Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 2 de febreiro de 2021 Páx. 6747

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 656/2017).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que neste xulgado se segue xuízo da clase procedemento ordinario seguido baixo o número 656/2017, en que figura como interveniente Turmens Logística Urgente, S.L., no cal se sinalou conciliación e/ou xuízo para o día 16.2.2021, ás 9.55 e 10.00 horas, respectivamente.

Encontrándose a devandita parte en paradoiro descoñecido, expídese o presente, cumprindo o disposto na Instrución 6/12, da Secretaría Xeral da Administración de xustiza, relativa á publicación de edictos en diarios e boletíns oficiais e protección de datos, co fin de que sirva de notificación en forma desta.

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza