Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 3 de febreiro de 2021 Páx. 6867

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 2021, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4 (código de procedemento PL600A).

A Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, de acordo co que establecen a Constitución española e o Estatuto de autonomía de Galicia, dispón que o galego é lingua oficial en Galicia. En consonancia con isto, recoñécelle á cidadanía o dereito de coñecelo e de usalo, pero non estaría garantido ese dereito se a cidadanía non tivese a posibilidade de aumentar (ou iniciar, se é o caso) o coñecemento e o dominio da lingua propia de Galicia.

O Plan xeral de normalización da lingua galega, aprobado por unanimidade no Parlamento de Galicia o día 21 de setembro de 2004, contén, entre outras, varias medidas dirixidas ás persoas adultas e ao resto da sociedade encamiñadas a renovar a política lingüística con respecto ao uso do galego, adecuándoa aos tempos actuais, co fin de equilibrar unha situación social de desigualdade entre o castelán e o galego, o que exixe medidas favorables a este último para alcanzar ese equilibrio.

O Decreto 198/2020, de 20 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, atribúelle a esta as competencias e funcións en materia de promoción e ensino da lingua galega, así como a dirección, planificación, coordinación e execución da política lingüística da Xunta de Galicia. Dentro da estrutura da consellería, consonte o disposto no devandito decreto, é a Secretaría Xeral de Política Lingüística o órgano encargado de executar aquelas accións necesarias para desenvolver as competencias sobre política lingüística atribuídas á consellería e, máis concretamente, atribúeselle a función de coordinación e xestión das actividades de formación e promoción da lingua galega, así como a autorización e homologación de cursos, seminarios, encontros e congresos de formación de lingua galega e/ou de linguaxes específicas, e a xestión das certificacións de aptitude do alumnado, cando proceda.

Por todo iso,

RESOLVO:

Primeiro. Obxecto

Convocar, con carácter gratuíto, cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega (Celga), niveis 1, 2, 3 e 4, con código de procedemento administrativo PL600A.

Os cursos que se convocan na modalidade presencial relaciónanse no anexo II (niveis Celga 3 e 4) e os que se convocan na modalidade en liña relaciónanse no anexo III (niveis Celga 1, 2, 3 e 4).

Segundo. Persoas destinatarias

1. Os cursos preparatorios para os certificados de lingua galega (Celga) poderán ser solicitados por todas as persoas maiores de dezaseis anos ou por aquelas que os fagan no ano natural da convocatoria, que desexen mellorar o seu coñecemento e dominio do galego e preparar as probas que a Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca periodicamente para certificar a competencia nesta lingua.

2. No caso dos cursos en liña, as persoas solicitantes deberán dispoñer dun equipamento informático que cumpra, como mínimo, os seguintes requisitos técnicos:

– Un ordenador con conexión á internet.

– A conta de correo electrónico especificada na solicitude.

– Un micrófono ou calquera medio alternativo que permita a gravación de voz.

Como navegador web, recoméndase ter instalada a última versión de Firefox.

3. Para solicitar un curso en liña de Celga 2, Celga 3 ou Celga 4 será requisito indispensable o seguinte:

a) Se se solicita un curso destinado á poboación que reside en Galicia, a persoa deberá estar empadroada nalgún dos concellos da provincia galega correspondente.

b) Se se solicita un curso destinado ao resto da poboación, a persoa deberá estar empadroada fóra de Galicia.

Terceiro. Solicitudes e prazo

1. Para conseguir o rendemento axeitado e o aproveitamento do curso hai que procurar a homoxeneidade dos coñecementos do alumnado. Polo tanto, á hora de formular a solicitude dun curso dun determinado nivel Celga, deberase ter en conta a definición de contidos previstos na Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (Celga), publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 146, do 30 de xullo (corrección de erros no DOG núm. 178, do 13 de setembro).

2. No caso dos cursos presenciais:

As persoas que desexen participar nestes cursos deberán cubrir o formulario de solicitude, segundo o modelo PL600A, que se publica como anexo I, e dirixilo á xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da provincia que corresponda. Os formularios de solicitude estarán dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo https://sede.xunta.gal.

No caso de que unha persoa precise apoio para realizar o curso presencial por mor dunha discapacidade, indicará na súa solicitude o apoio concreto que necesita, cuxa concesión será valorada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

3. No caso dos cursos en liña:

As persoas que desexen participar nestes cursos deberán cubrir o formulario de solicitude, segundo o modelo PL600A, que se publica como anexo I, e dirixilo á Secretaría Xeral de Política Lingüística. Os formularios de solicitude estarán dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo https://sede.xunta.gal.

En aplicación do previsto no artigo 14.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e do artigo 10.2 da Lei 4/2019, de administración dixital de Galicia (DOG núm. 141, do 26 de xullo), as persoas que desexen participar nun destes cursos en liña deben dispoñer dun equipamento informático cos requisitos técnicos sinalados no punto 2.2, o que implica que contan coa capacidade técnica para acceder e dispoñer dos medios electrónicos necesarios. Polo tanto, as solicitudes dos cursos en liña presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

4. Só se poderá presentar unha única solicitude e solicitar un único curso por persoa, aínda que sexan de modalidades distintas. De existir máis dunha solicitude da mesma persoa ou de solicitar esta máis dun curso, anularanse todas as súas peticións.

5. O prazo para presentar as solicitudes será de 15 días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Cuarto. Documentación complementaria no caso de precisar apoio para realizar un curso presencial por mor dunha discapacidade

1. De precisar apoio para realizar un curso presencial por mor dunha discapacidade, as persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

– Copia do certificado de discapacidade expedido por unha Administración distinta da da Comunidade Autónoma de Galicia, se é o caso.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recabados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

2. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.

Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

Quinto. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante.

b) Certificado de residencia con data da última variación padroal da persoa residente en Galicia que solicita un curso en liña de Celga 2, Celga 3 ou Celga 4.

Se se solicita un curso presencial, consultaranse ademais os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:

– Certificado de discapacidade expedido pola Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Sexto. Publicación do alumnado seleccionado

1. A Secretaría Xeral de Política Lingüística publicará na súa páxina web (http://www.lingua.gal) unha relación das persoas seleccionadas para participar en cada curso, así como un número adecuado de reservas, de acordo co disposto no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

O prazo de presentación de alegacións será de cinco días naturais desde a súa publicación. Entenderase que as persoas que non figuren na relación é porque ocupan un posto máis afastado na listaxe de agarda ou ben porque foron excluídas por incumpliren os requisitos establecidos ou achegaren as solicitudes fóra de prazo.

2. Transcorrido o prazo de alegacións, a Secretaría Xeral de Política Lingüística publicará na súa páxina web (http://www.lingua.gal) a listaxe definitiva de persoas admitidas nos cursos.

Sétimo. Asignación das prazas

1. Todos os cursos terán un número mínimo de 15 participantes e un número máximo de 30, agás os cursos do Celga 1, que terán un número máximo de 50 participantes.

A Secretaría Xeral de Política Lingüística poderá autorizar expresamente a realización de cursos que non acaden o número mínimo de participantes. Así mesmo, poderá realizar máis dunha edición do curso ou cursos que teñan unha demanda moi superior ao número máximo de participantes.

Se un curso ten máis solicitantes ca prazas dispoñibles, a asignación farase por orde de entrada das solicitudes. No caso de que entren varias ao mesmo tempo, utilizarase o criterio da orde alfabética.

Se un curso en liña ten menos de 30 solicitantes e outros cursos do mesmo nivel teñen máis de 30, levarase a cabo unha redistribución das persoas solicitantes segundo a orde de entrada.

2. Se as circunstancias excepcionais relacionadas coa pandemia provocada pola COVID-19 impedisen a impartición dos cursos presenciais, a Secretaría Xeral de Política Lingüística poderá substituílos por cursos en liña.

Oitavo. Asistencia

1. Nos cursos presenciais, o profesorado levará un control da asistencia do alumnado. Se durante os dous primeiros días do curso as persoas inscritas se dan de baixa ou non asisten, esas prazas deberán ofrecérselles, por orde, ás persoas solicitantes que figuren na lista de espera ata completar, se é posible, o número máximo de prazas ofertadas. Para estes efectos, o terceiro día do curso, o profesorado deberalle remitir ao gabinete provincial de normalización lingüística a listaxe definitiva de asistentes.

No caso de que algunha das persoas asistentes altere o normal desenvolvemento do curso, a Secretaría Xeral de Política Lingüística, tras recibir o informe correspondente do profesorado e darlle audiencia á persoa interesada, poderá proceder á súa expulsión.

2. Nos cursos en liña, as persoas inscritas serán dadas de baixa se durante os tres primeiros días do curso non acceden á plataforma e se durante a primeira semana non realizan a maioría das tarefas da primeira unidade didáctica.

Noveno. Duración

Con carácter xeral, cada curso terá unha duración de 70 horas lectivas. Nos cursos presenciais, estas distribuiranse en sesións de dúas horas e media, de luns a xoves. No caso de suspenderse algunha sesión por coincidir cunha festividade local ou por outra circunstancia, esta recuperarase ao longo do curso.

Décimo. Contido

Os cursos axustaranse aos obxectivos, ao programa e ao contido curricular establecidos para cada un dos niveis Celga sinalados na Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (Celga).

Todas as actividades que se realicen nestes cursos faranse en galego e ateranse, no referente á normativa e ao uso correcto do idioma, ao establecido pola Real Academia Galega na sesión plenaria do 12 de xullo de 2003, de conformidade coa disposición adicional da Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística. Do mesmo xeito, coidarase especialmente o respecto rigoroso da toponimia oficial nos termos previstos no artigo 10 da citada lei.

A realización dos cursos non dará dereito a ningún tipo de certificación, pois trátase de cursos de carácter preparatorio das probas conducentes á obtención dos certificados de lingua galega (Celga).

Décimo primeiro. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse preferentemente por medios electrónicos e, en todo caso, cando as persoas interesadas resulten obrigadas a recibilas por esta vía. As persoas interesadas que non estean obrigadas a recibir notificacións electrónicas poderán decidir e comunicar en calquera momento que as notificacións sucesivas se practiquen ou deixen de practicar por medios electrónicos.

2. A persoa interesada deberá manifestar expresamente a modalidade escollida para a notificación (electrónica ou en papel) no formulario. No caso de optar pola notificación en papel practicarase a notificación segundo o establecido na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

3. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificacións electrónicas de Galicia, Notifica.gal. Este sistema remitiralles ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

No caso de persoas interesadas obrigadas a recibir notificacións só por medios electrónicos deberán optar en todo caso, no formulario, pola notificación por medios electrónicos, sen que sexa válida, nin produza efectos no procedemento, unha opción diferente.

4. As notificacións por medios electrónicos entenderanse practicadas no momento no que se produza o acceso ao seu contido. Cando a notificación por medios electrónicos sexa de carácter obrigatorio, ou fose expresamente elixida pola persoa interesada, entenderase rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non fose posible por problemas técnicos, practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Décimo segundo. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

A sede electrónica da Xunta de Galicia permítelles ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica tamén poderán realizarse os ditos trámites presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Décimo terceiro. Recursos contra a resolución de convocatoria dos cursos

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, todas as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Universidade no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o previsto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2021

Valentín García Gómez
Secretario xeral de Política Lingüística

missing image file
missing image file

ANEXO II

Programación de cursos Celga presenciais

Provincia da Coruña.

Localidade

Celga 3

Celga 4

Coruña, A

Código: CL420211503001

Lugar: Escola Oficial de Idiomas da Coruña

Rúa Educación, s/n

Datas: do 15.3.2021 ao 6.5.2021

Horario: de luns a xoves, das 18.30 ás 21.00 h

Ferrol

Código: CL420211503601

Lugar: IES Concepción Arenal

Rúa Cuntis, s/n

Datas: do 15.3.2021 ao 6.5.2021

Horario: de luns a xoves, das 18.30 ás 21.00 h

Santiago de Compostela

Código: CL420211507801

Lugar: IES Arcebispo Xelmírez I

Rúa Poza de Bar, s/n

Datas: do 15.3.2021 ao 6.5.2021

Horario: de luns a xoves, das 19.00 ás 21.30 h

Provincia de Lugo.

Localidade

Celga 3

Celga 4

Lugo

Código: CL320212702801

Lugar: edificio administrativo Multiúsos

Rolda da Muralla, 70

Datas: do 15.3.2021 ao 6.5.2021

Horario: de luns a xoves, das 18.00 ás 20.30 h

Provincia de Pontevedra.

Localidade

Celga 3

Celga 4

Pontevedra

Código: CL320213603801

Lugar: IES Frei Martín Sarmiento

Avenida de Vigo, 23

Datas: do 15.3.2021 ao 6.5.2021

Horario: de luns a xoves, das 19.00 ás 21.30 h

Vigo

Código: CL420213605701

Lugar: IES Ricardo Mella

Estrada Vella de Madrid, 177

Datas: do 15.3.2021 ao 6.5.2021

Horario: de luns a xoves, das 19.00 ás 21.30 h

ANEXO III

Programación de cursos Celga en liña

Cursos Celga 1.

Código

Datas

CL12021SA-1

Do 15.3.2021 ao 6.5.2021

CL12021SA-2

Do 15.3.2021 ao 6.5.2021

CL12021SA-3

Do 15.3.2021 ao 6.5.2021

Cursos Celga 2.

Ámbito xeográfico

Código

Datas

Provincia da Coruña

CL22021CO-1

Do 15.3.2021 ao 6.5.2021

Provincia de Lugo

CL22021LU-1

Do 15.3.2021 ao 6.5.2021

Provincia de Ourense

CL22021OU-1

Do 15.3.2021 ao 6.5.2021

Provincia de Pontevedra

CL22021PO-1

Do 15.3.2021 ao 6.5.2021

Resto

CL22021EX-1

Do 15.3.2021 ao 6.5.2021

Cursos Celga 3.

Ámbito xeográfico

Código

Datas

Provincia da Coruña

CL32021CO-1

Do 15.3.2021 ao 6.5.2021

CL32021CO-2

Do 15.3.2021 ao 6.5.2021

Provincia de Lugo

CL32021LU-1

Do 15.3.2021 ao 6.5.2021

Provincia de Ourense

CL32021OU-1

Do 15.3.2021 ao 6.5.2021

Provincia de Pontevedra

CL32021PO-1

Do 15.3.2021 ao 6.5.2021

Resto

CL32021EX-1

Do 15.3.2021 ao 6.5.2021

Cursos Celga 4.

Ámbito xeográfico

Código

Datas

Provincia da Coruña

CL42021CO-1

Do 15.3.2021 ao 6.5.2021

CL42021CO-2

Do 15.3.2021 ao 6.5.2021

CL42021CO-3

Do 15.3.2021 ao 6.5.2021

CL42021CO-4

Do 15.3.2021 ao 6.5.2021

CL42021CO-5

Do 15.3.2021 ao 6.5.2021

Provincia de Lugo

CL42021LU-1

Do 15.3.2021 ao 6.5.2021

CL42021LU-2

Do 15.3.2021 ao 6.5.2021

Provincia de Ourense

CL42021OU-1

Do 15.3.2021 ao 6.5.2021

CL42021OU-2

Do 15.3.2021 ao 6.5.2021

Provincia de Pontevedra

CL42021PO-1

Do 15.3.2021 ao 6.5.2021

CL42021PO-2

Do 15.3.2021 ao 6.5.2021

Resto

CL42021EX-1

Do 15.3.2021 ao 6.5.2021

CL42021EX-2

Do 15.3.2021 ao 6.5.2021