Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 28 de xaneiro de 2021 Páx. 5276

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (PO 633/2018).

Eu, Rafael González Alio, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Concepción Corral Carreira contra Multiservicios Norlim, S.L., en reclamación por ordinario, rexistrado co número de procedemento ordinario 633/2018 acordouse, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar a Multiservicios Norlim, S.L. , en ignorado paradoiro, a fin de que compareza o día 3.2.2021 ás 10.40 horas, en edificios xulgados, para a celebración dos actos de conciliación e, no seu caso, xuízo, podendo comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e que deberá acudir con todos os medios de proba de que tente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que devanditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Así mesmo, acordouse citarlle para a súa asistencia ao acto do xuízo, co fin de practicar, de ser o caso, a proba de interrogatorio de parte solicitada polo demandante, con apercibimento que, de non comparecer e ser admitida a proba proposta, poderanse ter por certos os feitos da demanda en que tiver intervido persoalmente e resultaran en todo ou en parte prexudiciais.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de citación a Multiservicios Norlim, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 30 de decembro de 2020

O letrado da Administración de xustiza