Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 9 de febreiro de 2021 Páx. 8116

III. Outras disposicións

Fondo Galego de Garantía Agraria

RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 2021 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2020.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos polo Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga) no terceiro cuadrimestre do ano 2020, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2021

Silvestre José Balseiros Guinarte
Director do Fondo Galego de Garantía Agraria

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos polo Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga) no terceiro cuadrimestre do ano 2020

Título

Obxecto

Data de sinatura

Achega económica da consellería (€)

Addenda de modificación ao convenio entre o Fondo Español de Garantía Agraria O.A. e a Comunidade Autónoma de Galicia, para a realización de traballos de control sobre o terreo por teledetección-satélite nas campañas 2018-2020.

Prorrogar a duración do convenio, que estende os seus efectos ata o 31.12.2021 e, como consecuencia do anterior, modificar 3 anexos (I, II e III) respecto á actualización dos prezos unitarios e á adecuación do número de zonas e custo por campaña dos traballos de fotointerpretación e visita rápida de campo nas zonas solicitadas pola Comunidade Autónoma, así como regular a opción de pagamento na anualidade que se engade 2021.

27.11.2020

A prórroga que se recolle na addenda terá un custo para a Comunidade Autónoma de Galicia de 239.771,78 € para a anualidade 2021, e será financiado polo Fogga.

Addenda de prórroga ao convenio interadministrativo entre o Fondo Español de Garantía Agraria O.A. e a Comunidade Autónoma de Galicia, para o mantemento da aplicación informática para a xestión, control e cálculo do pagamento das axudas directas da política agrícola común e medidas de desenvolvemento rural establecidas no ámbito do sistema integrado para as anualidades 2017, 2018, 2019 e 2020.

Prorrogar por dous anos o convenio de colaboración para o mantemento da aplicación SGA que permite o desenvolvemento das accións necesarias para a xestión da PAC en Galicia, que estende os seus efectos desde o 1.1.2021 ata o 31.12.2022, quedando o resto das cláusulas sen alteracións.

17.12.2020

Esta prórroga supón un compromiso económico para a Consellería do Medio Rural, que se imputará ao Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga) e que ascende a un total de 137.322,32 €, coa seguinte distribución por anualidades: 68.661,16 € euros para a anualidade 2021 e 68.661,16 € euros para a anualidade 2022.