Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 5 de febreiro de 2021 Páx. 7425

III. Outras disposicións

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 2021 pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 28 de maio de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións a empresas privadas, en réxime de concorrencia non competitiva, para a loita contra as enfermidades profesionais, en especial, as derivadas da exposición ao po e ao ruído, no sector mineiro en Galicia, e se convocan para o ano 2020 (código de procedemento IN317A).

Mediante a Orde do 28 de maio de 2020, a Consellería de Economía, Emprego e Industria (actualmente Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación) estableceu as bases para a concesión de subvencións a empresas privadas, en réxime de concorrencia non competitiva, para a loita contra as enfermidades profesionais, en especial, as derivadas da exposición ao po e ao ruído, no sector mineiro en Galicia, e convocáronse para o ano 2020.

En cumprimento do dispuesto no artigo 17.1.b) da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como no artigo 26 das bases reguladoras,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións indicadas no anexo, concedidas con cargo á aplicación orzamentaria 09.20.734A.770.0, ao abeiro da Orde do 28 de maio de 2020, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións a empresas privadas, en réxime de concorrencia non competitiva, para a loita contra as enfermidades profesionais, en especial as derivadas da exposición ao po e ao ruído, no sector mineiro en Galicia, e convócanse para o ano 2020 (código de procedemento IN317A).

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2021

O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación
P.D. (Orde do 10.6.2016; DOG nº 131, do 12 de julio)
Paula Uria Traba
Directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais

ANEXO

Subvencións a empresas privadas para a loita contra as enfermidades
profesionais, en especial, as derivadas da exposición ao po e ao ruído,
no sector mineiro en Galicia

Beneficiaria

NIF

Liña de axuda

Actuación

Axuda concedida (€)

Blokdegal, S.A.

A36012698

A

Substitución de martelos para sistema de perforación por vía húmida.

28.926,60

Árídos del Umia, S.A.U.

A36002558

A

Instalación de rega con programación automática.

10.876,62

Marcelino Martínez Galicia, S.L.U.

B36345874

A

Substitución dunha pa cargadora de rodas, modelo WA 600-1, por unha pa cargadora de rodas modelo WA600-6.

100.000,00

Excavaciones y Voladuras Funcasta y Martínez, S.L.

B36419539

A

Substitución dunha perforadora Tamrock Commando 300 por unha perforadora Sandvick 800, que conta con cabina protectora illada acusticamente do exterior.

72.000,00

Trisquel Granitos, S.L.

B36221547

A

Illamento das instalacións mediante: a colocación de panel de cuberta de la de rocha e cubrimento de tubos existentes na cuberta actual, colocación de panel fachada de sectorización de la de rocha, colocación de macho de albanelaría entre portas e colocación de porta cortalumes.

8.850,00

Campo Brick, S.L.

B15475635

A

Cerramento mixto con muro de formigón de 2,7 m de altura e, desde aí, ata atopar a cuberta da nave a 8 m de altura, cerramento con chapa galvanizada.

79.895,12

Pasek Minerales, S.A.U.

A70203286

A

Utilización de canóns de auga especialmente deseñados para o control do po a través dunha fina nebulización de pingas de auga que cobren grandes espazos.

22.362,40

Francisco Gómez y Cía, S.L.

B15009533

B

Substitución dos actuais equipamentos de climatización das cabinas de control de proceso, por uns equipamentos de última xeración tipo split.

1.853,81

Francisco Gómez y Cía, S.L.

B15009533

B

Substitución do actual equipamento de climatización da cabina de control de proceso por un equipamento de última xeración tipo split.

946,30

Explotaciones Gallegas, S.L.

B15410608

B

Colocación dunha cabina de control de alta gama, insonorizada e climatizada nunha zona onde o operador teña visibilidade dos muíños.

7.966,69

Prebetong Áridos, S.L.

B27705664

B

Reforma integral do interior da edificación de oficina-vestiario-comedor para illalo do po e optimizar o espazo.

7.533,95

Hormigones y Áridos La Barca, S.A.

A15052376

B

Instalación dun sistema de rega automática ao longo da pista principal, dotado cun sistema de aspersores emerxentes. Instalación dun sistema de nebulización. Capotaxe das cintas principais na zona de trituración secundaria e terciaria.

12.725,77

Prebetong Lugo, S.A.

A27003250

B

Instalación de cinco cámaras de vixilancia, unha cámara en cada unha das tolvas de produtos rematados da instalación de secundaria. Instalación na fachada dereita da sala de control dun sistema de sinais luminosos.

3.146,53

Granitos y Áridos de Atios, S.L.

B36023133

B

Construción de cabina para a implementación de centro de control e mando, con interior dotado de sistema de climatización. Execución de cadro de mando e control unificado da instalación de secundaria no interior da caseta, illamento do exterior. Instalación de sistema pechado de videocámaras.

37.665,60

Lemmar Granite, S.L.

B94148483

B

Adquisición de tres martelos pneumáticos con varridura de auga integrada.

3.150,00

Minera de Rocas, S.L.U.

B36123693

B

Adquisición dunha unidade de perforación con sistema de varredura mediante aire e auga a alta presión.

196.600,00

Áridos del Umia, S.A.U.

A36002558

B

Cerramento da estrutura da zona de secundaria.

9.455,74

Refractarios Campo, S.L.

B36023471

B

Cambio dos discos de corte con alma de aceiro a discos silenciosos con alma tipo sándwich formada por dúas láminas de aceiro no exterior e unha central dun material absorbente.

5.818,24

Canteras del Richinol, S.L.

B36166650

B

Implantación de sistema CPI con néboa seca.

49.105,00

Cobre San Rafael, S.L.

B70491121

B

Substitución da máquina de moenda por un equipo de nova tecnoloxía que emite ruído por baixo dos límites legais establecidos.

19.873,00

Cerámica Xunqueira, S.A.

A32019630

B

Renovación do sistema de rega, desde a captación no río Maceda ata o depósito na nave.

10.424,40

Cabaleiro Nogueira, S.L.

B36112290

B

Adquisición dunha perforadora hidráulica sobre eirugas marca Sandvik modelo DQ 500 Stage 5.

200.000,00

Canteras de Lalín, S.L.

B36377844

B

Deseño e obra civil para a ampliación de vestiarios. Dotación de mobiliario para garantir a separación da roupa, para o aseo e para realizar o cambio de vestiario. Instalación de lavandaría propia dotada con lavadora e secadora industrial.

32.049,42

Propetan Investment, S.L.

B83050427

B

Adquisición de cortadora de fío.

30.870,00

Pizarras Gallegas, S.A.

A32006579

B

Modificación do sistema de depuración instalado na nave existente coa instalación de 16 difusores de desprazamento de 500 m³ con regulador de caudal constante e instalación dun sistema de extracción para a sección de serradura da nave de elaboración en construción.

86.300,30

Eurobandas, S.A.

A36159135

B

Encapsulado do equipamento de calibraxe da máquina de pulir e implementación dun sistema de extracción.

8.007,86

Eurobandas, S.A.

A36159135

B

Encapsulado e implantación de extracción no equipamento de flamexado.

6.192,75

Castrelos Elaboración S.L., S.Com.

D32016099

B

Mellora en extracción: renovación de filtros instalados, mellora no control automático en filtración Nederman, paso de filtración Perca de sobrepresión a depresión. Mellora na ventilación xeral mediante instalación de extractores e achega de aire, logo do estudo de modelización. Mellora en humidificación da contorna da nave e da saída da cortadora, con tratamento antilegionela da auga. Instalación de tolvas automáticas húmidas para o cascallo de embaladoras. Substitución de tres recortadoras por outras de deseño innovador con discos especiais para emitir menos po e ruído. Instalación de filtración Hepa e presurización en cabina de pa que, ademais, protexe fronte a sólidos de fumes diésel. Asesoría e seguimento técnico específico durante todo o proxecto e implantación.

137.665,11

Pizarras Valdacal, S.L.

B32225419

B

Implantación de cabinas persoais en todos os postos de serradura. Servizo de consultoría da empresa Staub Ingeniería.

13.320,00

Pizarras Las Nieves, S.L.

B32459836

B

Instalación de extracción e filtración na nave, incluída a adecuación do espazo e subministración. Asesoramento e seguimento técnico por parte da empresa Staub Ingeniería.

87.470,00

Canteras de Lalín, S.L.

B36377844

B

Instalación de rega por aspersión en distintos puntos da canteira onde existan postos de traballo ou paso de persoal da empresa.

23.937,84

Canteras de Lalín, S.L.

B36377844

B

Implantación de canóns de nebulización na praza da canteira.

17.045,00

Pizarras del Valle, S.L.

B32419764

B

Implantación de cabinas persoais en todos os postos de serradura. Servizo de consultoría da empresa Staub Ingeniería.

28.965,00

Canteiros do Porriño Reunidos, S.A.

A36027480

B

Mellora da capa de rodadura da zona do edificio de tolvas e de almacenamento de produtos rematados, mediante a aplicación dunha capa bituminosa, logo da nivelación e fresadura da zona.

13.107,50

Triturados do Saiar, S.L.

B36435170

B

Mellora da capa de rodadura da zona do edificio de tolvas e de almacenamento de produtos rematados, mediante a aplicación dunha capa bituminosa, logo da nivelación e fresadura da zona.

16.446,68

Promoción de Industrias Orensanas, S.A. Proinor, S.A.

A32006082

B

Instalación de oito cabinas presurizadas para os cadros de goberno das serras. Adquisión dunha aspiradora industrial.

31.728,83

Promoción de Industrias Orensanas, S.A. Proinor, S.A.

A32006082

B

Instalación de tres cabinas presurizadas para os cadros de goberno das serras.

10.620,00

Granitos Deza, S.L.

B36206530

B

Adquisición de dúas máquinas de corte de fío e dunha sonda para perforadora.

62.082,02