Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 9 de febreiro de 2021 Páx. 8050

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 2021 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 28 de xaneiro de 2021 polo que se aproba a revisión do Plan territorial de continxencias por contaminación mariña accidental da Comunidade Autónoma de Galicia.

O Plan territorial de continxencias por contaminación mariña accidental de Galicia, Plan Camgal, naceu no 2012 para dar unha resposta áxil e coordinada ante unha eventual continxencia por contaminación. Recolle un conxunto de normas e procedementos básicos de actuación, a estrutura de organización e o sistema de resposta das administracións públicas fronte a un episodio de contaminación mariña accidental que se produza ou afecte o litoral da nosa Comunidade Autónoma.

O Plan Camgal foi revisado no ano 2016 para adaptalo ao Sistema Nacional de Resposta, que é posterior ao Camgal (publicado no BOE en xaneiro de 2013).

Tendo en conta que as modificacións que había que realizar afectaban case a totalidade dos artigos, o grupo de traballo da comisión de revisión optou pola elaboración dun novo decreto, o Decreto 135/2016, do 6 de outubro, polo que se regulan a estrutura e a organización do Plan territorial de continxencias por contaminación mariña accidental da Comunidade Autónoma de Galicia (publicado no DOG o 25 de outubro de 2016).

Por este motivo, a Consellería do Mar, responsable do Plan Camgal, tendo en conta a revisión que xa fixo para a elaboración do Decreto 135/2016, levou a cabo a redacción dos novos textos que constitúen os capítulos do Plan Camgal, coa participación de todos os órganos directivos involucrados nel.

A revisión do plan foi aprobada polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 28 de xaneiro de 2021, polo que

RESOLVO:

Facer público o acordo do Consello da Xunta de Galicia, adoptado na súa reunión do día 28 de xaneiro de 2021, que a seguir se transcribe:

Aprobar a revisión do Plan territorial de continxencias por contaminación mariña accidental da Comunidade Autónoma de Galicia, que se atopa dispoñible no seguinte enlace: www.plancamgal.gal

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2021

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Ma