Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 8 de febreiro de 2021 Páx. 7844

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 19 de xaneiro de 2021 polo que se notifica o acordo de iniciación ditado no expediente sancionador en materia de verteduras de augas residuais (expediente DH.D15.74628).

A persoa titular da Dirección de Augas de Galicia ditou acordo de iniciación do expediente sancionador DH.D15.74628 por infracción da normativa en materia de verteduras de augas residuais.

Intentada a notificación do acordo de iniciación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícase o acordo de iniciación ditado á persoa titular do NIF 37763942N.

Infórmase que o expediente sancionador se atopa á súa disposición nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, en Santiago de Compostela. Comunicáselle que en relación co acordo de iniciación cabe presentar alegacións perante a Área de Verteduras de Augas de Galicia no prazo de quince días contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE. No caso de non presentar alegacións, ditarase proposta de resolución segundo o previsto na normativa vixente.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2021

Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia