Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 9 de febreiro de 2021 Páx. 8277

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO de nomeamento dun funcionario de carreira coa categoría de administrativo (oferta de emprego público de 2019).

A Concellaría delegada do Servizo de Persoal e Cultura, mediante a Resolución do 13 de xaneiro de 2021, nomeou funcionario de carreira deste concello a:

– Pablo López Durán, con DNI ***8270**, para ocupar unha praza de administrativo da escala de administración xeral, integrada no grupo C, subgrupo C1, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas polo sistema oposición libre.

O dito nomeamento efectuouse segundo a proposta do tribunal cualificador, ao cal se lle dá publicidade de conformidade co disposto no artigo 17 do Decreto 95/1991, do 20 de marzo.

Contra a dita resolución de nomeamento, que pon fin á vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer, ben o recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou e no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, ao abeiro do establecido no artigo 124.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ben o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra.

Non obstante, os/as interesados/as tamén poderán interpoñer calquera outro recurso que xulguen procedente conforme dereito.

Pontevedra, 15 de xaneiro de 2021

O alcalde
P.D. (Acordo da Xunta de Goberno Local do 15.6.2019)
María del Carmen Fouces Díaz
Concelleira delegada do Servizo de Persoal e Cultura