Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 3 de febreiro de 2021 Páx. 6865

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 2021, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no terceiro cuadrimestre de 2020.

Consonte o establecido no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (Diario Oficial de Galicia núm. 30, do 15 de febreiro) procédese a publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a este mandato,

DISPOÑO:

Artigo único. Darlle publicidade aos convenios subscritos pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade no terceiro cuadrimestre do ano 2020, que se incorporan como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2021

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Infraestruturas
e Mobilidade no terceiro cuadrimestre de 2020

Descrición

Data sinatura

Importe

Acordo polo que se prorroga para o ano 2021 a vixencia do Convenio de colaboración para desenvolvemento conxunto do transporte metropolitano de Galicia na Área de Transporte Metropolitano de Vigo, formalizado con data do 4 de marzo de 2015 pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia e os concellos de Baiona, Cangas, Fornelos de Montes, Moaña, Mos, Nigrán, Pazos de Borbén, O Porriño, Redondela, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño e Soutomaior, respecto dos programas actualmente implantados, asumindo as administracións os compromisos previstos no referido convenio para ese novo exercicio.

22.9.2020

1.215.645,86 €

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e os concellos de Santiago de Compostela e Teo para a coordinación dos servizos de transporte público con orixe ou destino na urbanización dos Tilos.

1.10.2020

 

Convenio de colaboración específico entre a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade e a Fundación dos Ferrocarrís de Galicia para garantir o funcionamento do Museo Galego do Ferrocarril e o desenvolvemento de actividades de exhibición dos fondos materiais propiedade deste, a divulgación destes entre a sociedade e o fomento do transporte ferroviario.

18.11.2020

30.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade e a Universidade da Coruña para a aplicación de descontos a estudantes da Universidade da Coruña en servizos públicos de transporte.

23.11.2020

 

Addenda ao convenio subscrito o 14 de marzo de 2019, entre a Xunta de Galicia e o Concello de Pontevedra, para o desenvolvemento da futura estación intermodal de Pontevedra, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

9.12.2020

614.206,62 €

Convenio de colaboración para o desenvolvemento conxunto do transporte metropolitano de Galicia na Área de Transporte Metropolitano da Coruña para o período 2021-2024.

9.12.2020

15.286.824,24 €

Convenio de colaboración para o desenvolvemento conxunto do transporte metropolitano de Galicia na Área de Transporte Metropolitano de Ferrol para o período 2021-2024.

9.12.2020

3.708.856,52 €

Convenio de colaboración para o desenvolvemento conxunto do transporte metropolitano de Galicia na Área de Transporte Metropolitano de Lugo para o período 2021-2024.

9.12.2020

325.953,48 €

Convenio de colaboración para o desenvolvemento conxunto do transporte metropolitano de Galicia na Área de Transporte Metropolitano de Santiago para período 2021-2024.

9.12.2020

5.307.922,40 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia e ABANCA Corporación bancaria, S.A. para a aplicación da tarxeta do transporte de Galicia Xente Nova.

18.12.2020

148.491,20 €

Prórroga do Convenio de colaboración entre a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade e a empresa Naviera Mar de Ons, S.L. para a integración de servizos de transporte marítimo do corredor Cangas-Vigo no Plan de transporte metropolitano de Galicia.

18.12.2020

397.705,05 €

Prórroga do Convenio de colaboración entre a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade e a empresa Naviera de las Rías Gallegas, S.L. para a integración de servizos de transporte marítimo do corredor Cangas-Vigo no Plan de transporte metropolitano de Galicia.

18.12.2020

81.681,66 €

Prórroga do Convenio de colaboración entre a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade e a empresa Naviera Illa de Ons, S.L. para a integración de servizos de transporte marítimo do corredor Moaña-Vigo no Plan de transporte metropolitano de Galicia.

18.12.2020

101.750,65 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia, o Concello da Coruña e a empresa Compañía de Tranvías de La Coruña, S.A., como concesionaria do transporte urbano municipal, para determinación das condicións de prestación tarifaria e as súas obrigas asociadas na Área de Transporte Metropolitano da Coruña.

23.12.2020

 

Convenio de colaboración entre a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia, o Concello de Lugo e a empresa Monbus Urbanos, S.A.U., como contratista do transporte urbano municipal, para a terminación das condicións de compensación tarifaria e obrigas asociadas a estas na Área de Transporte Metropolitano de Lugo.

28.12.2020

 

Convenio de colaboración entre a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia, o Concello de Santiago de Compostela e as empresas UTE Tralusa, Arriva Galicia, S.L., Autos Grabanxa, S.L., Hermanos Ferrín, S.L. e Autocares Rías Baixas como prestatarias do transporte urbano municipal, para a determinación das condicións de compensación tarifaria e as súas obrigas asociadas na Área de Transporte Metropolitano de Santiago de Compostela.

28.12.2020

 

Convenio de encomenda de xestión entre a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia e a Fábrica Nacional de Moeda e Timbre-Real Casa da Moeda, para a fabricación e entrega de tarxetas de tacógrafo dixital e tarxetas de cualificación de condutores, para o período 2021-2024.

28.12.2020

1.139.372 €