Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 8 de febreiro de 2021 Páx. 7845

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 19 de xaneiro de 2021 polo que se notifica o requirimento ditado no expediente de denuncia en materia de verteduras de augas residuais coa clave DH.D27.72848.

A persoa titular da Xefatura da Área de Vertidos de Augas de Galicia ditou requirimento no expediente DH.D27.72848 en materia de vertidos de augas residuais seguido contra a persoa titular do NIF 33676040-S (t.m. Viveiro).

Intentada a notificación do requirimento por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no expediente, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícase o requirimento ditado á persoa interesada.

Infórmase que o expediente de denuncia se atopa a súa disposición nas oficinas da Área de Vertidos de Augas de Galicia, situadas na Praza de Camilo Díaz Baliño 7-9, 15781 Santiago de Compostela.

Comunícase que en relación co requirimento mencionado cabe presentar alegacións perante a Área de Vertidos de Augas de Galicia no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2021

Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia