Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 28 de xaneiro de 2021 Páx. 5212

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2020 pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a contratación de xestores de internacionalización, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para os anos 2021 e 2022 en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG638A).

O Consello de Dirección do Igape, na súa xuntanza do 27 de outubro de 2020, acordou por unanimidade dos membros asistentes aprobar as bases reguladoras das axudas para a contratación de xestores de internacionalización e facultou o director xeral para a súa convocatoria para os exercicios 2021 e 2022, a aprobación dos créditos e a publicación no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude, e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro. Publicar as bases reguladoras das axudas á contratación de xestores de internacionalización e convocar para os anos 2021 e 2022 as ditas axudas en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG638A).

A presente convocatoria está cofinanciada nun 80 % polo programa operativo FSE Galicia 2014- 2020. En particular:

Obxectivo temático 08: promover a substentabilidade e a calidade no emprego e favorecer a mobilidade laboral.

Prioridade de investimento 08.01: o acceso ao emprego dos demandantes de emprego e as personas inactivas, incluídos os desempregados de longa duración e as persoas alonxadas do mercado laboral, tamén a través de iniciativas locais de emprego e apoio á mobilidade laboral.

Obxectivo específico 08.01.05: mellorar a empregabilidade das persoas desempregadas ou inactivas, especialmente daquelas con maiores dificultades de acceso ao mercado laboral, por medio da adquisición de experiencia profesional, incluídas as iniciativas locais de emprego.

Liña de actuación 103: adquisición de competencias profesionais.

Campo de intervención 102: acceso ao emprego dos solicitantes de emprego e persoas inactivas, incluídos desempregados de longa duración e persoas afastadas do mercado laboral, incluídas as iniciativas locais de emprego e o apoio á mobilidade laboral.

Así mesmo, de acordo co previsto no artigo 106 da Lei 18/2014, do 15 de outubro, de aprobación de medidas urxentes para o crecemento, a competitividade e a eficiencia, esta orde recolle medidas de apoio ao colectivo de mozos que estean inscritos na lista única de demanda do Sistema nacional de garantía xuvenil.

Segundo. Esta convocatoria tramítase de conformidade co disposto no artigo 25 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante, Decreto 11/2009), no cal se establece a tramitación anticipada de expedientes de gasto, condicionando a concesión destas axudas á existencia de crédito adecuado e suficiente no momento da resolución de concesión.

Terceiro. O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o día seguinte á publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 30 de maio de 2021, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.

Cuarto. O crédito dispoñible para concesión nesta convocatoria aboarase con cargo á seguinte aplicación orzamentaria e polos seguintes importes e distribución plurianual:

Empresas

Código de proxecto

Partida orzamentaria

Ano 2021

Ano 2022

Total

Convocatoria 2021

2016 00018

06.A1.741A.4705

800.000

700.000

1.500.000

Organismos empresariais

Código de proxecto

Partida orzamentaria

Ano 2021

Ano 2022

Total

Convocatoria 2021

2016 00018

06.A1.741A.4814

275.000

225.000

500.000

O director xeral do Igape poderá ampliar o crédito e/ou modificar entre partidas o crédito, logo de declaración de dispoñibilidade dos créditos e previo informe favorable da modificación orzamentaria por parte do organismo intermedio do programa operativo FSE Galicia 2014-2020 (actualmente, a Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos), nos supostos e termos referidos no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, mediante resolución publicada para o efecto no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. Prazos de duración do procedemento, de execución do proxecto e para solicitar o cobramento

O prazo máximo para resolver e notificar a resolución será de 4 meses desde a data de presentación da solicitude de axuda e, transcorrido este, poderase entender desestimada por silencio administrativo a solicitude de concesión de axuda.

O prazo de execución iniciarase ao día seguinte da publicación desta convocatoria no DOG e rematará na data establecida na resolución de concesión, sen que nunca poida exceder o 15 de novembro de 2021, para as solicitudes con accións que se van realizar ata esta data, e do 30 de novembro de 2022, para solicitudes con accións que se vai realizar ata esta data. Estas dúas datas, en cada caso, son as datas últimas admisibles de facturación e pagamento. Dentro deste prazo de execución deberase presentar a solicitude de cobramento. Os gastos subvencionables dos proxectos realizados entre o 16 de novembro de 2021 e o 31 de decembro do 2021 serán imputados á anualidade 2022.

O período de contratación subvencionable deberá iniciarse entre a data de solicitude da axuda e ata un máximo de 45 días hábiles a partir da notificación da resolución de concesión e, en todo caso, debe estar comprendido dentro do prazo de execución.

O contrato de traballo do xestor deberá ter unha duración mínima ata a data de remate do proxecto de comercio exterior, estimada polo solicitante e que este fará constar no formulario de solicitude da axuda. En todo caso, a duración do contrato non será en ningún caso inferior a 6 meses.

O prazo para solicitar anticipos terá como data límite o 31 de marzo de 2021, para os proxectos comezados en 2020, no mes xuño de 2021, poderán solicitar o anticipo correspondente os beneficiarios con prazo máximo de execución ata o 15 de novembro de 2021 e no mes de xaneiro de 2022 os beneficiarios que teñan o seu proxecto con data máxima de execución o 30 de novembro de 2022.

Sexto. De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia. A cesión de datos de carácter persoal que debe efectuarse á Intervención Xeral da Administración do Estado para os efectos de publicar as subvencións concedidas na Base de datos nacional de subvencións, non requirirá o consentimento do beneficiario.

Sétimo. Os requisitos das letras c), e), f), h), i), k), l), m) e n) do artigo 20.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, indícanse nas bases anexas a esta resolución.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2020

Fernando Guldrís Iglesias
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

Bases reguladoras das axudas para a contratación de xestores de internacionalización cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, para os anos 2021 e 2022

O Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), en liña coas funcións que ten encomendadas como instrumento básico de actuación da Xunta de Galicia para impulsar o desenvolvemento competitivo do sistema produtivo galego, está levando a cabo unha serie de accións no ámbito exterior desde o apoio á formación de capital humano especialista no eido internacional, o apoio ás empresas galegas no seu proceso de expansión exterior e a captación de investimentos estranxeiros cara a Galicia.

Na actual situación de forte índice de desemprego, é necesario aproveitar as oportunidades que xorden das accións de promoción económica para, ao mesmo tempo, impactar sobre o emprego. Por outro lado, as pemes galegas necesitan incorporar profesionais cualificados.

Por este motivo, cómpre crear programas orientados a apoiar a peme que adoece de infraestrutura necesaria para acometer un proceso de internacionalización, pero que conta con potencial e produto ou servizo exportables. Para iso, débese crear e fomentar a figura do xestor a tempo completo.

O programa de adquisición de competencias profesionais en que se encadran estas axudas achega coñecemento ás empresas e organismos empresariais nos que se integran os profesionais e mellora a empregabilidade destes.

Un dos eixos da estratexia do Igape no ámbito da internacionalización da empresa galega 2020 é o de promover unha cultura de internacionalización. E son obxectivos deste eixo: a formación de capital humano en internacionalización proporcionarlle ao tecido empresarial recursos altamente especializados –con coñecemento dos mercados exteriores e de aspectos clave do comercio exterior– e impulsar a súa contratación como apoio aos directivos e mandos intermedios de empresas e organismos empresariais en proceso de expansión internacional.

Obxectivo específico 08.01.05 do programa operativo FSE Galicia 2014-2020 é o de mellorar a empregabilidade das persoas desempregadas ou inactivas, especialmente daquelas con maiores dificultades de acceso ao mercado laboral, por medio da adquisición de experiencia profesional, incluídas as iniciativas locais de emprego.

O Igape vén desenvolvendo diversos programas de formación de especialistas no comercio internacional. Ademais, co fin de facilitarlle ao empresariado galego información sobre persoal con formación orientada á internacionalización empresarial, o Igape dispón dunha bolsa de xestores de internacionalización –publicada na súa web–, aberta a este tipo de especialistas.

O obxectivo destas bases é facilitar a incorporación ou reinserción ao mercado laboral de profesionais titulados con formación e/ou experiencia en comercio exterior, ao mesmo tempo que se apoian as pemes galegas no seu proceso de internacionalización.

Estas bases compleméntanse, ademais, con outros programas coa mesma finalidade financiados con fondos propios do Igape: formación teórica de xestores de internacionalización (para efectos de ampliar a oferta de profesionais formados nesta materia) e formación práctica a través de bolsas de promoción exterior en organismos de Galicia e do estranxeiro.

A convocatoria desta liña de axudas será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia mediante resolución da Dirección Xeral do Igape. A convocatoria incluirá o procedemento de tramitación, o prazo de presentación de solicitudes e os créditos asignados.

Estas bases outorgaranse en réxime de concorrencia non competitiva ao abeiro do disposto no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Na súa consecuencia, serán subvencionables todos os proxectos que cumpran os requisitos establecidos nestas bases reguladoras, sen necesidade de establecer comparacións entre os proxectos nin unha orde de prelación entre eles, tendo en conta, ademais, a oportunidade de que a tramitación dos expedientes sexa rápida e con prazos de solicitude abertos, pola dificultade de planificar as accións subvencionadas e a urxencia de implementación destas, a medida que xurda a necesidade.

Artigo 1. Obxecto

Estas axudas teñen como obxectivo facilitar a adquisición de competencias profesionais en materia de internacionalización e a incorporación ou reinserción ao mercado laboral de profesionais no ámbito do comercio exterior –priorizando os mozos sen ou con pouca experiencia e os senior experimentados maiores de 45 anos en situación de desemprego–, ao mesmo tempo que se apoian as pemes galegas no seu proceso de internacionalización, poñendo á disposición das pemes e dos organismos empresariais información sobre profesionais con formación especializada e unha subvención a fondo perdido para a súa contratación.

Artigo 2. Procedemento e réxime de aplicación

1. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva.

2. Non se poderán outorgar subvencións por contía superior á que se determine na presente convocatoria, salvo que se realice unha nova convocatoria ou se produza un incremento de créditos derivados dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito; ou da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo, ao abeiro do disposto no artigo 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, previo informe favorable da modificación orzamentaria por parte do Organismo Intermedio do programa operativo FSE Galicia 2014-2020 (actualmente, a Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos).

3. As axudas recollidas nesta base incardínanse no réxime de axudas de minimis establecido no Regulamento (UE) nº 1407/2013, da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE L 352/1, do 24 de decembro); no Regulamento (CE) nº 717/2014, da Comisión, do 27 de xuño, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da UE ás axudas de minimis no sector da pesca e da acuicultura (DOUE L 190, do 28 de xuño) e no Regulamento 1408/2013, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector agrícola (DOUE L 352, do 24 de decembro), modificado polo Regulamento (UE) nº 2019/316 da Comisión do 21 de febreiro de 2019 (DOUE L 51, do 22 de febreiro de 2019).

4. As subvencións previstas nestas bases estarán cofinanciadas nun 80 % polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020 dentro do obxectivo temático 8: «Promover a sustentabilidade e a calidade no emprego e favorecer a mobilidade laboral», prioridade de investimento 8.1: «O acceso ao emprego dos demandantes de emprego e as personas inactivas, incluídos os desempregados de longa duración e as persoas alonxadas do mercado laboral, tamén a través de iniciativas locais de emprego e apoio á mobilidade laboral», obxectivo específico 8.1.5: «Mellorar a empregabilidade das persoas desempregadas ou inactivas, especialmente de aquelas con maiores dificultades de acceso ao mercado laboral, por medio da adquisición de experiencia profesional, incluídas as iniciativas locais de emprego», liña de actuación 103: «Adquisición de competencias profesionais» e campo de intervención 102: «Acceso ao emprego dos solicitantes de emprego e persoas inactivas, incluídos desempregados de longa duración e persoas afastadas do mercado laboral, incluídas as iniciativas locais de emprego e o apoio á mobilidade laboral».

Artigo 3. Concorrencia con outras axudas ou subvencións públicas

1. Estas axudas son compatibles con outras axudas ou subvencións públicas sempre que a contía das axudas acumuladas non supere o 100 % do gasto subvencionable. Non obstante, estas axudas están suxeitas ao réxime de incompatibilidades establecido no artigo 65.11 do Regulamento (UE) 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013 (DOUE L 347, do 20 de decembro), modificado polo Regulamento (UE, Euratom) nº 2018/1046, de xeito que unha operación poderá recibir axuda dun ou varios fondos EIE ou dun ou varios programas e doutros instrumentos da Unión, a condición de que o gasto declarado nunha solicitude de pagamento correspondente a un dos fondos EIE non se declare para solicitar axuda doutro fondo ou instrumento da Unión, ou axuda do mesmo fondo no marco dun programa operativo distinto. O importe do gasto que deberá consignarse nunha solicitude de pagamento dun fondo EIE pode ser calculado para cada fondo EIE e para o programa ou programas de que se trate a prorrata, conforme o documento no que se establezan as condicións da axuda.

2. Ao estar este réxime de axudas suxeito ao réxime de minimis, deberase garantir que de recibir o beneficiario outras axudas baixo o réxime de minimis non se supera o límite de 200.000 euros nun período de tres exercicios fiscais. Para as empresas do sector transporte de mercadorías por estrada, este límite redúcese a 100.000 euros. Para as empresas do sector da pesca as axudas de minimis totais que se concedan a unha mesma empresa non poderán superar 30.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais. Para as empresas do sector agrícola, o límite de minimis redúcese a 20.000 euros durante calquera período de tres exercicios.

3. A obtención doutras axudas ou subvencións deberá comunicarse ao Instituto Galego de Promoción Económica tan axiña como se coñeza e, en todo caso, no momento en que se presente documentación xustificativa das accións realizadas. En todo caso, antes de conceder a axuda, solicitarase do solicitante unha declaración escrita ou en soporte electrónico, sobre calquera axuda de minimis recibida durante os dous exercicios fiscais anteriores e durante o exercicio fiscal en curso. O incumprimento do disposto neste artigo considerarase unha alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda e poderá dar lugar a un procedemento de reintegro.

Artigo 4. Beneficiarios

Poderán ser beneficiarios destas axudas as empresas e organismos empresariais que cumpran os seguintes requisitos:

4.1. Empresas, que teñan o seu domicilio social na Comunidade Autónoma de Galicia, que cumpran a definición de peme segundo o anexo I do Regulamento nº 651/2014, da Comisión, incluídas as pemes con obxecto social destinado á prestación de servizos técnicos, comerciais ou loxísticos, e que teñan como proxecto iniciar ou consolidar o seu proceso de internacionalización.

4.2. Asociacións empresariais, consellos reguladores de denominacións de orixe protexidas, de indicacións xeográficas protexidas e de agricultura ecolóxica, clústers empresariais (con personalidade xurídica propia, sen ánimo de lucro), que representen un colectivo de empresas galegas, e os centros tecnolóxicos e centros de apoio á innovación tecnolóxica e que estean inscritos con anterioridade ao 31.12.2016 no rexistro establecido para o efecto polo Ministerio de Ciencia e Innovación (Real decreto 2093/2008, do 19 de decembro, polo que se regulan os centros tecnolóxicos e os centros de apoio á innovación tecnolóxica de ámbito estatal e se crea o rexistro de tales centros, BOE núm. 20, do 23 de xaneiro de 2009). Todos deber ter o seu domicilio social na Comunidade Autónoma de Galicia.

Enténdese por clúster empresarial para os efectos destas bases as agrupacións empresariais innovadoras que colaboren e desenvolvan plans de internacionalización en cooperación no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e que teñan creada unha entidade con personalidade xurídica propia e sen ánimo de lucro, que xestione a agrupación cluster.

As empresas terán que dispor do Informe de Alta en programas avanzados do Igape de apoio á internacionalización realizado a través de Programas de Igape a partir de 2013. De non dispor do citado Informe de Alta, debe solicitalo a través da oficina virtual do Igape (procedemento IG192) dentro do prazo de presentación de solicitudes.

4.3. Os solicitantes terán o seu centro de traballo radicado na Comunidade Autónoma de Galicia.

4.4. Os solicitantes acreditarán ter un proxecto de internacionalización para o que se require contratar profesionais en comercio exterior.

4.5. Os solicitantes deberán estar ao día das súas obrigas coa Facenda pública, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social, e non ser consideradas empresas en crise a 31 de decembro de 2019. Para os efectos de empresa en crise, convén ter en conta a definición de empresa en crise que para as pemes aparece no número 18 do artigo 2 do Regulamento nº 651/2014, da Comisión. Tamén deberán cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, para ser beneficiario da axuda, e cumprir as obrigas do artigo 11 da citada Lei de subvencións.

Artigo 5. Modalidades de contratación, custo subvencionable, contía e límites de axuda

1. Será subvencionable o custo dos contratos laborais por conta allea a tempo completo de xestores de internacionalización, baixo calquera das modalidades previstas na lexislación laboral vixente no momento da contratación, acordes á finalidade de axuda, excepto contratos de alta dirección.

Os solicitantes que o desexen, teñen ao seu dispor a base de datos do Igape de xestores de internacionalización. Desta bolsa de traballo forman parte profesionais co perfil e formación orientados á internacionalización empresarial. Esta bolsa de xestores de internacionalización está aberta, indefinidamente, ás novas incorporacións de persoal que reúna os requisitos exixidos. O Igape non se fai responsable da veracidade da información subministrada polos integrantes desta bolsa e o beneficiario ten a obriga de comprobala. En todo caso, se o beneficiario da axuda, contratase un xestor que non pertenza á citada base de datos do Igape, o xestor deberase dar de alta na mesma antes de presentar a solicitude de cobramento da subvención, e no caso de non acreditarse o dito feito seralle requirido.

2. A solicitude de axuda virá referida ao desenvolvemento dun proxecto de comercio exterior que o solicitante deberá describir en detalle no formulario de solicitude da axuda.

Se o solicitante ten previsto desenvolver máis dun proxecto, pode solicitar ata un máximo de dous xestores. Nese caso, debe cubrir no cuestionario de solicitude a descrición en detalle de cada un dos proxectos. delimitando e diferenciando o proxecto que vai desenvolver cada xestor.

O Igape valorará en función do detalle descritivo, se se identifican dous proxectos diferenciados ou non.

3. Os contratos laborais subvencionables deben ser indefinidos ou temporais por un período mínimo de duración ata a data de remate do proxecto de comercio exterior estimado polo beneficiario –esta data de remate do proxecto deberase facer constar na solicitude da axuda–, ou polo tempo restante desde a contratación ata o remate do proxecto referido, no caso de contratos de xestores substitutos dos iniciais. En todo caso, o período mínimo do contrato será de 6 meses.

4. O período de contratación subvencionable será o establecido na resolución de concesión de axuda, sen que poida superar dezaoito meses.

5. O custo subvencionable estableceuse como un baremo estándar de custo unitario acorde co disposto no artigo 67.1.b) do Regulamento (UE) 1303/2013. Para determinar o seu importe tomouse como referencia o salario medio do sector do comercio para o ano 2019, que segundo os datos da AEAT que constan no IGE ascendería a 18.845 €/ano (1.570,42 €/mes con rateo de pagas extra).

missing image file

6. Acorde co disposto no artigo 5.1.c) da Orde ESS/1924/2016 pola que se determinan os gastos subvencionables polo Fondo Social Europeo durante o período de programación 2014-2020, para calcular o custo subvencionable terase en conta só o tempo efectivo dedicado ao proxecto de internacionalización. Non se subvencionará ningún día de baixa laboral do xestor nin días de permisos e doutras ausencias ao traballo distintos das vacacións e días de asuntos propios establecidos por contrato.

Artigo 6. Contía da axuda

1. A contía da axuda calcúlase aplicando as seguintes porcentaxes sobre o custo subvencionable indicado no punto 5 do artigo anterior:

a) 85 % no caso de mozos/as profesionais nacidos/as a partir do 1 de xaneiro de 1985.

b) 90 % no caso de mulleres ou mozos de calquera xénero inscritos no Sistema nacional de garantía xuvenil.

c) 80 % no caso de profesionais nacidos despois do 1 de xaneiro de 1975 e antes de 1 de xaneiro de 1985.

d) 90 % no caso de profesionais senior en paro de difícil reinserción laboral de idade igual ou superior a 45 anos (nados antes do 1 de xaneiro de 1975).

Artigo 7. Condicións da contratación

1. Relativas ao xestor de exportación:

a) Perfís de xestor de exportación

Establécense tres perfís de xestor por idade. Todos deberán cumprir as condicións xerais (artigo 7.1) e estar dados de alta na bolsa de xestores de internacionalización do Igape na data de solicitude de cobro. A intensidade da axuda irá acorde co dito perfil.

1.1. Mozos/as profesionais nacidos/as a partir do 1 de xaneiro de 1985.

1.2. Profesionais nacidos despois do 1 de xaneiro de 1975 e antes de 1 de xaneiro de 1985.

1.3. Profesionais sénior en paro de difícil reinserción laboral de idade igual ou superior a 45 anos (nados antes do 1 de xaneiro de 1975).

b) Os xestores deben contar con titulación universitaria ou coa titulación de formación profesional de técnico superior en comercio internacional ou con certificado de profesionalidade de comercio exterior ou comercio internacional.

c) No caso de que a titulación do xestor (7.1.a) non sexa específica de comercio internacional, deberán acreditar unha das opcións seguintes:

i. Bolsa de prácticas de posgrao en internacionalización empresarial por un período igual ou superior a 6 meses, en organismos públicos nacionais ou estranxeiros, dentro do ámbito da internacionalización empresarial

ii. Mestrado de comercio exterior

iii. Certificado de profesionalidade de comercio exterior ou comercio internacional

iv. Curso completo de comercio exterior de duración igual ou superior a 140 horas.

d) Deberán estar dados de alta como demandantes de emprego (ou demandantes de mellora de emprego) no Servizo Público de Emprego de Galicia na data da contratación.

2. Relativos ao contrato:

a) O obxecto do contrato é a realización de actividades relacionadas co proxecto de comercio exterior detallado polo beneficiario na súa solicitude de axuda, que se desenvolverá en Galicia ou no país destino obxecto do proxecto.

b) A modalidade do contrato poderá ser calquera das previstas na lexislación laboral vixente no momento de contratación, excepto contratos de alta dirección

3. Exclusións:

a) Exclúese das axudas establecidas neste programa a contratación dun xestor con vínculos de parentesco (cónxuxe, ascendentes, descendentes e demais parentes, por consanguinidade ou afinidade, ata o segundo grao inclusive) cos cargos de dirección ou membros dos órganos de administración do solicitante ou das súas empresas vinculadas.

b) Exclúense os contratos con persoas que tivesen algunha relación laboral co solicitante ou con outras empresas vinculadas nos 2 últimos anos antes da solicitude de axuda (ser bolseiro non se entende como relación laboral).

A non concorrencia destas exclusións demostrarase a través dunha declaración responsable do solicitante, que se cubrirá no formulario de solicitude.

Entenderase que existe vinculación entre empresas cando concorra algunha das circunstancias establecidas no artigo 43.2 do Decreto 11/2009.

Artigo 8. Forma e lugar de presentación das solicitudes

1. Dentro do prazo establecido na convocatoria para presentar a solicitude de axuda, os interesados deberán cubrir previamente un formulario electrónico descritivo das circunstancias do solicitante, do proxecto de internacionalización para o que se require contratar un especialista en comercio exterior, dos obxectivos xerais e do orzamento do proxecto, así como de declaracións relativas ao condicionado nestas bases, a través da aplicación establecida no enderezo da internet http://www.tramita.igape.es. Deberá cubrir necesariamente todos os campos establecidos como obrigatorios, tras o cal a aplicación emitirá un identificador de documento electrónico (IDE) que identificará univocamente a solicitude de axuda.

No formulario electrónico o solicitante deberá cubrir unha memoria xustificativa do proxecto de internacionalización que pretende afrontar coa contratación do xestor de internacionalización.

No devandito formulario realizaranse as seguintes declaracións:

a) Que a entidade solicitante asumirá a aplicación de medidas antifraude eficaces e proporcionadas no seu ámbito de xestión, así como a obriga de comunicar ao órgano xestor os casos de sospeita de fraude.

b) Que a entidade solicitante cumprirá a normativa comunitaria, estatal e autonómica de aplicación, en particular, a normativa en materia de subvencións, cando proceda.

c) Que, ao 31 de decembro de 2019, non pode ser considerada unha empresa en crise conforme o disposto no artigo 2.18 do Regulamento (UE) 651/2014, do 17 de xuño, da Comisión.

d) Que ten capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos do proxecto para o que se solicita a axuda.

e) Que a entidade solicitante cumpre cos criterios de definición de peme, segundo a definición establecida pola Comisión Europea no Regulamento (UE) nº 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño), polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado.

f) Que a entidade solicitante se obriga a manter un sistema de contabilidade separada ou un código contable axeitado en relación con todasas transaccións relacionadas cos gastos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados con fondos do programa operativo FSE Galicia 2014-2020.

g) Que conservará os libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos esixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso, así como a documentación xustificativa da realización e aboamento dos gastos subvencionables durante un período de tres anos a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas nas que estean incluídos os gastos da operación (artigo 140.1 do Regulamento 1303/2013).

h) Axudas de minimis solicitadas e recibidas nos 2 exercicios fiscais anteriores e no exercicio fiscal en curso.

2. A solicitude presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) que se obterá de xeito obrigatorio na aplicación informática http://www.tramita.igape.es, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Será obrigatoria a inclusión dos 40 caracteres alfanuméricos do IDE obtido no paso anterior. As solicitudes que carezan do IDE ou nas que este sexa erróneo (sexa porque ten un formato erróneo ou porque non foi xerado pola aplicación informática) non serán tramitadas e concederase aos solicitantes un prazo de 10 días hábiles para a súa emenda, transcorrido o cal se terán por desistidos da súa petición, logo de resolución de arquivamento.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.

Os solicitantes por esta vía electrónica deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Será necesario que o asinante da solicitude teña a representación legal da empresa ou entidade solicitante. Esta representación deberá ser individual ou solidaria, de xeito que coa súa sinatura abonde para acreditar a vontade do solicitante.

b) A oficina virtual do Igape acepta todos os certificados validados pola plataforma @firma da Administración xeral do Estado, que son os que figuran nesta relación: http://administracionelectronica.gob.es/PAe/aFirma-Anexo-PSC.

c) A presentación ante o Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia admite a sinatura da solicitude por parte dun único solicitante. No caso de que deba ser asinada por máis dun solicitante (por exemplo solicitudes con dous asinantes, representación mancomunada, etc.), deberá necesariamente anexar un documento en que se deixe constancia de que todos os asinantes autorizan un deles para presentar a solicitude. Este documento realizarase en papel con sinaturas manuscritas e deberá ser escaneado a formato PDF para ser anexado.

Unha vez asinado o formulario de solicitude co IDE, mediante certificación dixital do presentador, e transferidos estes ao Igape, procederase á anotación dunha entrada no Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia.

No momento da presentación o rexistro expedirá, empregando as características da aplicación telemática, un recibo no que quedará constancia do feito da presentación.

Os solicitantes poderán obter, en todo momento, un xustificante da recepción por parte do Igape dos termos da súa solicitude contidos no formulario. Deberano solicitar no enderezo de correo electrónico informa@igape.es, indicando os 40 caracteres do IDE e o enderezo de correo electrónico no que desexan recibir o xustificante.

Artigo 9. Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Escritura ou documento xuridicamente válido de constitución e estatutos da empresa ou organismo empresarial debidamente inscritos no rexistro competente e modificacións posteriores destes e acreditación da representación coa que se actúa, no caso de entidades non inscritas no Rexistro Mercantil.

b) No caso de entidades obrigadas a formular e aprobar contas anuais, debe achegar as contas anuais correspondentes ao último exercicio pechado para o que se cumpriu o prazo de aprobación legalmente establecido, ou de depósito, no caso de obriga de depósito no Rexistro Mercantil, xunto co informe de auditoría no caso de que a entidade estea obrigada a someter as súas contas a auditoría. Achegaranse, igualmente, as contas anuais de todas as entidades que deban ser tidas en conta para os efectos de determinar a consideración ou non de peme da entidade solicitante.

c) Documentación relativa ao emprego: informe de traballadores en alta (ITA) emitido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social á data de solicitude de axuda.

d) Informes da vida laboral necesarios para a comprobación do emprego.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electrónicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

Artigo 10. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI/ NIE da persoa solicitante.

b) DNI/NIE da persoa representante.

c) NIF da entidade solicitante.

d) NIF da entidade representante.

e) Certificado de estar ao día nas obrigas tributarias coa AEAT.

f) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

g) Certificado de estar ao día no pagamento coa Consellería de Facenda e Administración Pública.

h) Documentación depositada no Rexistro Mercantil segundo o artigo 9.1 destas bases.

i) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

j) Consulta de concesións pola regra de minimis.

k) Estar o xestor dado de alta como demandante de emprego (ou de mellora de emprego) ou, se é o caso, estar inscrito no Sistema nacional de garantía xuvenil a data concreta (antes da contratación obxecto destas bases).

l) DNI do xestor.

m) Titulación universitaria en comercio internacional do xestor.

n) Titulación de formación profesional de técnico superior en comercio internacional do xestor ou certificado de profesionalidade en comercio exterior ou comercio internacional.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio (anexo I) ou no formulario de datos de terceiras persoas interesadas (anexo IV) e achegar os documentos.

Cando así o esixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 11. Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo ao enderezo da internet http://www.tramita.igape.es.

Artigo 12. Órganos competentes

A Área de Internacionalización será o órgano competente para a instrución do procedemento de concesión da subvención e corresponderá, por delegación do Consello de Dirección do Igape, ao titular da Dirección Xeral do Instituto Galego de Promoción Económica a competencia para ditar a resolución que poña fin ao procedemento administrativo.

Artigo 13. Instrución dos procedementos

1. As solicitudes de axuda serán avaliadas polos servizos técnicos do Igape en función dos datos relativos ao solicitante e dos datos declarados na solicitude de axuda e no cuestionario.

2. De conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, se a solicitude non reúne algúns dos requisitos esixidos nestas bases reguladoras, requirirase o interesado para que, nun prazo de dez días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixese, se terá por desistido da súa petición, logo da correspondente resolución.

Instruído o procedemento e inmediatamente antes de ditar proposta de resolución, porase de manifesto aos interesados para que, no prazo de dez días, poidan alegar e presentar os documentos e xustificacións pertinentes. Non obstante, poderase prescindir deste trámite de audiencia cando non figuren no procedemento nin se teñan en conta na resolución outros feitos, alegacións ou probas que as aducidas polos interesados.

Artigo 14. Resolución

1. A Area de Internacionalización ditará proposta de resolución con base neste procedemento, e elevarao ao director xeral do Igape, quen resolverá a concesión das subvencións por delegación do Consello de Dirección do Igape.

2. A resolución de concesión da subvención comprenderá a identificación do beneficiario, contía da subvención e obrigas que correspondan ao beneficiario, os requisitos específicos relativos aos produtos ou servizos que deban obterse con ela, o plan financeiro e o prazo de execución, así como os demais requisitos previstos na normativa comunitaria para a selección de operación que debe conter o Documento polo que se Establecen as Condicións de Axuda (DECA).

Tamén incluirá a comunicación de que a aceptación da axuda implica a aceptación da inclusión das entidades beneficiarias na lista pública de operacións, prevista no artigo 115.2 do Regulamento (UE) nº 1303/2013, do Parlamento e do Consello, do 17 de decembro.

3. Na resolución denegatoria de axuda farase constar o motivo da denegación.

4. As notificacións das resolucións e actos administrativos do procedemento practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Os solicitantes deberán acceder á páxina web do Igape na enlace tramitación electrónica para recibir as notificacións. O sistema solicitará do interesado o seu certificado dixital en vigor, e a sinatura electrónica dun acuse de recibo das notificacións (xustificante de recepción telemático).

5. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución será o establecido na resolución da convocatoria. Se transcorrese o prazo máximo para resolver sen que recaese resolución expresa, os interesados poderán entender desestimadasas súas solicitudes por silencio administrativo

Artigo 15. Réxime de recursos

As resolucións ditadas ao abeiro destas bases porán fin á vía administrativa e contra elas poderán interporse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso contencioso-administrativo, ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución, ou no prazo de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

b) Potestativamente, recurso previo de reposición, ante o director xeral do Igape, por delegación do Consello de Dirección do Igape, no prazo dun mes desde o día seguinte ao da notificación da resolución, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que de acordo co establecido nestas bases reguladoras se produza o acto presunto.

Artigo 16. Xustificación da contratación

1. O beneficiario disporá dun prazo máximo de quince días a partir do día seguinte ao da notificación da resolución de concesión para presentar a seguinte documentación acreditativa da contratación dun xestor que cumpra os requisitos destas bases:

a) Contrato laboral asinado entre as partes e acreditación da súa comunicación ao Servizo Público de Emprego.

O dito contrato debe recoller as medidas de difusión da concesión da axuda establecidas no artigo 18.j) ou, se é o caso, acreditación de ter realizado a empresa a comunicación ao xestor do financiamento público.

Así mesmo, debe incluír especificamente:

1º. Que o xestor se contrata para tarefas de internacionalización.

2º. Importe mensual do salario bruto que se vai aboar ao traballador.

3º. Número de pagas que se van a realizar segundo a duración do contrato.

4º. Que as pagas extras se aboan rateadas con cada mensualidade.

5º. Que o xestor consta de alta no grupo 01 ou 02 de cotización á Seguridade Social, no caso de ter titulación universitaria e FP e no grupo 04 no caso dos xestores que conten con certificado de profesionalidade de comercio exterior ou comercio internacional.

6º. Período de proba establecido.

7º. Convenio colectivo aplicable, se é o caso.

8º. Duración do contrato.

b) Vida laboral do xestor completa e solicitada con data posterior á publicación destas bases no DOG.

c) Copia da tarxeta ou documento que acredite que estaba dado de alta como demandante de emprego (ou de mellora de emprego) ou, se é o caso, estar inscrito no Sistema nacional de garantía xuvenil, antes da contratación obxecto destas bases, só no caso de opoñerse á súa consulta segundo o modelo do anexo IV.

d) DNI do xestor, só no caso de opoñerse a súa consulta segundo o modelo do anexo IV.

e) Titulación universitaria en comercio internacional, só no caso de opoñerse á súa consulta segundo o modelo do anexo IV.

f) Titulación de formación profesional de técnico superior en comercio internacional do xestor ou certificado de profesionalidade en comercio exterior ou comercio internacional, só no caso de opoñerse á súa consulta segundo o modelo do anexo IV.

g) En caso de titulación universitaria que non sexa específica de comercio internacional, deberá acreditar formación específica de posgrao en comercio internacional: bolsa de prácticas de posgrao en internacionalización empresarial por un período igual ou superior a 6 meses, en organismos públicos nacionais ou estranxeiros, dentro do ámbito da internacionalización empresarial; ou mestrado de comercio exterior ou curso completo de comercio exterior de duración igual ou superior a 140 horas.

h) En caso de posuír experiencia laboral, deberá acreditala mediante escrito de anteriores empregadores ou declaración responsable do xestor do tipo de experiencia e duración.

O beneficiario deberá presentar a documentación mediante copia dixitalizada a través do enderezo da internet http://tramita.Igape.es.

2. Se no prazo sinalado non achega a documentación, ou se a achegada non cumpre co establecido nestas bases, requirirase o interesado para que achegue ou emende a documentación exixida nun prazo máximo e improrrogable de dez días, con indicación de que, se non o fixese, se considerará que renunciou á axuda concedida e se procederá ao arquivamento do expediente.

Artigo 17. Modificación da resolución

Unha vez ditada a resolución de concesión, observarase o establecido no artigo 35 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións, e admitiranse, dentro dos límites xerais establecidos nestas bases, modificacións relativas ás datas de execución do proxecto, á localización do xestor, perfil do xestor e o cambio de xestor contratado sempre e cando este cambio non sexa imputable á empresa ou ao organismo empresarial.

No caso de cambio de xestor o beneficiario deberá achegar a documentación do novo contrato e do novo xestor, xunto coa vida laboral da empresa ou organismo empresarial na que figuren a baixa do anterior xestor e a alta do novo.

Na contratación do novo xestor teranse en conta os requisitos establecidos no artigo 7.

Se como consecuencia da modificación solicitada correspondese un importe de subvención diferente á inicialmente concedida, o Igape procederá a unha modificación da resolución tendo en conta que o prazo de execución subvencionable máximo da contratación é o indicado na resolución de convocatoria e que a modificación da subvención non poderá dar lugar en ningún caso a un aumento do seu importe.

Artigo 18. Obrigas dos beneficiarios

Son obrigas dos beneficiarios:

a) Formalizar co xestor un contrato de traballo a partir da data de solicitude da axuda e antes da data indicada na resolución de concesión para a presentación de documentación acreditativa da contratación. A contratación será a risco e ventura dos beneficiarios, para o caso, que o xestor contratado non cumpra as condicións establecidas no artigo 7 destas bases.

b) Comprobar que o xestor contratado cumpre os requisitos establecidos no artigo 7 destas bases.

c) Dedicar o xestor a tarefas de internacionalización concretadas nun plan de traballo indicado polo solicitante no formulario de solicitude e que vinculará o beneficiario.

O Igape poderá contrastar co xestor a realización das ditas tarefas de internacionalización mediante cuestionarios periódicos descritivos das tarefas encomendadas.

d) Dar de alta ao xestor na Seguridade Social nun grupo de cotización 01 ou 02 ou grupo 04 no caso dos xestores que conten con certificado de profesionalidade de comercio exterior ou comercio internacional e comunicar a contratación ao Servizo Público de Emprego (Sepe).

e) O beneficiario está obrigado a aboarlle ao xestor, como mínimo, o salario bruto subvencionable a que fai referencia o artigo 5.5 destas bases, sen prexuízo de que lle corresponda aboar un salario superior acorde coa súa categoría profesional e titulación, e debe asumir a diferenza coa cantidade subvencionada. O contrato debe establecer a liquidación de nóminas ao xestor co rateo de pagas extras.

f) Someterse ás actuacións de comprobación que efectúe o Igape, que incorporarán visitas ao lugar de traballo, con base en técnicas de mostraxe; o Igape comprobará para estes efectos un mínimo do 10 % dos expedientes, así como facilitar toda a información requirida polos órganos verificadores que se establezan en aplicación dos artigos 72, 73 e 74 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro. Someterse a calquera outra actuación, sexa de comprobación e control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, en especial a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas, o Consello de Contas, os órganos de control da Comisión Europea, achegando canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores, así como ás verificacións previstas no artigo

125 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Consello, modificado polo Regulamento (UE, Euratom) nº 2018/1046 que incluirán as correspondentes visitas sobre o terreo.

g) Comunicar ao Igape a solicitude e/ou obtención doutras subvencións e axudas que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

h) Dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso.

i) Manter unha pista de auditoría suficiente, manter de forma separada na contabilidade o ingreso da axuda percibida e conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, durante os tres anos seguintes á certificación dos gastos á Comisión Europea, de conformidade co artigo 140.1 do Regulamento (UE) 1303/2013, en canto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control. O comezo dese prazo será oportunamente comunicado pola Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos.

j) Cumprir os requisitos de comunicación do financiamento público do proxecto polo Igape, a Xunta de Galicia e o PO FSE Galicia 2014-2020, segundo o establecido no anexo III a estas bases.

k) O beneficiario deberá facilitar a información que permita dar cumprimento aos requisitos de información a través de indicadores de produtividade e os de resultados enumerados no artigo 5 do Regulamento 1304/2013, do Parlamento e do Consello, do 17 de decembro, relativo ao Fondo Social Europeo.

Os indicadores de produtividade relativos á persoa solicitante refírense á data inmediatamente anterior ao inicio da vinculación do participante coa actuacións subvencionadas, mentres que os indicadores de resultado inmediato deberán referirse ao período comprendido entre o día posterior á finalización da súa vinculación coa operación e as catro semanas seguintes, no período de xustificación da correspondente subvención. Así mesmo, a Administración poderá requirir novos datos no prazo de seis meses desde que finalice a vinculación do participante coa actividade cofinanciada, coa finalidade de formalizar os indicadores de resultado a longo prazo descritos no antedito regulamento.

Así mesmo, nos casos en que se produza a substitución do xestor ou xestora, o beneficiario deberá presentar os indicadores de produtividade e de resultado inmediato respecto de cada unha das persoas polas que se percibiu a subvención.

l) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos, total ou parcialmente, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión ou nos supostos previstos no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

m) No caso de non ser quen de realizar o proxecto para o cal se solicita a axuda, comunicar a renuncia ao expediente solicitado no momento en que se produza a certeza de non execución e, en todo caso, sempre con anterioridade ao vencemento do prazo de execución concedido para o proxecto.

n) Acreditar que o xestor estea dado de alta na Base de xestores de internacionalización do Igape, no caso de que non autorice a súa consulta.

ñ) Todo isto sen prexuízo das demais obrigas que resulten do artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Artigo 19. Xustificación da subvención

1. Para o cobramento da subvención concedida, o beneficiario, dentro do prazo establecido na resolución de convocatoria, deberá cubrir previamente o formulario electrónico de liquidación a través da aplicación establecida no enderezo da internet http://tramita.igape.es. Deberán cubrirse necesariamente todos os campos establecidos como obrigatorios, tras o cal a aplicación emitirá un identificador de documento electrónico de liquidación (IDEL) que identificará univocamente a solicitude de cobro. O devandito formulario conterá os requisitos establecidos no artigo 48 do Decreto 11/2009 para a presentación da conta xustificativa, incluíndo unha relación detallada dos outros ingresos ou subvencións que financiasen a actividade subvencionada.

Será obrigatorio cubrir os seguintes campos do formulario:

a) Memoria de actuación xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, con indicación das actividades realizadas, tarefas realizadas polo xestor, os resultados obtidos e a previsión de prórroga ou continuación do contrato co xestor.

b) Memoria económica.

c) Ficha resumo de nóminas, cubrindo os seguintes datos relativos á contabilidade en que se reflictan os custos subvencionados, para acreditar a obriga establecida no artigo 18.i) número de asento, data do asento e número de conta contable, xunto cunha declaración responsable do beneficiario de que estes datos reflicten a realidade contable da operación subvencionada.

2. O beneficiario deberá presentar a solicitude de cobro mediante o formulario normalizado (anexo II) que se obterá de xeito obrigatorio na aplicación informática https://www.tramita.igape.es, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Será obrigatoria a inclusión dos 40 carácteres alfanuméricos do IDEL obtido no paso anterior. As solicitudes de cobro que carezan do IDEL ou nas que este sexa erróneo (sexa porque ten un formato erróneo ou porque non foi xerado pola aplicación informática) poderán dar lugar ao comezo do expediente de incumprimento no caso de non ser corrixidas, previo requirimento formulado para tal fin.

3. Unha vez xerada a solicitude de cobro na aplicación informática, o beneficiario deberá presentala obrigatoriamente por vía electrónica.

4. No caso de que a solicitude de cobramento non se presentase en prazo ou a xustificación fose incorrecta, requirirase o beneficiario para que corrixa os erros ou defectos observados no prazo de 10 días hábiles. A falta de presentación da xustificación no prazo improrrogable establecido comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a esixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei 9/2007, segundo o disposto no artigo 45.2 do seu Regulamento. A presentación da xustificación neste prazo adicional non eximirá ao beneficiario das sancións que, conforme á lei, correspondan. A xustificación cumprirá, en todo caso, os requisitos establecidos nos artigos 28 e 30 da devandita Lei 9/2007.

6. Xunto coa solicitude de cobro, o beneficiario da axuda presentará a seguinte documentación:

a) Documentación xustificativa do gasto: documentos acreditativos dos gastos de nóminas e da relación detallada doutros ingresos e subvencións que financiaran a actividade subvencionada, con indicación do seu importe e procedencia.

b) Documentación xustificativa do pagamento de nóminas e da cota patronal, conforme o pago ten sido realizado efectivamente dentro do prazo de execución, por algún dos seguintes medios:

Xustificante de transferencia bancaria, certificación bancaria ou extracto bancario, ou xustificante electrónico de transferencia bancaria no que conste o código de verificación na sede electrónica da entidade bancaria ou outro mecanismo que garanta a veracidade do xustificante. Nestes documentos deberán quedar claramente identificados o receptor e o emisor do pagamento e o importe da factura. En ningún caso se admitirán os pagamentos xustificados mediante recibo do provedor, nin os pagamentos por caixa ou en efectivo.

c) Vida laboral actualizada ao final do período de contratación e declaración do responsable da empresa ou organismo empresarial en que se recollan as situacións e días que supoñen a non execución da actividade polo xestor (baixas por IT, permisos e outras ausencias ao traballo distintos das vacacións e días de asuntos propios establecidos por contrato), acorde co disposto no artigo 5.1.c) da Orde ESS/1924/2016 pola que se determinan os gastos subvencionables polo FSE durante o período de programación 2014-2020, que fai referencia aos descontos que se aplicarán aos custos de persoal.

d) A copia –que permita a súa lectura– de material onde se aprecie que se cumpriu a obrigatoriedade de comunicación do financiamento público citada no artigo 18.j) destas bases.

e) Información de indicadores de produtividade e de resultado da operación que se cubrirá a través da aplicación do Organismo Intermedio do PO FSE Galicia 2014-2020 Participa 1420, á cal se accederá desde http://tramita.igape.es. No momento que corresponda, cubrir ditos datos, o Igape enviará unha comunicación ao beneficiario informándolle como proceder para que o xestor poida cubrir os datos e aportar ao expediente, o xustificante de habelos cuberto.

O Igape poderá solicitar as aclaracións pertinentes á documentación presentada.

O beneficiario deberá presentar a documentación xustificativa polos mesmos medios que os establecidos no artigo 9 para a presentación da documentación complementaria á solicitude.

O beneficiario responsabilizarase da veracidade dos documentos que presente. A achega das copias dixitalizadas implica a autorización para que a Administración acceda e trate a información persoal contida en tales documentos. Excepcionalmente, o Igape poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo coa copia electrónica presentada.

7. En todos os casos, os beneficiarios deberán estar ao día das súas obrigas coa Facenda Pública, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social. No caso de que o beneficiario se opoña á consulta ou non consinta expresamente a consulta polo Igape das certificacións, deberán achegarse conxuntamente co resto da documentación xustificativa.

8. Advírtese que calquera discrepancia entre a documentación xustificativa e as declaracións da solicitude de axuda poderá ser motivo de inicio de expediente de incumprimento que, se é o caso, poderá supor a modificación ou deixar sen efecto a concesión e o reintegro, se é o caso, das cantidades previamente aboadas.

Artigo 20. Aboamento das axudas

1. O aboamento da axuda realizarase, unha vez que o Igape considere xustificado o cumprimento das condicións dentro do prazo establecido na resolución de concesión.

Os órganos competentes do Igape poderán solicitar as aclaracións, orixinais da documentación ou informes relativos á xustificación do proxecto que consideren convenientes.

O réxime de pagamento deberá cumprir o establecido no artigo 31 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no título IV do seu regulamento.

2. Os beneficiarios poderán solicitar un anticipo de ata o 50 % do importe da subvención total concedida, marcando esta opción na solicitude de cobramento, unha vez notificada a resolución de concesión e dentro do prazo indicado na resolución de convocatoria. A solicitude de anticipo será obxecto de resolución motivada polo órgano concedente da subvención.

O importe do anticipo non poderá exceder da anualidade prevista en cada exercicio orzamentario.

Exímese aos beneficiarios da obriga de constituír garantías, logo da súa autorización polo Consello da Xunta de Galicia, segundo o establecido no artigo 67.4 do Decreto 11/2009.

Artigo 21. Perda do dereito á subvención e reintegro das axudas

1. Producirase a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención no suposto de falta de xustificación do cumprimento do proxecto, das condicións impostas na resolución de concesión, das obrigas contidas nestas bases reguladoras, das obrigas contidas no artigo 33 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, ou na demais normativa aplicable, o que dará lugar, se é o caso, á obriga de devolver total ou parcialmente a subvención percibida, así como os xuros de demora correspondentes.

2. O procedemento para declarar a procedencia da perda do dereito de cobramento da subvención e para facer efectiva a devolución a que se refire o punto anterior será o establecido no título II da Lei 9/2007.

3. Procederá a perda total do dereito ao cobro da axuda concedida, sen prexuízo da incoación do oportuno expediente sancionador, nos seguintes casos:

a) Non aboarlle ao xestor as contías establecidas no artigo 5 destas bases ou non xustificar polo menos o 50 % do período de contratación subvencionable.

b) Obter para o mesmo concepto subvencionable outras subvencións ou axudas.

c) Non dedicar o xestor a tarefas de internacionalización.

d) Non formalizar o contrato cun xestor que cumpra as condicións das bases no prazo establecido na resolución de concesión.

e) Non dar de alta na Seguridade Social o xestor contratado nun grupo de cotización 01 ou 02 ou o que corresponda no caso dos titulados en Fp, e/ou non comunicar ao Sepe o contrato de traballo.

f) Non permitir as actuacións de comprobación do Igape.

4. Incumprimento parcial: sempre que se cumpran os requisitos ou condicións esenciais tomadas en conta na concesión das axudas, o Igape poderá apreciar un incumprimento parcial e deberá resolver sobre o seu alcance, aplicando a mesma ponderación que tivese a condición incumprida na resolución de concesión e, se é o caso, establecendo a obriga de reintegro cos seguintes criterios:

a) As rescisións do contrato antes da finalización do período de contratación subvencionable serán causa de redución do gasto subvencionable proporcional ao número de días deixados de realizar. Neste suposto, o beneficiario poderá contratar un novo xestor que cumpra os requisitos destas bases solicitando a modificación da resolución.

b) No caso de incumprimento doutras condicións, o seu alcance será determinado en función do grao e entidade da condición incumprida:

1º. Suporá a perda dun 5 % da subvención concedida non comunicar ao Igape a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención.

2º. Suporá a perda dun 2 % da subvención concedida non manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable adecuado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionables, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os conceptos financiados polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020 (artigo 18.i) destas bases).

3º. Suporá a perda dun 2 % da subvención concedida non dar publicidade ao financiamento do proxecto, de acordo co establecido no artigo 18. j) destas bases.

5. Por tratarse de subvencións compatibles con outras axudas, conforme o establecido no artigo 3 destas bases:

– Reintegro 5 % por incumprimento da obriga de comunicar ao órgano concedente a solicitude doutras axudas.

– Reintegro exceso percibido máis xuros de demora, sen prexuízo das sancións que puideran corresponder por incumprimento da obriga de comunicar ao órgano concedente a obtención doutras axudas.

Artigo 22. Réxime sancionador

Aos beneficiarios das subvencións reguladas nestas bases seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 23. Fiscalización e control

Os beneficiarios destas subvencións someteranse ás actuacións de control que realice o Instituto Galego de Promoción Económica para o seguimento das accións aprobadas e ás de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, así como ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, así como, de ser o caso, ás dos servizos financeiros da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo e ás verificacións do artigo 125 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Consello, modificado polo Regulamento (UE, Euratom) nº 2018/1046, que incluirán as correspondentes visitas sobre o terreo.

Calquera persoa que teña coñecemento de feitos que puidesen ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operacións financiados total ou parcialmente con cargo a fondos procedentes da Unión Europea no marco da presente convocatoria poderá poñer ditos feitos en coñecemento do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude da Intervención Xeral da Administración do Estado, por medios electrónicos a través do canal habilitado para o efecto http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/planificacion-e-fondos/periodo-comunitario-2014-2020/medidas-antifraude/snca-olaf, e nos termos establecidos na Comunicación 1/2017, de 3 de abril, do citado servizo.

Artigo 24. Comprobación de subvencións

1. Previo o seu aboamento, o órgano concedente comprobará a xustificación adecuada da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou o desfrute da subvención. O prazo para a comprobación material será de tres anos a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas en que estean incluídos os gastos da operación. Esta data será comunicada ao beneficiario.

2. Para todo o non previsto nos puntos anteriores será aplicable o disposto no artigo 30 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e nos artigos 57 e seguintes do seu regulamento.

Artigo 25. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, á que se atopen vinculadas, previo requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 26. Remisión normativa

1. Para todo o non previsto nestas bases aplicarase a seguinte normativa:

a) Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE L 352, do 24 de decembro de 2013); Regulamento (CE) nº 717/2014 da Comisión, do 27 de xuño de 2014, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da UE ás axudas de minimis no sector da pesca e da acuicultura (DOUE L 190, do 28.6.2014) e Regulamento 1408/2013, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector agrícola (DOUE L 352, do 24 de decembro de 2013), modificado polo Regulamento (UE) nº 2019/316 da Comisión do 21 de febreiro de 2019 (DOUE L 51, do 22 de febreiro).

b) No Regulamento (UE) nº 1304/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, relativo ao Fondo Social Europeo e polo que se derroga o Regulamento (CE) nº 1081/2006, do Consello (DOUE L 347, do 20 de decembro de 2013).

c) No Regulamento (UE) nº 1303/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural e ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca; polo que se establecen disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión e ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, e se derroga o Regulamento (CE) nº 1083/2006, do Consello (DOUE L 347, do 20 de decembro de 2013).

d) Na Orde ESS/1924/2016, do 13 de decembro, pola que se determinan os gastos subvencionables polo Fondo Social Europeo durante o período de programación 2014-2020.

e) Regulamento (UE,Euratom) 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo de 2018, sobre normas financeiras aplicables ao orzamento xeral da Unión, polo que se modifican os regulamentos (UE) nº1296/2013, (UE) nº 1301/2013, (UE) nº 1303/2013, (UE) nº 1304/2013, (UE) nº1309/2013, (UE) nº1316/2013, (UE) nº223/2014 e (UE) nº 283/2014 e a Decisión nº 541/2014/UE e polo que se derroga o Regulamento (UE,Euratom) nº 966/2012.

f) Na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

g) No Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento.

h) Na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

i) No Decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o seu regulamento.

j) Tamén é de aplicación a seguinte normativa europea: Regulamento (UE) 2020/558, do Parlamento e do Consello, do 23 de abril de 2020, polo que se modifica, entre outros, Regulamento (UE) 1303/2013 no que respecta a medidas específicas para ofrecer unha flexibilidade excepcional no uso dos fondos estruturais e de investimento europeos en resposta ao brote de COVID-19; e Regulamento (UE) 2020/460, do Parlamento e do Consello, do 30 de marzo de 2020, polo que se modifica, entre outros, o Regulamento (UE) 1303/2013 no relativo a medidas específicas para mobilizar investimentos nos sistemas de atención sanitaria dos Estados membros e noutros sectores das súas economías, en resposta ao brote de COVID-19 (iniciativa de investimento en resposta ao coronavirus).

k) No resto da normativa que resulte de aplicación.

3. En canto ao cómputo de prazos, observarase o disposto no artigo 30 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO III

Requisitos de comunicación do financiamento público

Bases reguladoras das axudas do Igape para a contratación de xestores de internacionalización

Responsabilidade do beneficiario:

Ao tratarse de subvencións cofinanciadas con fondos estruturais da Unión Europea, en relación á publicidade do financiamento, de conformidade co previsto no anexo XII, punto 2.2, do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, o beneficiario deberá cumprir os seguintes requisitos de publicación e comunicación:

1. No contrato de traballo e en todas as medidas de información e comunicación que leve a cabo, o beneficiario deberá recoñecer o apoio do Igape, da Xunta de Galicia e do FSE ao proxecto, incluíndo a imaxe institucional do Igape e da Xunta de Galicia e o logotipo Xacobeo 2021 e mostrando:

a) O emblema da Unión e unha referencia á Unión Europea.

b) Referencia ao Fondo que da apoio ao proxecto.

O formato a utilizar é o seguinte:

PROXECTO COFINANCIADO POLO IGAPE, XUNTA DE GALICIA E POLO PROGRAMA OPERATIVO FSE GALICIA 2014-2020

missing image file

2. Durante a realización do proxecto:

a) Breve descrición no seu sitio da internet, no caso de que dispoña dun, do proxecto, de xeito proporcionado ao nivel de apoio prestado, cos seus obxectivos e resultados, e destacando o apoio financeiro do Igape, da Xunta de Galicia e da Unión.

O formato a utilizar é o seguinte:

missing image file

Operación cofinanciada pola Unión Europea programa operativo FSE Galicia 2014-2020. Contratación xestores de internacionalización: (IG166).

Como apoio ao proceso de internacionalización da empresa «…………………………….» ten axuda concedida pola Xunta de Galicia a través do Igape para a contratación dun xestor, ao abeiro da Convocatoria de axudas do Igape para a contratación de xestores de internacionalización, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE de Galicia 2014-2020, e incluídas no Obxectivo Temático 08 de conseguir formación e un emprego de calidade.

Fondo Social Europeo, O FSE inviste no teu futuro.

Estas axudas teñen como obxectivo facilitar a adquisición de competencias profesionais en materia de internacionalización e a incorporación ou reinserción ao mercado laboral ao mesmo tempo que se apoia ás pemes galegas no seu proceso de internacionalización. O resultado que se pretende é que os profesionais sigan contratados tras a súa participación no programa, na mesma empresa ou noutras grazas a experiencia práctica recibida.

b) Colocar polo menos un cartel con información sobre o proxecto (dun tamaño mínimo A3), no que se mencionará a axuda financeira do Igape, da Xunta de Galicia e da Unión, nun lugar visible para o público, por exemplo, no lugar de traballo da persoa contratada.

O formato aque se vai utilizar é o seguinte:

missing image file

3. O beneficiario asegurarase de que as partes que interveñen no proxecto foron informadas do dito financiamento. Calquera documento relacionado coa execución do proxecto que se destine ao público ou aos participantes, incluídos os certificados de asistencia ou doutro tipo, conterán unha declaración na que se informe de que o proxecto recibiu o apoio da Xunta de Galicia, do Igape e do Fondo Social Europeo.

Características técnicas para a exhibición do emblema da Unión e referencia ao Fondo:

De acordo co establecido no artigo 4 do Regulamento (UE) nº 821/2014 da Comisión, do 28 de xullo de 2014:

1. O emblema da Unión deberá figurar en cor nos sitios web. En todos os demais medios de comunicación, a cor utilizarase sempre que sexa posible.

2. O emblema será sempre claramente visible e ocupará un lugar destacado. A súa posición e tamaño serán os adecuados á escala do material ou documento empregados. En pequenos artigos de promoción non será obrigatorio facer referencia ao Fondo.

3. Cando o emblema da Unión e a referencia á Unión e ao Fondo correspondente se presenten nun sitio web serán visibles ao chegar ao dito sitio web, na superficie de visión dun dispositivo dixital, sen que o usuario teña que despregar toda a páxina.

4. O nome «Unión Europea» sempre aparecerá sen abreviar. O tipo de letra debe ser: arial, auto, calibri, garamond, trebuchet, tahoma, verdana ou ubuntu. Non se empregará a cursiva, o subliñado nin outros efectos. O corpo do tipo utilizado deberá ser proporcional ao tamaño do emblema e de xeito que non interfira. A cor do tipo será azul réflex, negro ou blanco, en función do contexto.

5. Se se exhiben outros logotipos ademais do emblema da Unión, este terá como mínimo o mesmo tamaño, medido en altura e largura, que o maior dos demais logotipos.

Utilización do logotipo da Unión Europea:

missing image file

O único logotipo válido é o formado polo emblema da Unión e unha referencia á Unión Europea situada debaixo deste.

Ben que, en toda comunicación relativa a fondos europeos se deberá incorporar ademais unha referencia ao Fondo Social Europeo. Adicionalmente, empregarase o lema «O FSE inviste no teu futuro».

missing image file
missing image file