Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 3 de febreiro de 2021 Páx. 6793

III. Outras disposicións

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 2021, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras e se procede á convocatoria de duascentas (200) bolsas de excelencia para a mocidade do exterior (BEME), co fin de cursar estudos de máster que se inicien no curso 2021/22 nunha universidade galega (código de procedemento PR911A).

A Secretaría Xeral da Emigración é o órgano superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia ao cal lle corresponden, entre outras, as competencias en materia de desenvolvemento da Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade, así como as políticas de emigración e retorno en Galicia, segundo o establecido no artigo 4 do Decreto 76/2017, do 28 de xullo, de estrutura orgánica dos órganos superiores e de dirección dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia.

Así mesmo, a disposición adicional segunda do dito decreto desconcentra na persoa titular da Secretaría Xeral da Emigración a competencia para a aprobación das bases, a convocatoria e a resolución das axudas e subvencións do seu respectivo ámbito de competencia.

O Estatuto de autonomía de Galicia, nos seus artigos 1.2 e 4.3, establece que a Comunidade Autónoma asume como tarefa principal a defensa da identidade de Galicia e a promoción da solidariedade entre todos os integrantes do pobo galego, configurando como un principio reitor da súa política social e económica facer efectivo o dereito das persoas galegas a vivir e traballar na súa propia terra.

A Estratexia Retorna aprobada polo Consello da Xunta de Galicia inclúe medidas tanto específicas como transversais, destinadas, por un lado, a rexuvenecer a poboación galega e contribuír a superar a crise demográfica que atravesa a comunidade, e, por outro, facilitar o dereito dos emigrantes galegos e mais os seus descendentes a regresar a Galicia.

Dentro destas medidas da Estratexia Retorna recóllese como un dos obxectivos incentivar o retorno dos galegos do exterior favorecendo a súa incorporación ao Sistema universitario de Galicia.

Con este programa de bolsas, a Secretaría Xeral da Emigración oferta ás persoas galegas universitarias residentes no estranxeiro, a posibilidade de adquirir unha especialización académica de máster nunha universidade galega, coa finalidade de que amplíen a súa formación e adquiran competencias e habilidades que favorezan a súa inserción laboral e futuro profesional en Galicia con maiores garantías de éxito.

Os másteres ofertados intégranse nas áreas de Arte e Humanidades, Ciencias, Ciencias da Saúde, Ciencias Sociais e Xurídicas e Enxeñaría e Arquitectura; seleccionáronse en función das posibilidades dunha maior empregabilidade e son de interese para o desenvolvemento do sector produtivo industrial, de servizos así como o da información e coñecemento de Galicia.

A través deste programa preténdese tamén que a sociedade galega se enriqueza cos coñecementos e experiencias profesionais internacionais que acheguen estes/as galegos/as con formación universitaria, que residiron ou naceron no estranxeiro, e que agora retornan a Galicia, ao mesmo tempo que se reforza a súa vinculación con esta comunidade autónoma.

Estas bolsas constitúen unha axuda económica para a realización destes estudos de máster en Galicia cunha duración dun curso académico (60-72 créditos ECTS) ou dun curso e medio (90 créditos ECTS). Os importes fixáronse en función dos gastos que deberán afrontar as persoas bolseiras para poder acadar os obxectivos das bolsas, tendo en conta os gastos de desprazamento desde o seu país de residencia, as taxas administrativas e académicas de matrícula na universidade, así como o custo do aloxamento e manutención.

A crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 afecta todos os países e está provocando un empeoramento da situación económica e laboral a nivel xeral, cunha maior incidencia naquelas persoas do colectivo emigrante que non contan cunha rede de apoio familiar no seu pais de residencia. Co obxecto de intensificar as medidas que favorezan o retorno dos emigrantes galegos a Galicia e retomen o seu futuro profesional nesta comunidade autónoma, este programa incrementa a convocatoria deste ano en 50 bolsas máis financiadas co Fondo COVID-19 e nas cales se dará prioridade as persoas emigrantes nacidas en Galicia no baremo.

Para o desenvolvemento deste programa é primordial contar coa colaboración da Secretaría Xeral de Universidades da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, así como das tres universidades galegas da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, mediante a súa participación na selección das persoas beneficiarias a través da súa presenza na Comisión de Valoración dos expedientes.

Para a avaliación da nota media dos expedientes académicos universitarios das titulacións obtidas en centros estranxeiros, aplicarase o establecido na Resolución do 18 de setembro de 2017, da Secretaría Xeral de Universidades do Ministerio de Educación e Formación Profesional de España, pola cal se actualiza a relación de escalas de cualificación dos estudos ou títulos universitarios estranxeiros e as equivalencias ao sistema de cualificación das universidades españolas, publicadas mediante as resolucións do 21 de marzo e do 20 de xuño de 2016.

Por outra banda, dado que as persoas destinatarias das bolsas residen no estranxeiro e teñen que organizar o seu traslado a Galicia con antelación suficiente, co fin de que coñezan canto antes a súa concesión, prevese a tramitación do procedemento de concesión das bolsas pola vía de urxencia, polo que se reducen á metade cinco (5) días os prazos.

En virtude do exposto, no exercicio das competencias atribuídas no Decreto 76/2017, do 28 de xullo, e de conformidade co disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da referida Lei 9/2007, nos preceptos básicos da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, na Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, e demais normativa de aplicación,

RESOLVO:

Artigo 1. Obxecto e réxime das axudas

1. Esta resolución ten por obxecto establecer as bases que regularán o procedemento de concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de duascentas (200) bolsas de excelencia para a mocidade do exterior, co fin de cursar determinados estudos de máster que se inicien no curso 2021/22 nunha universidade galega, condicionada aos límites de financiamento.

2. Os másteres universitarios ofertados para os cales se concederán as bolsas son só os sinalados na lista do anexo I desta resolución, onde se recolle a universidade galega e o campus en que se imparten, así como o número de créditos ECTS de cada un deles.

3. Para a concesión destas bolsas é necesario que se acredite de xeito previo estar matriculado/a nun máster dos sinalados na dita lista do anexo I, nun mínimo de 60 créditos ECTS e modalidade presencial ou semipresencial.

No caso de que algún dos másteres ofertados sexa anulado pola universidade, quedaría excluído da oferta desta convocatoria de bolsas.

4. Este procedemento habilitarase na Guía de procedementos e servizos co código PR911A.

Artigo 2. Financiamento

1. Esta convocatoria terá carácter plurianual e para a concesión destas subvencións destinaranse os seguintes importes:

– 1.470.000 € con cargo á aplicación orzamentaria 04.30.312C.480.3 –bolsas excelencia mocidade exterior– dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2021 e 2022, por importe de 750.000 € para a anualidade 2021 e 720.000 € para a anualidade 2022.

– 250.000 € con cargo á aplicación orzamentaria 04.30.312C.480.3 Fondo COVID-19 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para a anualidade 2021.

A concesión destas subvencións quedará condicionada aos ditos límites orzamentarios.

2. Este importe poderá ser ampliado nos casos establecidos no artigo 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento, en función das maiores dispoñibilidades orzamentarias que se poidan producir na devandita aplicación.

3. Este expediente tramítase ao abeiro do artigo 25.1.a) do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, como expediente anticipado de gasto, posto que existe crédito suficiente previsto no proxecto de orzamentos da comunidade autónoma para o exercicio 2021. Na súa virtude, e de conformidade co establecido na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 11 de febreiro de 1998, modificada polas ordes do 27 de novembro de 2000 e do 25 de outubro de 2001, a concesión das subvencións queda condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente na Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021.

Artigo 3. Persoas beneficiarias

1. Poderán solicitar estas axudas os/as cidadáns/ás galegos/as residentes no estranxeiro cunha titulación universitaria de grao, licenciado/a, arquitecto/a, enxeñeiro/a, diplomado/a, arquitecto/a técnico/a ou enxeñeiro/a técnico/a.

2. Quedan excluídas desta convocatoria, as persoas que xa fosen beneficiarias e desfrutasen desta bolsa en anteriores convocatorias, así como aquelas persoas beneficiaras que causasen baixa ou renunciasen a ela, sempre que o fixesen nun momento que imposibilitase cubrir a súa baixa cunha persoa da lista de suplentes.

Artigo 4. Requisitos

1. Requisitos que se deberán cumprir e acreditar no momento da presentación da solicitude:

a) Ser menor de 40 anos.

b) Estar en posesión da nacionalidade española.

c) Residir fóra de España.

d) Acreditar un mínimo de dous anos de residencia fóra de España inmediatamente anteriores á data da presentación da solicitude.

e) Estar vinculado a Galicia dalgún destes xeitos:

e.1. Ser emigrante nacido/a en Galicia.

e.2. Ter residido en Galicia de forma continuada durante dez (10) anos con nacionalidade española antes de emigrar.

e.3. Ser descendente por consanguinidade dun emigrante nacido/a en Galicia ou dun emigrante que residise en Galicia de forma continuada durante dez (10) anos con nacionalidade española antes de emigrar, sempre que a persoa solicitante nacese no estranxeiro.

f) Ter rematado e estar en posesión dalgunha titulación universitaria de grao, arquitecto/a, enxeñeiro/a, licenciado/a, arquitecto/a técnico/a, diplomado/a, enxeñeiro/a técnico/a ou outra declarada equivalente de forma expresa, que dea acceso a un máster universitario.

g) No caso das persoas nacidas no estranxeiro, estar vinculadas a un concello galego. Este requisito poderase acreditar con posterioridade, pero sempre antes de que remate o prazo de emenda de documentación preceptiva.

2. Requisito que se deberá cumprir e acreditar con carácter previo á concesión da bolsa:

– Estar matriculado/a no curso 2021/22 nun máster universitario dos ofertados nesta convocatoria e sinalados no anexo I desta resolución, dun mínimo de 60 créditos ECTS na modalidade presencial ou semipresencial. Para os másteres cunha duración total de 90 créditos ECTS, a matrícula dos 30 créditos ECTS restantes, correspondentes ao curso 2022/23, realizarase e acreditarase no mes de setembro do ano 2022.

Para poderen acreditar o requisito sinalado no parágrafo anterior, de estar matriculado/a no curso 2021/22 nun máster universitario, as persoas solicitantes deben realizar con anterioridade o proceso de solicitude de admisión nun ou en varios másteres dos ofertados nesta convocatoria, nas universidades galegas que prefiran, coa antelación necesaria para poderen presentar o xustificante de matrícula. Cada universidade establece diferentes prazos de admisión e deben estar en contacto directo con elas para informarse dos programas de máster da súa área de interese, así como dos requisitos e da documentación que deben presentar.

Para estes efectos, para ser admitido/a nunha universidade, no caso de títulos estranxeiros de estudos de países alleos ao Espazo Europeo de Educación Superior (EEES), deberase tramitar a solicitude de equivalencia na universidade galega onde se pretenda cursar o máster. Non será necesario no caso de que o título estea xa homologado a un título universitario oficial español ou a outro expedido por unha institución de educación superior pertencente a outro estado membro do EEES e que faculten para o acceso a estudos de máster.

Esta admisión por parte das universidades non implicará, en ningún caso, a homologación do título estranxeiro de que estea en posesión a persoa interesada nin o seu recoñecemento para outros efectos que non sexan os de cursar os estudos de máster.

Artigo 5. Período de desfrute

As bolsas terán a duración correspondente aos cursos académicos necesarios para a realización da totalidade dos créditos de que conste o máster:

– Os másteres de 60 ou 72 créditos ECTS, que equivalen a un curso académico, o período de desfrute será o curso académico 2021/22.

– Os másteres de 90 créditos ECTS, que equivalen a un curso académico e medio, o período de desfrute será, ademais do sinalado no parágrafo anterior, o curso académico 2022/23.

O desfrute da bolsa estará condicionado a que se imparta o título oficial de máster para o cal se realizou a matrícula.

Artigo 6. Dotación e compatibilidade

1. A dotación total da bolsa para a realización do máster nunha universidade galega será a seguinte, segundo a súa duración e o país de procedencia do solicitante:

Dotación total da bolsa

Nº créditos ECTS

Nº cursos

Europa

Resto países

60-72

1

7.000 €

7.650 €

90

1,5

10.500 €

11.475 €

2. Coa contía asignada, o/a beneficiario/a deberá afrontar todos os gastos que se xeren para poder realizar o máster. En concreto:

a) Gastos de preinscrición, administrativos e de matrícula na universidade.

b) Viaxe desde o seu país de procedencia.

c) Aloxamento e manutención en Galicia.

d) Subscrición dun seguro médico, de ser o caso.

3. Esta bolsa é incompatible con calquera outra bolsa ou axuda financiada por calquera Administración, institución ou ente público para cursar estudos de máster. Tamén é incompatible coas bolsas para a mocidade do exterior, co fin de cursar estudos de formación profesional de grao superior en Galicia, da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Artigo 7. Forma e lugar de presentación das solicitudes

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado, que figura como anexo II desta resolución a título informativo, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Dada a súa condición de titulados universitarios e as especiais circunstancias que poderían presentarse nos países en que residen, establécese a obrigatoriedade de relacionarse exclusivamente por medios electrónicos para a tramitación deste procedemento de conformidade co establecido no artigo 10.2 e 10.3 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia.

As persoas solicitantes deberán cubrir os campos do formulario que figuren na aplicación informática cos datos de identidade da documentación española e incorporar os documentos requiridos no artigo 9 desta resolución. Rematado este proceso, deberán confirmar a solicitude, que comportará a súa presentación e procederase á anotación dunha entrada no Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia. Unha vez confirmada a solicitude, non poderán ser modificados ningún dos datos cubertos no formulario. Non se terán en conta aquelas solicitudes formalizadas por vía telemática que non completen o proceso de presentación establecido e obteñan o xustificante de solicitude, que deberá conservar a persoa solicitante para acreditar, no caso de que resulte necesario, a presentación da súa solicitude no prazo e forma establecidos.

2. Dentro deste formulario, deberán cubrir:

a) A declaración do máster ou másteres e universidades correspondentes en que solicitou ou vai solicitar a súa admisión dos ofertados nesta convocatoria.

b) A memoria de motivación para realizar un máster en Galicia, importancia para á súa propia especialización académica e interese de desenvolver a súa carreira profesional nesta comunidade autónoma.

3. As persoas solicitantes residentes en Cuba e que así o desexen poderanse dirixir á Federación de Sociedades Galegas na Habana, na cal existen persoas habilitadas para o efecto, para a presentación electrónica das súas solicitudes.

A utilización desta vía requirirá unha autorización que a persoa solicitante outorga á persoa responsable da entidade colaboradora para que remita a súa solicitude vía electrónica, incluída no formulario de solicitude (anexo II).

4. A presentación da solicitude da bolsa implicará a aceptación do disposto na presente resolución e responsabilizarase, de acordo co establecido no artigo 28.7 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, da veracidade dos documentos presentados; será unha infracción grave falsear calquera das condicións requiridas para a obtención da subvención solicitada, de acordo co artigo 37.1 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

5. Para calquera información adicional, os/as interesados/as poderanse dirixir ao correo electrónico: retorno.emigracion@xunta.gal.

Artigo 8. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes comezará a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e finalizará o día 30 de abril de 2021, ás 23.59 horas (hora peninsular española).

Artigo 9. Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento

1. As persoas interesadas deberán presentar vía electrónica xunto coa solicitude a seguinte documentación:

a) Pasaporte ou outro documento acreditativo da identidade e nacionalidade española para as persoas solicitantes que non teñan DNI (documento nacional de identidade español).

b) Documentación acreditativa da residencia actual fóra de España.

c) Documentación xustificativa de ter residido fóra de España durante un mínimo de dous anos inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude.

d) Documentación acreditativa da súa vinculación con Galicia, segundo o caso:

d.1. Persoas nacidas en Galicia: pasaporte ou certificado de nacemento en Galicia.

d.2. Persoas que residiron en Galicia de forma continuada durante dez (10) anos con nacionalidade española antes de emigrar: histórico do padrón municipal do/dos concello/s galego/s e documentación que acredite a data da emigración.

d.3. Descendentes de persoas nacidas en Galicia: certificados de nacemento ou libro de familia que acrediten toda a liña de parentesco por consanguinidade, desde a persoa emigrante nacida en Galicia ata o nacemento da persoa solicitante.

d.4. Descendentes de persoas que residiron en Galicia de forma continuada durante dez (10) anos con nacionalidade española antes de emigrar: histórico do padrón municipal do/dos concello/s galego/s da persoa que emigrou e residiu en Galicia, documentación que acredite a data da emigración e certificados de nacemento ou libro de familia que acrediten toda a liña de parentesco por consanguinidade, desde a persoa que emigrou e residiu en Galicia ata o nacemento da persoa solicitante.

e) Para as persoas solicitantes nacidas no estranxeiro: certificado de inscrición no padrón de españois residentes no estranxeiro (PERE) ou, na súa falta, calquera outra documentación acreditativa da súa vinculación cun concello galego.

f) Título universitario que dea acceso ao máster ou documentación que acredite que o título está en trámite.

g) Certificado do expediente académico de finalización de estudos universitarios ou histórico escolar:

g.1. No caso de titulacións españolas, deben presentar o certificado do expediente académico do título universitario realizado no cal conste a nota media na escala numérica de 0-10.

g.2. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deben presentar:

g.2.1. Certificado do expediente académico ou histórico escolar en que conste a nota mínima aprobatoria nesa titulación, o réxime ou escala de cualificacións, así como as materias cursadas na totalidade dos cursos coas cualificacións obtidas, especificando, se for o caso, o número de créditos de cada materia.

g.2.2. Documento de declaración de equivalencia das notas medias de estudos e títulos universitarios realizados no estranxeiro aos correspondentes españois, que se realizará en liña a través da sede electrónica do Ministerio de Educación e Formación Profesional de España.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

4. A Secretaría Xeral da Emigración poderá requirir calquera outra documentación ou dato adicional que considere necesario para completar o expediente ou para unha mellor valoración del.

5. Todos os documentos que se acheguen deberán ser oficiais e estar expedidos polas autoridades competentes, de acordo co ordenamento xurídico do país de que se trate. Cando os documentos achegados ao expediente polas persoas solicitantes estean nun idioma distinto do galego ou do español, deberase presentar tradución deles en calquera destes idiomas.

Artigo 10. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

– DNI da persoa solicitante, de ser o caso.

2. Así mesmo, para a tramitación e resolución deste procedemento, os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás universidades do Sistema universitario galego (SUG):

– Expediente académico coas cualificacións obtidas no máster universitario.

– Xustificante da matrícula no máster e aboamento dos prezos públicos.

3. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar o documento.

4. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación do documento correspondente.

Artigo 11. Publicación dos actos

Publicaranse no Diario Oficial de Galicia (DOG), de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a resolución pola cal se resolve a convocatoria destas bolsas coas listas de persoas beneficiarias, suplentes, así como a lista de solicitudes denegadas.

Así mesmo, serán igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web da Secretaría Xeral da Emigración (http://www.emigracion.xunta.gal) as seguintes listas: as listas provisionais de solicitudes admitidas e excluídas, a lista de emenda da declaración de equivalencia, as listas provisionais de persoas candidatas á bolsa, suplentes e excluídos, as listas definitivas de persoas candidatas á bolsa, suplentes e excluídos, así como as listas de persoas beneficiarias das bolsas, suplentes e de solicitudes denegadas.

Estas publicacións tanto no DOG como na páxina web da Secretaría Xeral da Emigración producirán efectos de notificación aos interesados.

Artigo 12. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

A realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio realizarase de xeito electrónico a través da aplicación accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.

Para a achega voluntaria de documentación poderase utilizar o modelo do anexo III.

Artigo 13. Órganos competentes e instrución do procedemento

1. A Subdirección Xeral de Xestión Económico-Administrativa e do Retorno será o órgano competente para a instrución do procedemento de concesión das bolsas e corresponde ao secretario xeral da Emigración ditar a correspondente resolución.

2. Finalizado o prazo de presentación de solicitudes e unha vez examinadas estas e a documentación complementaria, a Secretaría Xeral da Emigración publicará as listas provisionais de solicitudes admitidas e as excluídas, con indicación da causa de exclusión.

3. As persoas excluídas disporán dun prazo de cinco (5) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao desta publicación na páxina web, para emendaren a falta ou achegaren os documentos preceptivos, para o cal se poderá utilizar o modelo do anexo IV . Transcorrido este prazo sen que se emenden os erros ou se achegue a documentación preceptiva, considerarase que a persoa interesada desiste da súa petición, nos termos e condicións establecidos no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Artigo 14. Comisión de Valoración

1. A Comisión de Valoración será o órgano colexiado encargado de avaliar as solicitudes que cumpran os requisitos establecidos na convocatoria, de acordo cos criterios obxectivos fixados no seguinte artigo.

2. A composición da Comisión de Valoración será a seguinte:

a) Presidencia: a persoa titular da Subdirección Xeral de Xestión Económico-Administrativa e do Retorno ou persoa que designe.

b) Vogais:

– A persoa titular da Subdirección Xeral de Universidades da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, ou persoa que designe.

– Os/as vicerreitores/as das tres universidades galegas competentes na materia ou persoas que designen.

– Un/unha funcionario/a ou persoal laboral da Secretaría Xeral da Emigración.

c) Secretaría: un/unha funcionario/a ou persoal laboral da Secretaría Xeral da Emigración.

3. A Comisión de Valoración constituirase na sede da Secretaría Xeral da Emigración. O seu funcionamento rexerase polo disposto na sección 3ª, do capítulo I do título I da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral do sector público autonómico de Galicia.

4. Todos os membros terán dereito a voto.

Artigo 15. Criterios de avaliación e procedemento de selección

1. Para a concesión das bolsas realizarase unha comparación entre as solicitudes presentadas que cumpran os requisitos establecidos na convocatoria e establecerase unha prelación entre elas de acordo cos criterios de valoración que se determinan a seguir.

2. A Comisión de Valoración examinará as solicitudes presentadas e avaliará os méritos acreditados documentalmente. A puntuación máxima será de 25 puntos conforme o seguinte baremo:

a) Nota media do expediente académico na escala numérica de 0-10 do título universitario que dá acceso ao máster: ata 20 puntos.

b) Vinculación con Galicia: ata 5 puntos.

b.1. Nacido/a en Galicia ou que residise en Galicia de forma continuada durante dez (10) anos con nacionalidade española antes de emigrar: 5 puntos.

b.2. Fillos/as dos sinalados no punto anterior: 2 puntos.

b.3. Netos/as, bisnetos/as e demais descendentes das persoas sinaladas no punto b.1 anterior: 1 punto.

3. Para a verificación da declaración de equivalencia da nota media de estudos e títulos universitarios realizados no estranxeiro aos correspondentes españois, a Secretaría Xeral da Emigración poderá designar unha subcomisión como órgano asesor técnico que comprobará e revisará os datos consignados na declaración cos do expediente académico.

Nos casos de que existan contradicións, esta subcomisión recalculará de oficio a declaración efectuada, seguindo, en todo caso, as instrucións establecidas na Resolución do 18 de setembro de 2017, da Secretaría Xeral de Universidades do Ministerio de Educación e Formación Profesional de España. Así mesmo, validará aquelas declaracións de equivalencia que xa fosen verificadas ou recalculadas por outras subcomisións establecidas para o efecto en anos anteriores nesta convocatoria de bolsas, sen que neste caso caiba reclamación á nota media que resultase.

No caso de que falte documentación necesaria para a verificación da declaración de equivalencia, poderase requirir documentación adicional ou aclaracións en relación cos méritos presentados, mediante a publicación a través da páxina web da Secretaría Xeral da Emigración, para que no prazo de cinco (5) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación, acheguen a documentación necesaria ou realicen as aclaracións oportunas. Transcorrido este prazo sen que acheguen a documentación necesaria ou realicen as aclaracións, a nota media equivalente á española que outorgará a subcomisión será de cinco (5) puntos.

Unha vez rematadas estas tarefas de comprobación e de recálculo, a subcomisión realizará unha proposta que elevará á comisión de valoración co resultado desta verificación, que será vinculante tanto na validez da titulación que dea acceso ao máster, como na nota media resultante da verificación ou recálculo da declaración de equivalencia efectuada.

4. Á vista, de ser o caso, da proposta da subcomisión de valoración da verificación das notas medias e unha vez avaliados o resto dos méritos acreditados documentalmente, a Comisión de Valoración emitirá un informe no cal se concretará o resultado da avaliación efectuada establecendo unha orde das persoas solicitantes segundo as puntuacións outorgadas. Para o caso de empate na puntuación obtida, daráselle prioridade a quen teña unha nota media máis alta no expediente académico, en segundo lugar á maior vinculación con Galicia e, en terceiro lugar, á maior idade da persoa solicitante.

O informe emitido pola comisión recollerá unha lista cun máximo de 300 persoas solicitantes que quedasen clasificadas nas primeiras posicións e que continúan no proceso de selección e outra lista na cal figurarán o resto das persoas solicitantes que quedan excluídas por non acadaren o número de orde que lles permita continuar no proceso de selección.

Artigo 16. Resolución

1. O órgano instrutor, á vista do expediente e do informe da Comisión Avaliadora, formulará a correspondente proposta de resolución provisional coas listas de persoas candidatas á bolsa, suplentes e excluídas que terán, de ser o caso, a seguinte distribución:

a) Lista provisional das 200 persoas que obtivesen a maior puntuación que serán propostas como candidatas á bolsa.

b) Lista provisional dun máximo das seguintes 100 persoas clasificadas que serán propostas como candidatas suplentes.

c) Lista provisional do resto de candidatos excluídos porque, cumprindo os requisitos exixidos na convocatoria, non acadaron un número de orde que lles permita continuar no proceso de selección.

d) Lista provisional de solicitantes excluídos por non acreditaren o cumprimento dos requisitos exixidos na convocatoria.

A proposta de resolución provisional notificaráselles ás persoas interesadas mediante a súa publicación na paxina web da Secretaría Xeral da Emigración, para que no prazo de cinco (5) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación, presenten as alegacións oportunas, para o cal se poderá utilizar o modelo do anexo V.

As persoas que figuran nas listas provisionais de candidatos á bolsa e na de suplentes deben realizar o trámite de preinscrición ou solicitude de admisión, no máster ou másteres do seu interese nas universidades galegas correspondentes, no prazo que establezan, para que unha vez que sexan admitidas poder matricularse nel.

2. O órgano instrutor, á vista das alegacións presentadas, formulará a correspondente proposta de resolución definitiva coas listas de persoas candidatas á bolsa, suplentes e excluídas, que terán, de ser o caso, a seguinte distribución:

a) Lista definitiva das 200 persoas que obtivesen a maior puntuación, que serán propostas como candidatas á bolsa.

b) Lista definitiva dun máximo das seguintes 100 persoas clasificadas que serán propostas como candidatas suplentes.

c) Lista definitiva do resto de candidatos excluídos porque, cumprindo os requisitos exixidos na convocatoria, non acadaron un número de orde que lles permita continuar no proceso de selección.

d) Lista definitiva de solicitantes excluídos por non acreditaren o cumprimento dos requisitos exixidos na convocatoria.

A proposta de resolución definitiva notificaráselles ás persoas interesadas mediante a súa publicación na páxina web da Secretaría Xeral da Emigración.

As persoas que figuran nas listas definitivas de candidatos e na de suplentes teñen que acreditar estar matriculadas nun máster dos recollidos no anexo I, mediante a achega do xustificante de matrícula no prazo que estableza o órgano competente unha vez que estean pechados os calendarios de matrículas das universidades. O devandito prazo será publicado na páxina web da Secretaría Xeral da Emigración.

As 200 persoas da lista definitiva de persoas candidatas, sempre que acrediten estar matriculadas nun máster dentro do prazo sinalado no parágrafo anterior, pasarían a ser beneficiarias da bolsa. Do mesmo xeito, as persoas que figuran na lista definitiva de suplentes, sempre que acrediten estar matriculadas neste mesmo prazo, poderían chegar a ser adxudicatarias da bolsa no caso de que haxa vacantes porque persoas da lista de admitidos definitiva non se matriculen ou desistan da súa solicitude de bolsa.

3. O órgano instrutor, á vista do expediente e unha vez presentados os xustificantes da matrícula nos másteres no prazo establecido, realizará unha proposta de resolución de duascentas (200) persoas que resultarían beneficiarias da bolsa e ata un máximo de trinta e cinco (35) persoas que serían suplentes, quedando o resto de persoas solicitantes excluídas, que elevará á persoa titular da Secretaría Xeral da Emigración, quen ditará a resolución co seguinte contido:

a) Lista de persoas beneficiarias das bolsas.

Formada por un máximo de duascentas (200) persoas, corresponderase con aquelas que obtivesen as maiores puntuacións e tivesen xustificada a súa matrícula nun máster dos ofertados nesta convocatoria no prazo establecido. Na dita resolución indicarase o máster que realizarán nas universidades correspondentes e os importes concedidos.

Non se poderá modificar o máster para o cal se adxudica a bolsa coa excepción do suposto previsto no artigo 19.2 desta resolución.

b) Lista de suplentes.

Formada ata un máximo das seguintes trinta e cinco (35) segundo a puntuación outorgada, que acreditasen tamén estar matriculadas nun máster para cubrir as renuncias ou baixas que puidesen producirse dalgunha persoa adxudicataria da bolsa. Neste caso, acordarase a adxudicación da bolsa ao solicitante desta lista de suplentes que lle corresponda segundo a orde de puntuación, quen, unha vez comunicada, deberá expresar no prazo de 48 horas a súa aceptación ou renuncia, transcorrido este prazo sen comunicar a aceptación entenderase que renuncia a ela.

c) Lista de solicitudes denegadas.

Formada polas persoas que non acreditaron reunir algún requisito exixido nesta convocatoria e polas que non acadaron un número de orde que lles permita formar parte das listas de persoas beneficiarias ou suplentes.

4. Non obstante o anterior, a resolución de concesión estará condicionada á existencia de crédito suficiente para os distintos exercicios orzamentarios.

5. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas afectadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o secretario xeral da Emigración no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

6. Por outra parte, de conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitiranse á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 17. Renuncia

1. A renuncia á subvención poderase facer por calquera medio que permita a súa constancia, de acordo co establecido no artigo 94 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para o cal se poderá utilizar o modelo do anexo VI.

2. No caso de que se comunicase a renuncia, o órgano competente para resolver ditará a correspondente resolución nos termos do artigo 21.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

3. No caso de que as persoas adxudicatarias renuncien á bolsa ou causen baixa por calquera outro motivo, poderán ser substituídas pola persoa seguinte en orde de puntuación que figure na lista de suplentes, sempre que a renuncia ou baixa se produza como data límite o día 15 de setembro de 2021, ás 23.59 horas (hora peninsular española). Aquelas persoas que renuncien á bolsa ou causen baixa despois desta data, non poderán ser beneficiarias destas bolsas na seguinte convocatoria.

Artigo 18. Prazo de duración do procedemento de concesión

O prazo máximo para resolver e notificar a resolución ás persoas interesadas será de seis meses, que comezará a contar desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Transcorrido o dito prazo sen que se dite resolución expresa, a solicitude poderase entender desestimada, de acordo co establecido no artigo 23.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 19. Modificación da resolución

1. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión, segundo o artigo 17.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 35 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. As persoas beneficiarias dunha bolsa poderán solicitar unha modificación da resolución de concesión e cambiar o máster para o cal se lles concedeu a bolsa, nos únicos casos en que algún máster dos ofertados nesta convocatoria de bolsas non se imparta por decisión da universidade correspondente, así como por outros motivos excepcionais que puideran producirse e que serían valorados de xeito individual polo órgano instrutor. O órgano concedente só poderá acordar esta modificación sempre que as persoas bolseiras acreditasen estar matriculadas noutro máster dos ofertados nesta convocatoria e condicionada a que exista crédito orzamentario suficiente.

3. Nos casos en que a persoa beneficiaria da bolsa, por causas excepcionais persoais ou familiares, non supere as materias que lle permita acreditar a porcentaxe de créditos exixidos para ter dereito ao segundo pagamento, o órgano concedente poderá outorgar unha ampliación de prazo ata final de curso para presentar o resultado das cualificacións académicas que acredite que superou a porcentaxe do 60 % dos créditos cursados no primeiro cuadrimestre.

Así mesmo, naqueles casos que polas mesmas causas excepcionais, a persoa beneficiaria non supere a totalidade dos créditos do máster no curso ou cursos académicos previstos nesta convocatoria, o órgano concedente poderá outorgar unha ampliación do período de desfrute co obxecto de rematar o máster.

4. O acto polo que se acorde ou denegue a modificación da resolución será ditado pola persoa titular da Secretaría Xeral da Emigración, logo da instrución do correspondente expediente, no cal se dará audiencia á persoa interesada.

Artigo 20. Xustificación e pagamento da bolsa

1. O pagamento da bolsa farase unha vez publicada a resolución de concesión das bolsas no DOG e logo da chegada a Galicia e da incorporación ás actividades do máster.

2. O aboamento realizarase en dous ou tres pagamentos en función do número de créditos de que conste o máster.

a) O aboamento da bolsa dos másteres de 60 créditos ECTS (un curso académico) realizarase en dous pagamentos:

a.1. No primeiro prazo aboarase un importe de 5.000 euros e deberase achegar como data límite o día 31 de outubro de 2021 a seguinte documentación:

– Xustificante que acredite a realización da viaxe a Galicia con posterioridade á data de presentación da solicitude.

– Certificación da conta bancaria aberta en España na cal figure como titular.

– Declaración responsable de non ter débedas pendentes coa Administración tributaria estatal e autonómica, así como coa Seguridade Social e declaración de que non ten concedidas outras bolsas ou axudas financiadas con fondos públicos, para o cal se poderá utilizar o modelo do anexo VII.

a.2. No segundo prazo aboarase o importe de 2.000 euros para persoas procedentes de Europa e 2.650 euros para o resto de países e deberase achegar como data límite o día 30 de abril de 2022 a seguinte documentación:

– Expediente académico coas cualificacións obtidas, no cal se debe acreditar que se superaron o 60 % dos créditos cursados no primeiro cuadrimestre do máster, só no caso de que o/a bolseiro/a se opoña á consulta deste dato.

No caso de que o máster non teña cualificacións cuadrimestrais e que só as teña a final de curso, achegarase un informe satisfactorio do/da coordinador/a en relación coa súa evolución e rendemento neste primeiro cuadrimestre.

– Declaración responsable de non ter débedas pendentes coa Administración tributaria estatal e autonómica, así como coa Seguridade Social, e declaración de que non ten concedidas outras bolsas ou axudas financiadas con fondos públicos, para o cal se poderá utilizar o modelo do anexo VII.

b) O aboamento da bolsa dos másteres de 90 créditos ECTS (un curso e medio académico) realizarase en tres pagamentos:

b.1. Os dous pagamentos correspondentes ao curso 2021/22 farase do mesmo xeito recollido para os másteres de 60-72 créditos ECTS (un curso académico).

b.2. O terceiro pagamento correspondente ao curso 2022/23, 30 créditos ECTS (medio curso académico), será dun importe de 3.500 euros para persoas procedentes de Europa e 3.825 euros para o resto de países. Para este terceiro pagamento deberán achegar como data límite o día 30 de outubro de 2022 a seguinte documentación:

– Xustificante que acredite a realización da matrícula no máster para os créditos do curso 2022/23, só no caso de que o/a bolseiro/a se opoña á consulta deste dato.

– Expediente académico coas cualificacións obtidas no primeiro curso do máster, no que se debe acreditar que se superaron o 80 % dos créditos cursados, só no caso de que o/a bolseiro/a se opoña á consulta deste dato.

– Declaración responsable de non ter débedas pendentes coa Administración tributaria estatal e autonómica, así como coa Seguridade Social, e declaración de que non ten concedidas outras bolsas ou axudas financiadas con fondos públicos para o cal se poderá utilizar o modelo do anexo VII.

1º pagamento

2º pagamento

3º pagamento

Total

Data límite de achega de documentación xustificativa

31.10.2021

30.4.2022

30.10.2022

Nº créditos ECTS

Europa

Resto
países

Europa

Resto
países

Europa

Resto
países

Europa

Resto
países

60-72

5.000 €

2.000 €

2.650 €

7.000 €

7.650 €

90

5.000 €

2.000 €

2.650 €

3.500 €

3.825 €

10.500 €

11.475 €

3. A falta de presentación da documentación nos prazos establecidos poderá comportar a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da bolsa, a exixencia de reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións.

Artigo 21. Obrigas das persoas beneficiarias.

As persoas beneficiarias das bolsas quedan obrigadas a:

a) Incorporarse ao máster na universidade correspondente e residir durante o curso académico completo na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Destinar a axuda á finalidade para a cal se concede, entendéndose por tal o pagamento do importe da matrícula, asistir ás actividades lectivas e non anular a matrícula.

c) Superar a totalidade dos créditos no curso ou cursos académicos para os que se concede a bolsa, excepto nos casos excepcionais en que á persoa beneficiaria se lle ampliase o período de desfrute segundo o previsto no artigo 19.3.

d) Informar sobre as súas actividades académicas achegando o expediente académico coas cualificacións obtidas ao rematar cada cuadrimestre, só no caso de que o/a bolseiro/a se opoña a esta consulta.

e) Achegar un informe do coordinador/a do máster sobre a súa evolución e rendemento ao rematar o primeiro cuadrimestre do curso.

f) Comunicar un enderezo e teléfono de contacto unha vez que residan en Galicia para os efectos de recibir notificacións, así como os cambios que se poidan producir no seu correo electrónico.

g) Comunicar por escrito á Secretaría Xeral da Emigración a renuncia á bolsa, así como calquera modificación substancial que afecte as condicións desta.

h) Abrir unha conta bancaria en España na cal figure como titular.

i) Responsabilizarse da busca de aloxamento en Galicia e da xestión da viaxe.

j) Aquelas persoas que non posúan algún tipo de cobertura sanitaria durante o tempo que dure a súa estancia en Galicia, deberán subscribir unha póliza de seguro de asistencia sanitaria privada.

k) Participar nas accións de fomento do emprego ou de inserción laboral que se desenvolvan nesta comunidade autónoma.

l) Asistir ás reunións ou actividades que organice a Secretaría Xeral da Emigración para o desenvolvemento do programa.

m) Participar nas actuacións de información e asesoramento levadas a cabo polas oficinas integrais de asesoramento e seguimento ao retorno da Secretaría Xeral da Emigración.

n) Someterse aos requisitos legais e regulamentarios que recolle a normativa xeral de aplicación ás axudas e subvencións de Galicia, en concreto ás recollidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como ás actuacións de comprobación que respecto da xestión de fondos pode efectuar o departamento que concede a subvención, ás de control financeiro que realice a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma e aos procedementos fiscalizadores do Consello de Contas e do Tribunal de Contas.

o) Comunicar á Secretaría Xeral da Emigración a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención.

p) Subministrar á Secretaría Xeral da Emigración, en virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por parte da Secretaría Xeral da Emigración das obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 22. Incumprimentos, reintegros e sancións

1. O incumprimento total ou parcial de calquera das condicións e obrigas establecidas nesta resolución e demais normas aplicables poderá constituír causa determinante de perda de dereito ou do reintegro total ou parcial das cantidades percibidas xunto cos xuros de demora que lle poidan corresponder en cada caso, en aplicación do disposto no artigo 33 e seguintes da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. De acordo co artigo 14.1.n) da Lei 9/2007, os criterios de graduación dos posibles incumprimentos para determinar a cantidade que se minorará ou reintegrará serán os seguintes:

– O incumprimento total dos fins para os cales se concede a subvención ou da obriga de xustificación dará lugar á perda do dereito ao cobramento ou, se é o caso, ao reintegro da totalidade da axuda percibida xunto cos xuros de demora que procedan de acordo co previsto no artigo 34 da Lei de subvencións de Galicia. En particular, terá a consideración de incumprimento total a non superación do 60 % dos créditos totais do máster dentro do período de desfrute da bolsa.

– Calquera outro incumprimento considerarase incumprimento parcial dos fins para os cales se concedeu a axuda e poderá dar lugar á perda do dereito ao cobramento ou, se é o caso, ao reintegro das cantidades percibidas xunto cos xuros de demora que procedan de acordo co previsto no artigo 34 da Lei de subvencións de Galicia. En particular, no caso dos beneficiarios aos cales se lles aboase a totalidade da axuda por teren superado as porcentaxes mínimas de créditos previstas no artigo 20 pero que non superaron o 100 % dos créditos do máster dentro do período de desfrute da bolsa, o importe que se reintegrará será proporcional ao número de créditos das materias non superados.

2. Procederá a devolución íntegra das cantidades percibidas cando se obteña a bolsa sen reunir os requisitos exixidos para a súa concesión ou se falseen ou oculten feitos ou datos que motivaron a súa concesión.

3. Para facer efectiva a devolución a que se refire o punto anterior, tramitarase o oportuno procedemento de reintegro, que se axustará ao previsto no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. Ás persoas beneficiarias das subvencións reguladas nesta resolución seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 23. Devolución voluntaria da bolsa

De acordo co establecido no artigo 64 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a persoa beneficiaria poderá realizar, sen o requirimento previo da Administración, a devolución total ou parcial da subvención concedida, mediante o seu ingreso na conta de Abanca ES82 2080 0300 87 3110063172, en concepto de devolución voluntaria da subvención. O importe da devolución incluirá os xuros de demora, de acordo co previsto no artigo 34 da Lei de subvencións de Galicia, ata o momento en que se produza a devolución efectiva por parte da persoa beneficiaria.

En todo caso, a persoa beneficiaria deberá presentar ante o órgano concedente copia xustificativa da devolución voluntaria realizada, en que conste a data do ingreso, o seu importe e o número do expediente e denominación da subvención concedida.

Artigo 24. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 25. Facultade de desenvolvemento

Facúltase a persoa titular da Secretaría Xeral da Emigración para que dite, no ámbito das súas competencias, as resolucións e instrucións necesarias para o desenvolvemento e cumprimento desta resolución.

Artigo 26. Recursos

Contra esta resolución cabe interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano que a ditou no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, de acordo co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2021

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración

ANEXO I

Lista de másteres ofertados

Denominación do máster

Universidade onde se imparte

Nº de créditos

ECTS

A Coruña

UDC

Santiago de Compostela

USC

Vigo

UVIGO

Campus

Campus

Campus

ARTES E HUMANIDADES

Servizos Culturais

Lugo

60

Tradución Multimedia

Vigo

60

Tradución para a Comunicación Internacional

Vigo

60

CIENCIAS

Acuicultura

A Coruña

Santiago

Vigo

90

Biodiversidade Terrestre: Caracterización, Conservación e Xestión

A Coruña

Santiago

Vigo

90

Bioloxía Mariña

A Coruña

Santiago

Vigo

90

Biotecnoloxía Avanzada

A Coruña

Vigo

90

Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria e Ambiental

Ourense

60

Ciencias, Tecnoloxías e Xestión Ambiental

A Coruña

60

Enerxías Renovables, Cambio Climático e Desenvolvemento

Santiago

90

Física

Santiago

60

Innovación en Nutrición, Seguridade e Tecnoloxía Alimentarias

Lugo

90

Investigación Química e Química Industrial

A Coruña

Santiago

Vigo

60

Matemáticas

Santiago

60

Química na Fronteira coa Bioloxía e a Ciencia de Materiais (idioma inglés)

Santiago

90

Química Orgánica

Santiago

60

Técnicas Estatísticas

A Coruña

Santiago

Vigo

90

CIENCIAS DA SAÚDE

Asistencia e Investigación Sanitaria

A Coruña

60

Atención Sanitaria, Xestión e Coidados

Santiago

60

Discapacidade e Dependencia

A Coruña

60

Investigación Biomédica

Santiago

60

Investigación e Desenvolvemento de Medicamentos

Santiago

60

Nanociencia e Nanotecnoloxía

Santiago

Vigo

60

Neurociencia

A Coruña

Santiago

Vigo

60

Nutrición

Ourense

60

Psicoxerontoloxía

Santiago

60

Xenómica e Xenética

Santiago/Lugo

Vigo

60

Xerontoloxía

A Coruña

(especialidade clínica)

Santiago (especialidade social)

90

CIENCIAS SOCIAIS E XURÍDICAS

Administración Integrada de Empresas e Responsabilidade Social Corporativa

Vigo

60

Asesoramento Xurídico Empresarial

A Coruña

90

Banca e Finanzas

A Coruña

60

Comercio Internacional

Vigo

60

Comunicación en Medios Sociais e Creación de Contidos Dixitais

Pontevedra

60

Contabilidade Superior e Auditoría de Contas

A Coruña

60

Dereito Dixital e da Intelixencia Artificial

A Coruña

60

Desenvolvemento Económico e Innovación

Santiago

60

Dirección Integrada de Proxectos (dúas especialidades: Sistemas de Información/Ocio e Deporte)

Pontevedra

60

Dirección de Actividades Educativas na Natureza

Lugo

60

Dirección de Arte en Publicidade

Pontevedra

60

Dirección de Empresas

Lugo

60

Dirección de Empresas

Santiago

60

Dirección de pemes (Pequenas e Medianas Empresas)

Vigo

60

Dirección e Administración de Empresas

A Coruña

60

Dirección e Planificación do Turismo Interior e de Saúde

Ourense

60

Dirección e Xestión Contable e Financeira

Santiago

60

Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares

A Coruña

60

Economía

A Coruña

Santiago

Vigo

60

Estudos Avanzados sobre a Linguaxe, a Comunicación e as súas Patoloxías

A Coruña

60

Finanzas

Vigo

60

Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria

A Coruña

Santiago

Pontevedra

60

Investigación en Actividade Física, Deporte e Saúde

A Coruña

Pontevedra

60

Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario

Santiago

60

Menores en Situación de Desprotección e Conflito Social

Vigo

60

Necesidades Específicas de Apoio Educativo

Pontevedra

60

Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos

A Coruña

90

Prevención de Riscos Laborais e Riscos Comúns

Ferrol

60

Produción Xornalística e Audiovisual

A Coruña

72

Psicoloxía

Santiago

90

Psicoloxía Aplicada

A Coruña

60

Psicoloxía do Traballo e as Organizacións, e Psicoloxía Xurídica-Forense

Santiago

60

Psicopedagoxía

A Coruña

60

Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas

Santiago

60

Xestión do Desenvolvemento Sostible

Vigo

60

Xestión e Dirección Laboral

Ferrol

Santiago

Vigo

60

Xestión Empresarial do Deporte

Ourense

60

Xornalismo e Comunicación: Novas Tendencias en Produción, Xestión e Difusión do Coñecemento

Santiago

60

ENXEÑARÍA E ARQUITECTURA

Bioinformática para Ciencias da Saúde

A Coruña

90

Ciberseguridade

A Coruña

Vigo

90

Computación de Altas Prestacións-High Performance Computing

A Coruña

Santiago

60

Dirección de Proxectos

Lugo

60

Dirección e Innovación da Cadea de Subministración

Vigo

60

Dirección Integrada de Proxectos (especialidade en Edificación e Desenvolvemento Territorial)

A Coruña

60

Edificación Sostible

A Coruña

60

Eficiencia e Aproveitamento Enerxético

Ferrol

72

Enerxía e Sustentabilidade

Vigo

60

Enxeñaría Ambiental

Santiago

90

Enxeñaría da Automoción

Vigo

60

Enxeñaría de Procesado de Alimentos

Lugo

90

Enxeñaría Informática

A Coruña

Ourense

90

Enxeñaría Química e Bioprocesos

Santiago

90

Industria 4.0

Vigo

60

Informática Industrial e Robótica

Ferrol

60

Matemática Industrial

A Coruña

Santiago

Vigo

90

Mecatrónica

Vigo

60

Operacións e Enxeñaría de Sistemas Aéreos non Tripulados

Lugo

Ourense

60

Prevención de Riscos Laborais

Vigo

60

Rehabilitación Arquitectónica

A Coruña

60

Tecnoloxías de Análise de Datos Masivos: Big Data

Santiago

60

Visión por Computador

A Coruña

Santiago

Vigo

90

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file