Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 9 de febreiro de 2021 Páx. 8278

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Rianxo

ANUNCIO do nomeamento dun funcionario de carreira da policía local.

Esta alcaldía ditou, o 17 de decembro de 2020, a Resolución 805/2020 que a continuación se transcribe:

«Considerando que polo Decreto da Alcaldía 137/2020, do 28 de febreiro (BOP núm. 54, do 24 de marzo) se resolveu nomear funcionario en prácticas da escala de administración especial, subescala de servizos especiais, clase policía local, escala básica, categoría policía, integrada no grupo C, subgrupo C1 de clasificación, a:

– Carlos Rodríguez García, co DNI núm. **48771**.

Resultando que o interesado tomou posesión o 10 de marzo de 2020 como funcionario en prácticas.

Logo de ver o informe, co número de rexistro de entrada 202090000001484, do 7 de decembro, da Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp), organismo dependente da Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo da Xunta de Galicia, segundo o cal os ditos funcionarios en prácticas superaron o curso selectivo para o acceso á categoría de policía, dos corpos da policía local de Galicia, convocado mediante a Resolución do 20 de febreiro de 2020 (DOG núm. 41, do 2 de marzo).

Consonte as atribucións que me confiren os artigos 21.1.h) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e 41.14.a) do Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, aprobado polo Real decreto 2568/1986, do 28 de novembro; no artigo 19 do Decreto 243/2008, do 16 de outubro, polo que se desenvolve a Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais,

RESOLVO:

1º. Nomear funcionario de carreira da escala de administración especial, subescala de servizos especiais, clase policía local, escala básica, categoría policía, integrada no grupo C, subgrupo C1 de clasificación, a:

– Carlos Rodríguez García, co DNI núm. **48771**.

O nomeamento terá efectos económicos e administrativos da data da toma de posesión, con dereito á percepción das retribucións básicas correspondentes ao grupo de clasificación.

2º. O nomeado adquirirá a condición de funcionario de carreira do Concello de Rianxo logo de prestación de xuramento ou promesa, segundo o establecido no Real decreto 707/1979, do 5 de abril, e toma de posesión do seu destino no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial da provincia (BOP) da Coruña. Deberase comunicar previamente o día previsto de toma de posesión para a fixación deste polo concello.

3º. Notificarlle esta resolución ao interesado, publicala no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia e dar traslado dela aos servizos de Intervención e Tesouraría para os efectos pertinentes».

O que se publica para coñecemento xeral.

Rianxo, 21 de decembro de 2020

Adolfo Muíños Sánchez
Alcalde