Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 9 de febreiro de 2021 Páx. 7988

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 2021, da Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se fai público o esgotamento de crédito orzamentario da Orde de 20 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras do programa Emprega Xuventude de incentivos á contratación e formación de persoas mozas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (Diario Oficial de Galicia número 3, do 7 de xaneiro).

A Orde de 20 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras do programa Emprega Xuventude de incentivos á contratación e formación de persoas mozas, e se procede a súa convocatoria para o ano 2020 (Diario Oficial de Galicia núm. 3, do 7 de xaneiro), establece, no seu artigo 4, que a concesión das axudas previstas para o ano 2020 nesta orde estará suxeita á existencia do crédito orzamentario e que, de ser o caso, segundo o disposto no artigo 31.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, publicarase mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía social competente da xestión do programa o esgotamento das partidas orzamentarias asignadas.

Unha vez resoltas as solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 20 de novembro, seguindo a súa orde de entrada, constátase que se esgotou o orzamento dispoñible para a concesión das axudas.

A última solicitude resolta favorablemente ao abeiro da aplicación orzamentaria 09.40.322C.470.3, código de proxecto 2016 00308, cunha contía de 2.000.000 euros, foi o expediente TR349T 2020/218-1, presentado o día 15 de setembro de 2020, na sede electrónica.

En virtude do anterior, a persoa titular da Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, por delegación da conselleira de Emprego e Igualdade,

RESOLVE:

Dar a coñecer o esgotamento do crédito dispoñible para as axudas convocadas pola Orde de 20 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras do programa Emprega Xuventude de incentivos á contratación e formación de persoas mozas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (Diario Oficial de Galicia núm. 3, do 7 de xaneiro), con data do 15 de setembro de 2020, ás 19.11 horas.

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2021

Covadonga Toca Carús
Directora xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía social