Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 28 de xaneiro de 2021 Páx. 5116

III. Outras disposicións

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 2021, da Secretaría Xeral Técnica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2020.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro) impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación nos meses de setembro a decembro do ano 2020, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2021

Pablo Casal Espido
Secretario xeral técnico da Vicepresidencia Segunda e
Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación nos meses de setembro, outubro,
novembro e decembro do ano 2020

Convenio

Data de sinatura

Importe total

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación e a Cámara Oficial Mineira de Galicia para a realización de estudos e outras actuacións específicas de fomento da sustentabilidade na minaría.

14.10.2020

40.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia e a Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela para a realización de varias actuacións para o impulso e apoio ao comercio e a artesanía no marco do Xacobeo 2021.

6.11.2020

120.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación e a Universidade da Coruña para o fomento da investigación e a realización de probas de control e calidade dos hidrocarburos en Galicia (anos 2021 e 2022).

30.12.2020

703.591,92 €