Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 9 de febreiro de 2021 Páx. 8049

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 8 de xaneiro de 2021, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se dá publicidade de tres encomendas de xestión ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios, S.A. (Seaga), para executar durante os anos 2021 e 2022.

Advertidos erros na referida resolución, publicada no DOG núm. 11, do 19 de xaneiro de 2021, procede facer a seguinte corrección:

– Na páxina 3034, onde di:

«– Actividade: realización dos traballos relativos ao proxecto de conservación e restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades marisqueiras».

Debe dicir:

«– Actividade: eealización dos traballos de retirada, almacenamento e xestión dos materiais, ben sexa como residuos ou para a súa reutilización, de artes de pesca procedentes de comisos realizados pola Subdirección Xeral de Gardacostas de Galicia».