Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 5 de febreiro de 2021 Páx. 7368

I. Disposicións xerais

Consellería de Facenda e Administración Pública

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 21 de xaneiro de 2021 pola que se aproban os diferentes modelos de autoliquidación do imposto sobre sucesións e doazóns na Comunidade Autónoma de Galicia e se regulan o procedemento e as condicións para o seu pagamento e presentación, así como determinadas obrigacións formais e de subministración de información tributaria.

Advertidos erros na citada orde, publicada no DOG número 14, do 22 de xaneiro de 2021, é necesario efectuar as seguintes correccións:

Na páxina 3832, nas letra c) e d), falta a palabra «día», polo que debe dicir:

«c) Nas adquisicións por causa de morte, en que non se produza o falecemento do transmitente, o prazo é dun mes, contado desde o día seguinte a aquel en que se formalice o acto ou contrato».

«d) Nos demais supostos, o prazo será dun mes, contado desde o día seguinte a aquel en que se cause o acto ou contrato, salvo no caso da declaración-documento sucesorio para o que non existe prazo de presentación».