Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 28 de xaneiro de 2021 Páx. 5277

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (SSS 518/2019).

Eu, Belén Pereira Álvarez, letrada da Administración de Xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento sobre seguridade social 518/2019 deste xulgado do social, seguidos por instancia de José Moraña Argibay contra a empresa Ibermutua Galega, Picos de la Muralla, S.L., INSS, TGSS, sobre seguridade social, ditouse no día da data sentenza impugnable en suplicación no prazo de cinco días, a que se atopa á súa disposición na sede do xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Picos de la Muralla, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 30 de decembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza