Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 28 de xaneiro de 2021 Páx. 5210

III. Outras disposicións

Fondo Galego de Garantía Agraria

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 2021 pola que se notifican as resolucións das solicitudes de axudas financiadas polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga) relativas aos pagamentos directos á agricultura e gandaría reguladas na Orde do 22 de xaneiro de 2019.

A Orde do 22 de xaneiro de 2019 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control (DOG núm. 22, do 31 de xaneiro) prevé no seu artigo 28 que a notificación das resolucións poderá realizarse mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia, cun enlace á páxina web do Fogga.

De acordo co anterior, esta Dirección

RESOLVE:

Primeiro. Dar publicidade na web do Fogga ás listaxes das resolucións das solicitudes das liñas de axudas reguladas no artigo 2.1, parágrafos a), b), c), d) e e) da Orde do 22 de xaneiro de 2019 citada.

Na web publicaranse as listaxes de concesión e de denegación das diversas liñas de axudas, con indicación da convocatoria, a persoa beneficiaria, a cantidade, de ser o caso, concedida e a finalidade da subvención outorgada, así como, se fose o caso, as causas da desestimación.

As persoas interesadas poden acceder á dita web no seguinte enlace para cada campaña:

https://Fogga.xunta.gal/gl/pac/consultas_pac/beneficiario_de_axudas_pac.

Estas axudas son financiadas integramente polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga).

Segundo. Poñer á disposición das persoas interesadas as resolucións completas das solicitudes indicadas no apartado primeiro mediante a aplicación para teléfonos móbiles «Sga@pp» dispoñible en Google Play ou en App Store, e no «Portal de axudas PAC» a través do seguinte enlace:

https://Fogga.xunta.gal/gl/pac/consultas_pac/portal_de_axudas_pac.

Neste portal, cada persoa interesada poderá acceder ao contido da súa resolución individualizada mediante certificado dixital ou DNI-e (DNI electrónico) ou emprego da Chave365. A información sobre a forma de alta da Chave365 atópase no enlace que se indica a seguir:

https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365.

Asemade, poñerase a disposición das persoas interesadas as resolucións pendentes das solicitudes das liñas de axudas correspondentes ás campañas 2015, 2016, 2017 e 2018 unha vez levada a cabo a actualización de dereitos e resolución de reclamacións, establecendo as cantidades finais ás que tiñan dereito as persoas solicitantes, así como as resolucións de compensacións feitas nos pagamentos durante o exercicio orzamentario 2020.

Exclúense da listaxe indicada no punto primeiro desta notificación, as resolucións das liñas de axuda que teñan pendentes cuestións técnicas que dilucidar.

Terceiro. Contra as citadas resolucións, que non poñen fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante o presidente do Fogga no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao desta publicación, consonte co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. O prazo de interposición concluirá o mesmo día desta publicación no mes de vencemento, de conformidade no artigo 30.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2021

Silvestre José Balseiros Guinarte
Director do Fondo Galego de Garantía Agraria