Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 29 de xaneiro de 2021 Páx. 5958

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

EXTRACTO da Orde do 15 de xaneiro de 2021 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control (códigos de procedemento MR250A, MR239K, MR239G, MR239O, MR240D, MR241C e MR241D).

BDNS (Identif.): 546169.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob. es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

Os pagamentos directos indicados no título II e as axudas de desenvolvemento rural recollidas no capítulo III e na sección 3ª do capítulo IV do título III desta orde só se concederán a aquelas persoas solicitantes que cumpran os requisitos de agricultor activo e actividade agraria. O requisito da actividade agraria tamén será exixible ás persoas solicitantes das axudas de agroambiente e clima recollidas na sección 2ª do capítulo IV do título III.

Segundo. Obxecto

Esta orde ten por obxecto regular e convocar na Comunidade Autónoma de Galicia no ano 2021 os pagamentos directos á agricultura e á gandaría, así como as axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control.

Terceiro. Bases reguladoras e convocatoria

Orde do 15 de xaneiro de 2021 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control (códigos de procedemento MR250A, MR239K, MR239G, MR239O, MR240D, MR241C e MR241D).

Cuarto. Contía

A concesión destas axudas realizarase con cargo aos orzamentos de gastos do Fogga e da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal conforme os orzamentos xerais desta comunidade autónoma para 2021, nas seguintes aplicacións orzamentarias:

1. No que respecta aos réximes de pagamentos directos á agricultura e á gandaría recollidos no punto 1 do artigo 2 desta orde, en concreto os réximes de axuda comunitarios establecidos no Regulamento (UE) nº 1307/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, e no Real decreto 1075/2014, do 19 de decembro, sobre a aplicación a partir de 2015 dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e outros réximes de axuda, así como sobre a xestión e o control dos pagamentos directos e dos pagamentos ao desenvolvemento rural, todas estas axudas son financiadas integramente polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga) e o Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga) exercerá como intermediario na súa xestión, polo que, en aplicación da disposición adicional décimo oitava da Lei 2/2018, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019, en relación coa disposición derradeira segunda desa lei, na cal se establece o carácter permanente da disposición décimo oitava da dita lei, os expedientes correspondentes aos réximes indicados serán xestionados como operacións extraorzamentarias, conforme o sinalado no artigo 46.4 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime orzamentario e financeiro de Galicia.

Non obstante o anterior, todos os actos e documentos de xestión deses expedientes serán obxecto de fiscalización previa nos termos establecidos no artigo 95.1.a) do citado Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

2. No que respecta aos réximes de axuda recollidos no título III desta orde, cofinanciados ao 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), a concesión das axudas realizarase con cargo aos orzamentos de gastos do Fogga e da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, conforme os orzamentos xerais desta Comunidade Autónoma para 2021, nas seguintes aplicacións orzamentarias:

a) Aplicación 14.03.713B.770.0, C.P. 2016 00207, compromisos da anualidade 2020 das primas anuais de mantemento xa concedidas e asociadas ás axudas á creación de superficies forestais, por importe dun millón oitocentos dezanove mil seiscentos setenta e un con setenta e oito céntimos (1.819.671,78) de euros.

b) Aplicación 14.03.713B.770.0, C.P. 2016 00208, compromisos da anualidade 2020 das primas anuais de mantemento xa concedidas e asociadas ás axudas para o establecemento de sistemas agroforestais, por importe de sesenta e catro mil douscentos noventa e oito (64.298,00) euros.

c) Aplicación 14.80.712B.772.1:

1º. Solicitudes de axudas a zonas con limitacións naturais con carácter anual, por importe de dezasete millóns douscentos mil (17.200.000,00) euros, que se distribúen da seguinte maneira:

– 9.200.000 euros para as axudas a zonas con limitacións naturais en áreas de montaña.

– 8.000.000 euros para as axudas a zonas con limitacións naturais en áreas distintas de montaña.

2º. De acordo coa modificación da Orde do 10 de marzo de 2015 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control e da Orde do 29 de xaneiro de 2016 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control, pola que se prorrogan un ano máis as seguintes axudas, pola que se prorrogan un ano máis as seguintes axudas:

– Solicitudes de prórroga da axuda e de pagamento das axudas de agroambiente e clima para a campaña 2021, vinculadas a compromisos iniciados ao abeiro da citada Orde do 10 de marzo de 2015 e da Orde do 29 de xaneiro de 2016, por un importe de catorce millóns seiscentos trinta e nove mil oitocentos sesenta e oito euros con quince céntimos de euro (14.639.868,15 euros), que se pagarán no ano 2022.

– Solicitudes de prórroga da axuda e de pagamento das axudas de agricultura ecolóxica para a campaña 2021, vinculadas a compromisos iniciados ao abeiro da citada Orde do 10 de marzo de 2015 e da Orde do 29 de xaneiro de 2016, por un importe de dous millóns douscentos cincuenta mil catrocentos vinte e cinco euros con trinta e catro céntimos de euro (2.250.425,34 euros), que se pagarán no ano 2022.

3º. Compromisos para o exercicio 2021 procedentes de campañas anteriores nas axudas relativas á medida de agroambiente e clima, por importe de trece millóns seiscentos vinte e seis mil cento noventa e seis euros con setenta e nove céntimos de euro (13.626.196,79 euros).

4º. Compromisos para o exercicio 2021 procedentes de campañas anteriores nas axudas relativas á medida de agricultura ecolóxica, por importe de dous millóns trescentos cincuenta e seis mil corenta e un euros con cincuenta e un céntimos de euro (2.356.041,51 euros).

Quinto. Prazo de presentación da solicitude única

O prazo de presentación da solicitude única, para o ano 2021, iniciarase o 1 de febreiro e finalizará o 30 de abril, ambos incluídos.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2021

Silvestre José Balseiros Guinarte
Director do Fondo Galego de Garantía Agraria