O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos no cuadrimestre anterior.
En consecuencia, e para dar cumprimento a esta obriga,
DISPOÑO:
Artigo único. Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos polo Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2020, que se incorpora como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2021
A presidenta do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia
P.D. (Resolución do 8.3.2019, DOG núm. 54/2019)
Adela Quinzá-Torroja García
Xerente do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia
ANEXO
Convenio |
Obxecto |
Importe achegado polo ISSGA |
Data sinatura |
Acordo de prórroga do convenio interadministrativo entre o Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia e a Consellería de Medio Rural para a repartición de gastos polo uso compartido das instalacións do edificio Prado Lonia en Ourense. |
Regular a repartición de gastos polo uso compartido do edificio do ISSGA en Ourense, con enderezo na rúa Villamil e Castro, s/n, en Prado Lonia (Ourense) |
0,00 € |
22.12.2020 |
Convenio de cooperación educativa entre o Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia e a Universidade de Vigo para a realización de prácticas académicas externas do alumnado do mestrado universitario en Prevención de Riscos Laborais. |
Posibilitar aos estudantes do mestrado universitario en Prevención de Riscos Laborais da Universidade de Vigo a realización de prácticas académicas externas nas dependencias do ISSGA. |
0,00 € |
28.10.2020 |
Convenio de cooperación educativa entre o Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia e a Universidade da Coruña para a realización de prácticas académicas externas do alumnado do mestrado universitario en Prevención de Riscos Laborais. |
Posibilitar aos estudantes do mestrado universitario en Prevención de Riscos Laborais da Universidade da Coruña a realización de prácticas académicas externas nas dependencias do ISSGA. |
0,00 € |
28.10.2020 |
Acordo de prórroga do Convenio de colaboración entre o Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia e a Consellería de Sanidade para o intercambio de datos de accidentes de traballo para desenvolver o programa de detección de terceiros obrigados ao pagamento na asistencia sanitaria dispensada no Servizo Público de Saúde. |
Establecer as condicións, requisitos e procedementos polos que se debe rexer a cesión de datos en materia de accidentes de traballo entre o ISSGA e a Consellería de Sanidade. |
0,00 € |
30.12.2020 |