Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 5 de febreiro de 2021 Páx. 7429

III. Outras disposicións

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 2021 pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 2 de xuño de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións a empresas privadas que se dediquen á elaboración de rocha ornamental, en réxime de concorrencia non competitiva, para a loita contra as enfermidades profesionais, especificamente as que poidan derivar dunha exposición prolongada ao po, na Comunidade Autónoma de Galicia, e se convocan para o ano 2020 (código de procedemento IN317B).

Mediante a Orde do 2 de xuño de 2020, a Consellería de Economía, Emprego e Industria (actualmente Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación) estableceu as bases para a concesión de subvencións a empresas privadas que se dediquen á elaboración de rocha ornamental, en réxime de concorrencia non competitiva, para a loita contra as enfermidades profesionais, especificamente as que se poidan derivar dunha exposición prolongada ao po, na Comunidade Autónoma de Galicia, e convocáronse para o ano 2020.

En cumprimento do disposto no artigo 17.1.b) da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como no artigo 26 das bases reguladoras,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións indicadas no anexo, concedidas con cargo á aplicación orzamentaria 09.20.734A.770.0, ao abeiro da Orde do 2 de xuño de 2020, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións a empresas privadas que se dediquen á elaboración de rocha ornamental, en réxime de concorrencia non competitiva, para a loita contra as enfermidades profesionais, especificamente as que poidan derivar dunha exposición prolongada ao po, na Comunidade Autónoma de Galicia, e se convocan para o ano 2020 (código de procedemento IN317B).

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2021

O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación
P.D. (Orde do 10.6.2016; DOG nº 131, do 12 de xullo)
Paula Uria Traba
Directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais

ANEXO

Subvencións a empresas privadas que se dediquen á elaboración de rocha ornamental para a loita contra as enfermidades profesionais, especificamente as que poidan derivar dunha exposición prolongada ao po, na Comunidade Autónoma de Galicia

Beneficiaria

NIF

Actuación

Axuda concedida (€)

Grupimar, S.L.

B36263994

Acondicionamento da capa de rodadura das pistas interiores das naves de produción.

48.624,12

Mármoles y Granitos Valdepeñas, S.C.

J15549314

Adquisición de pulidora automática con cinta para cantos rectos, para elaboración de pedra, mármores, granitos e materiais compostos.

50.000,00

Marmolería JL Gasamáns, S.L.

B15666811

Adquisición de tres equipamentos filtrantes de ventilación asistida incorporados a un casco ou capuz, tres protectores auditivos e tres cubertas para visor.

2.100,00

Granitos Cabaleiro, S.A.

A36347581

Peche da parte superior de pulidora mediante biombos de illamento deslizantes, fabricados en aluminio e poliéster, incluíndo a incorporación do sistema Silicaproof.

21.315,00

Mármoles del Río, S.L.

B15458235

Instalación de tres ventiladores da marca Sodeca co obxectivo de ventilar o edificio industrial.

2.132,03

Empredra Mármores e Granito, S.C.

J70419973

Adquisición de tres equipamentos filtrantes de ventilación asistida incorporados a un casco ou capuz, tres protectores auditivos e tres cubertas para visor.

2.100,00

Mármoles Hércules, S.L.

B15927478

Instalación dun neutralizador de po con sistema de aire comprimido que inclúe a instalación dun sistema de auga para o ventilador do neutralizador.

7.297,49

Pedras e Mármores Portosín, S.L.

B15561970

Adquisición dunha cabina de aspiración Hidrocab-400 e adquisición dunha pulidora de cantos Starband 2.

14.752,50

Juan Pego e Hijos, S.L.

B15290216

Adquisición e instalación de tres ventiladores industriais, filtros de rizo e dous kits nebulizadores exteriores de alta presión, así como a adquisición e instalación dun toldo extensible coa finalidade de reducir a altura da nave na zona de corte e pulido.

10.771,03

Mármoles Vergara, S.L.

B36280220

Adquisición dunha cabina de aspiración con filtración mecánica en seco.

11.445,00

Granitos, Excavaciones y Construcción, S.L.

B32322448

Adquisición dunha pulidora e dunha cortadora con sistemas de captación e inxección de auga.

2.744,00

Siverio Obradoiro da Pedra, S.L.U.

B15975618

Instalación de dúas cabinas a base de cortina de auga para a succión do po.

35.777,00