.

(2) Zona B (ou media): tramo do río Ulla comprendido entre a liña recta imaxinaria que une Punta Palleiro con Punta Grandoiro, como límite superior e, como límite inferior, a liña imaxinaria que une Praia Longa con Punta Seveira.

(3) Zona C (ou baixa): tramo do río Ulla comprendido entre a liña imaxinaria que une Praia Longa con Punta Seveira, como límite superior e, como límite inferior, a liña imaxinaria que une Punta Seveira con Punta Rebordexo e a súa continuación, bordeando a illa de Cortegada, ata o faro do dique de Carril, excluída a illa de Cortegada, como límite inferior.

b) Vedado: a zona denominada O Cebal, permanecerá vedada desde o 14 de xullo ata o 14 de setembro, ambos os dous incluídos, para todo tipo de capturas con nasa-voitirón. Os límites xeográficos desta zona con veda temporal reflíctense no plano de zonificación que se xunta a este plan, como Anexo C e son os seguintes:

a) Liña imaxinaria que une o lugar de Bamio (San Xinés ou Rampla do cemiterio) con Punta Corveiro na illa de Cortegada.

b) Liña de costa da illa de Cortegada que une Punta Corveiro con Punta do Vao.

c) Liña imaxinaria que une Punta do Vao coa zona superior dos viveiros de Carril.

7. Especie e talla mínima.

a) Só se autoriza a captura de anguía na fase do seu ciclo vital denominada «anguía amarela» e que alcance a dimensión mínima establecida de 20 cm.

b) Evitarase a captura de anguías na fase denominada «anguía prateada» e todas as que se capturen deberán ser devoltas inmediatamente á auga.

c) Devolverase ao río calquera outra especie que entre nas nasas.

As nasas deberán baleirarse o mais rápido posible para evitar a morte das capturas accidentais.

8. Cotas de captura por tempada.

Mantense a cota total autorizada na derradeira tempada, fixada nun máximo de 5.176 quilos para o total das embarcacións.

9. Rexistro das capturas e remisión de datos.

a) Con periodicidade mensual as confrarías deberán remitir ao Servizo de Patrimonio Natural de Pontevedra e a través do Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia, os datos de extracción por especie e por día traballado utilizando como modelo o que figura no anexo B desta resolución e acompañado dos xustificantes de venda en lonxa.

b) Deberá indicarse no anexo B a procedencia das anguías capturadas, desagregando as capturas realizadas na zona marítima (M) dentro do Plan de pesca de anguía da Consellería do Mar, das capturas obtidas na zona fluvial (F), reguladas polo Plan de aproveitamento específico da anguía na desembocadura do río Ulla, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural.

A non inclusión de datos dalgunha das embarcacións no período estipulado, terá como consecuencia a súa baixa do plan.

10. Mostraxes.

Durante o período de vixencia do plan, o persoal das consellerías competentes en materia de pesca marítima e/ou fluvial, poderá realizar, en calquera das embarcacións autorizadas, mostraxes para o control, seguimento e avaliación do plan. Os armadores deben colaborar de xeito que se permita acadar os obxectivos propostos. A falta de colaboración neste eido ocasionará a baixa definitiva no plan.

11. Extracción e comercialización das capturas e o seu control.

a) A comercialización farase exclusivamente na lonxa, tendo a obriga de entregar nela a totalidade das súas capturas.

b) Mensualmente os participantes do plan teñen a obrigación de remitir ao Servizo de Patrimonio Natural de Pontevedra, os xustificantes de venda en lonxa acompañando aos datos de capturas sinalados no apartado 9 deste plan.

Esta resolución queda condicionada ao estrito cumprimento da normativa vixente en materia de extracción e comercialización de produtos da pesca fresca, en particular o regulado na Orde do 31 de marzo de 2014 pola que se regula a comercialización en orixe de especies eurihalinas de interese comercial (DOG núm. 69, do 9 de abril).

12. Documentación acreditativa.

Antes de iniciar a actividade pesqueira, dentro do período autorizado no plan, cada unha das confrarías deberá entregar a documentación orixinal (ou copia cotexada) correspondente a cada unha das embarcacións autorizadas.

13. Infraccións e sancións.

O incumprimento das condicións establecidas neste plan, poderá ser sancionado segundo o establecido na Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial.

14. Renovación do plan.

Dentro dos tres meses anteriores á finalización do plan de aproveitamento, poderase solicitar a súa renovación polo período dun ano.

Xunto á solicitude de renovación do plan presentarán a listaxe das embarcacións e os tripulantes por embarcación. O máximo de tripulantes por embarcación será de tres (3).

A renovación procederá sempre que non se aumente o esforzo pesqueiro, que non se modifiquen as zonas de pesca e que os informes técnicos que solicite o Servizo de Patrimonio Natural non aconsellen as modificación do plan vixente.

O expediente de renovación requirirá do informe da Consellería do Mar para as zonas de desembocadura, e de ser o caso, dos informes dos departamentos da Xunta con competencias en materia de espazos naturais protexidos.

O incumprimento dalgunha das condicións establecidas na Resolución de autorización ou a falta de actividade non xustificada, dará lugar á perda da autorización da embarcación, así como a imposibilidade de participar na seguinte renovación do plan.

ANEXO A

Relación de embarcacións e tripulantes autorizados
no Plan de aproveitamento da anguía no río Ulla para o ano 2021

– Confraría de Pescadores Santiago Apóstol de Carril.

Núm.

Embarcación

Matrícula

Participantes no plan

1

Ángeles

VILL-3ª-10.128

José Manuel Pesado Romay

Juan Gabino Campos Taibo

Tatiana Pesado Batalla

2

Auxiliar Pesado

VILL-3ª-8.707

Roberto Barreiro Pesado

Gerardo Barreiro Pesado

3

Camba

VILL-3ª-9.952

Elena Lago Pérez

Ricargo Jueguen Martínez

Hugo Soto Bemposta

4

Eu

VILL-3ª-10.223

Ramón Barreiro Blanco

Juan Francisco García Cameán

5

Gima

VILL-3ª-4.092

José Barreiro Blanco

Carmelo Campos Taibo

Mª Luz Rodríguez Potel

6

María del Carmen

VILL-3ª-2.652

Antonio Pesado Romay

Marcos Pesado Portas

Iván Pesado Portas

7

Porto

VILL-3ª-10.131

Rafael Ozores Grande

Begoña Barreiro Ferreirós

8

Tami Uno

VILL-3ª-3-2-08

José Ángel Pesado Taibo

Alejandro Pesado Taibo

9

Vicenta

VILL-3ª-10.156

Miguel Barreiro Blanco

Miguel Ángel Campos Taibo

10

Xurxo

VILL-3ª-8-91

José Manuel Diz Álvarez

María Begoña Gerpe Jamardo

Total: 10 embarcacións-24 tripulantes.

– Confraría de Pescadores Virxe do Carmen de Rianxo.

Núm.

Embarcación

Matrícula

Participantes no plan

1

O Quinso

VILL-3-21-8

Serafín Rubio Collazo

José Ángel Somoza Eiras

2

Curota

VILL-3-4-02

Manuel Vidal Galbán

Eloy Vidal Galbán

María Vanesa Pérez Abuín

3

Espada

VILL-3-9473

Jorge Rubio Collazo

Javier Collazo Moares

4

Paraná

VILL-3-12-96

José Luis Silva Conde

Obdulia Conde Rañó

5

Peruco

VILL-3-9-98

Xacobo Vicente Patiño

Juan Vicente Patiño

Total: 5 embarcacións-11 tripulantes.

Nota: todos os tripulantes deberán estar enrolados na embarcación correspondente, para poder ir a pescar.

ANEXO B

Plan de aproveitamento da anguía na desembocadura do río Ulla (ano 2021)

Declaración diaria de capturas por embarcación

Nome da embarcación.............................................................. Mes...........................

Nº CFPO..................................................

Matrícula e folio.......................................

Día

Número tripulantes

Número de nasas empregadas

Zona de extracción (1)

Kg.

(1) Indicarase a procedencia das capturas:

– M, para as capturadas na zona marítima.

– F, para as capturadas na zona fluvial.

O armador da embarcación

Sinatura:

missing image file