Mediante a Resolución conxunta do Igape e a Amtega do 18 de maio de 2020 (DOG núm. 106, do 2 de xuño) publicáronse as bases reguladoras das axudas aos servizos de desenvolvemento estratéxico, profesionalización, innovación e adopción de solucións de dixitalización para a súa realización en empresas galegas (programa Re-acciona), cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e procedeuse á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.
Estas bases establecen no seu artigo 7.5 que a resolución conxunta relativa a cada período de admisión de solicitudes será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Igape, no enderezo www.tramita.igape.es, ao cal se remitirá desde o texto publicado no Diario Oficial de Galicia, de acordo co artigo 45 da Lei 39/2015.
Na súa virtude, e de conformidade coas facultades que teño conferidas,
RESOLVO:
Primeiro. Anunciar a publicación do texto completo da resolución de concesión do 4.1.2021, da Dirección Xeral da Amtega, e da resolución de concesión do 21.12.2020, da Dirección Xeral do Igape, correspondentes á convocatoria 2020.3 das axudas aos servizos de desenvolvemento estratéxico, profesionalización, innovación e adopción de solucións de dixitalización para a súa realización en empresas galegas (programa Re-acciona), cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, no enderezo www.tramita.igape.es (epígrafe de consulta de resolucións definitivas http://www.igape.es/gl/oficina-virtual/resolucions-definitivas).
Segundo. As resolucións do 4.1.2021 e do 21.12.2020 esgotan a vía administrativa e contra elas poderá interporse recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Non obstante, previamente poderán interpor un recurso de reposición ante a persoa titular da Dirección Xeral do Igape ou da Dirección Xeral da Amtega, segundo o caso, dentro do prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2021
Fernando Guldrís Iglesias |
Mar Pereira Álvarez |