Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 28 de xaneiro de 2021 Páx. 5209

III. Outras disposicións

Consello da Cultura Galega

RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 2021 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2020.

Para os efectos previstos no artigo 1 da Lei 16/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, acórdase darlles publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Consello da Cultura Galega no terceiro cuadrimestre do ano 2020, os cales se relacionan no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2021

Rosario Álvarez Blanco
Presidenta

ANEXO

Convenio

Achega do Consello da Cultura Galega

Data sinatura

Protocolo de colaboración entre o Consello da Cultura Galega e o Centro de Estudios dela Emigración Castellana y Leonesa.

Sen dotación económica

1.10.2020

Protocolo de colaboración entre o Consello da Cultura Galega e a Valedora do Pobo para o desenvolvemento conxunto de actividades de promoción dos dereitos e dos valores culturais do pobo galego.

Sen dotación económica

2.10.2020

Convenio de colaboración entre a Universidade da Coruña e o Consello da Cultura Galega para a realización de prácticas académicas externas curriculares e extracurriculares do alumnado da Universidade da Coruña.

Sen dotación económica

11.10.2020