Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 28 de xaneiro de 2021 Páx. 5112

I. Disposicións xerais

Consellería de Facenda e Administración Pública

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 21 de xaneiro de 2021 pola que se aproban os diferentes modelos de autoliquidación do imposto sobre sucesións e doazóns na Comunidade Autónoma de Galicia e se regulan o procedemento e as condicións para o seu pagamento e presentación, así como determinadas obrigacións formais e de subministración de información tributaria.

Advertidos erros na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 14, do 22 de xaneiro de 2021, é necesario efectuar as seguintes correccións:

Na páxina 3815, no artigo 3, onde di: « ...modelos D650, 650 e 651 e 660 ...», debe dicir: « ...modelos D650, 650, 651 e 660 ...».

Na páxina 3820, na letra c) debe suprimirse « ... aínda que non alcance o grao de discapacidade requirido para aplicar o tipo bonificado...».

Na páxina 2824, no artigo 11, onde di: « ...en que se observará disposto no artigo 16.2.b).», debe dicir: « ...en que se observará o disposto no artigo 16.2.b)».

Na páxina 3826, no primeiro parágrafo, onde di: «...anexo VII...> debe dicir: « ... anexo VI...».

Na páxina 3826, no último parágrafo, onde di: « ...anexo VII...» debe dicir: « ... anexo VI ...».

Na páxina 3827, no punto 2º. Onde di: « ...O propio enviará este documento no prazo de dez días naturais, ...», debe dicir: «...O propio notario enviará este documento no prazo de dez días naturais, ...».

Na páxina 3827, no terceiro parágrafo, onde di: « ...anexo VII...», debe dicir: « ... anexo VI ...».

Na páxina 3830, no terceiro parágrafo, onde di: « ...anexos VIII e IX...», debe dicir: « ... anexos VII e IX ...».

Na páxina 3832, no artigo 21, onde di: « ...entra a consellería competente ...» debe dicir: « ...entre a consellería competente ...».

Na páxina 3834, no primeiro paragrafo, onde di: « ...así o aconsellen, logo de solicitude de interesado ...», debe dicir: « ... así o aconsellen, logo da solicitude do interesado ...».