Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 8 de febreiro de 2021 Páx. 7738

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 2021, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 21 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países e se convocan para o ano 2020 (código de procedemento MR440D).

De conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas, con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputen, beneficiario, cantidade concedida e finalidade ou finalidades da subvención.

Na súa virtude, esta dirección xeral

RESOLVE:

Ordenar a publicación, no Diario Oficial de Galicia, das axudas concedidas con cargo á Orde do 21 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países e se convocan para o ano 2020, e que figuran como anexo nesta resolución.

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2021

Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

ANEXO

– Finalidade: axudas para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países.

– Financiamento: procede do Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga) concepto 713-D.770.0 e proxecto 201100766 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia.

– Beneficiarios e axudas concedidas:

Nome

NIF

Axuda concedida

Ernesto Rodríguez Pérez

***5805**

6.540,00 €

Docampo, S.A.

A32104929

9.690,00 €

Bodegas Martín Códax, S.A.U.

A36033009

172.762,20 €

Agro de Bazán, S.A.

A36034668

76.483,22 €

Bodegas Terras Gauda, S.A.

A36108900

249.961,53 €

Bodegas Fillaboa, S.A.

A36692846

13.305,00 €

Don Bernardino, S.L.

B27409440

6.540,00 €

Maior de Mendoza, S.L.

B36037349

19.445,40 €

Pazo de Señoráns, S.L.U.

B36117513

44.812,17 €

Adegas Valmiñor, S.L.

B36277218

80.143,83 €

Lagar de Besada, S.L.

B36306173

7.965,00 €

Attis Bodegas y Viñedos, S.L.

B36549350

33.072,00 €

Pazo Pondal, S.L.U.

B61759387

146.663,33 €

Viñas e Adegas Galegas, S.L.U.

B94055068

48.048,00 €

Just B Galicia Wines, S.L.

B94165339

3.222,00 €

Viña Costeira, S.C.G.

F32002230

14.967,16 €

A Portela SAT

F32028342

19.968,00 €

Bodegas Eidosela, S.C.G.

F36430106

20.244,00 €

C.R.D.O. Rías Baixas

Q8655030H

371.239,16 €