Aprobado definitivamente, en virtude do Acordo plenario do 26 de novembro de 2020, o Plan de actuación municipal fronte ao risco de inundacións de Caldas de Reis, e de conformidade co artigo 70.2 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, procedese á publicación do Acordo para a súa entrada en vigor:
Aprobación definitiva do Plan de actuación municipal fronte ao risco de inundacións.
Expediente 2027/2020.
Primeiro. Aprobar definitivamente o Plan de actuación municipal fronte ao risco de inundacións do concello de Caldas de Reis, elaborado pola empresa AXIA CG e homologado pola Comisión Técnica Permanente do Servizo de Prevención de Riscos da Consellería de Presidencia o 30 de xullo de 2020.
Segundo. Publicar anuncio deste acordo de aprobación definitiva no BOP e no DOG, no taboleiro de edictos do concello e, xunto co documento aprobado e actualizado para consulta, na sede electrónica https://caldasdereis.sedelectronica.gal, e comunicar o presente acordo á Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia, á Policía municipal, a Protección Civil e demais interesados no expediente. Un exemplar do plan aprobado para consulta pública estará á disposición de calquera persoa interesada, ademais de na sede electrónica, nos servizos técnicos municipais.
Caldas de Reis, 13 de xaneiro de 2021
Juan Manuel Rey
Alcalde presidente