Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 9 de febreiro de 2021 Páx. 7990

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 2021, da Direccion Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se fai público o esgotamento de crédito orzamentario da Orde do 20 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras do programa Emprega Discapacidade e Exclusión, de incentivos á contratación, e formación e emprego con apoio, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (Diario Oficial de Galicia número 3, do 7 de xaneiro).

A Orde do 20 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras do programa Emprega Discapacidade e Exclusión, de incentivos á contratación, e formación e emprego con apoio, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (Diario Oficial de Galicia núm. 3, do 7 de xaneiro) establece, no seu artigo 2, que a concesión das axudas previstas para o ano 2020 nesta orde estará suxeita á existencia do crédito orzamentario e que, de ser o caso, segundo o disposto no artigo 31.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, publicarase mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social competente da xestión do programa o esgotamento das partidas orzamentarias asignadas.

Unha vez resoltas as solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 20 de novembro, seguindo a súa orde de entrada, constátase que se esgotou o orzamento dispoñible para a concesión das axudas, na aplicación orzamentaria 09.40.322C.470, código de proxecto 2016 00309.

A última solicitude resolta favorablemente ao abeiro da aplicación orzamentaria 09.40.322C.470, código de proxecto 2016 00309, cunha contía de 2.072.789 euros, foi o expediente TR342A 2020/96-1, presentado o día 5 de xuño de 2020, ás 11.14.43 horas, na sede electrónica.

En virtude do anterior, a persoa titular da Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, por delegación da conselleira de Emprego e Igualdade,

RESOLVE:

Dar a coñecer o esgotamento do crédito dispoñible para as axudas convocadas pola Orde do 20 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras do programa Emprega Discapacidade e Exclusión, de incentivos á contratación, e formación e emprego con apoio, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (Diario Oficial de Galicia núm. 3, do 7 de xaneiro), con data do 5 de xuño de 2020, ás 11.14.43 horas.

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2021

Covadonga Toca Carús
Directora xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social