Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 4 de febreiro de 2021 Páx. 7352

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 2021 pola que se autoriza a transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, das concesións administrativas e das bateas Carmen II e V.R. I.

Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión das bateas Carmen II e V.R. I e das concesións administrativas que as amparan, resulta:

a) Antecedentes de feito.

Primeiro. Mediante escrito do 5 de xaneiro de 2021, Elisa Piñeiro Fernández e José González González solicitaron autorización para a transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, das concesións administrativas e das bateas Carmen II e V.R. I.

Segundo. As persoas interesadas achegaron a documentación requirida para a tramitación.

b) Consideracións legais e técnicas.

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente, de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG núm. 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG núm. 243, do 15 de decembro); e coa Orde do 8 de setembro de 2017, de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, nas direccións xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.

Segunda. A Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia, nos seus artigos 209 e seguintes regula os pactos sucesorios como negocios mortis causa, e con forma de pactos de apartación ou de mellora.

Terceira. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, pola que se aproba o Regulamento dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, o artigo 88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa mediante pacto de mellora en pro indiviso ordinario, por metades e iguais partes, a favor de David González Piñeiro (***1264**) e María Elisa González Piñeiro (***3464**), das concesións administrativas e das bateas que se indican a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Carmen II.

Situación:

Cuadrícula nº: 7.

Polígono: E.

Distrito: Cangas (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 29.9.1967.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actuais titulares: Elisa Piñeiro Fernández (***5386**) e José González González (***3111**).

Novos titulares: David González Piñeiro (***1264**) e María Elisa González Piñeiro (***3464**).

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: V.R. I.

Situación:

Cuadrícula nº: 63.

Polígono: B.

Distrito: Redondela (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 21.9.1957.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actuais titulares: Elisa Piñeiro Fernández (***5386**) e José González González (***3111**).

Novos titulares: David González Piñeiro (***1264**) e María Elisa González Piñeiro (***3464**).

Os novos titulares da concesión subróganse nos dereitos e obrigas dos anteriores, desde o momento de formalización da compravenda en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 11 de xaneiro de 2021

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017)
A xefa territorial de Vigo
P.A. (Resolución do 17.10.2017)
Carmen de Benito Caula
Xefa do Servizo de Recursos Mariños