Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 10 de febreiro de 2021 Páx. 8628

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 29 de xaneiro de 2021, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso na escala de auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, subgrupo C2, na especialidade de bombeiro forestal-condutor de motobomba, do corpo de auxiliares de carácter técnico de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Mediante a Resolución do 4 de xuño de 2020, da Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 114, do 12 de xuño), aprobáronse as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo para o ingreso na escala de auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, subgrupo C2, na especialidade de bombeiro forestal-condutor motobomba, do corpo de auxiliares de carácter técnico de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado pola Orde do 28 de febreiro de 2019 (DOG núm. 44, do 4 de marzo).

Unha vez transcorrido o prazo para a presentación de reclamacións sobre estas listaxes, de conformidade co artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, e coa base I.4.2 das que rexen o proceso selectivo, esta dirección xeral

RESOLVE:

Aprobar as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo para o ingreso na escala de auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, subgrupo C2, na especialidade de bombeiro forestal-condutor motobomba, do corpo de auxiliares de carácter técnico de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

A listaxe definitiva de persoas aspirantes admitidas poderase consultar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal.

A listaxe definitiva de persoas aspirantes excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.

A Administración devolveralles o importe ingresado en concepto de dereitos de exame a aquelas persoas aspirantes excluídas de maneira definitiva, ou ben que non figuren en ningunha das listaxes, que así o soliciten no prazo de dous (2) meses a partir do día seguinte ao da publicación no DOG das listas definitivas de admitidos e excluídos.

Para iso será necesaria a presentación dun escrito que solicite a devolución e no cal fagan constar o número de conta (24 díxitos), a entidade financeira e a súa localidade ou ben presenten un certificado expedido pola entidade financeira en que figuren eses datos. Esta documentación deberá ser dirixida ao Servizo de Selección da Dirección Xeral da Función Pública. A presentación deste escrito sen os datos indicados ou fóra de prazo suporá a perda do dereito á devolución do importe ingresado.

De conformidade co disposto na base I.3, non procederá a devolución do importe aboado en concepto de dereitos de exame nos supostos de renuncia a participar no proceso das persoas solicitantes admitidas provisional ou definitivamente.

Contra esta resolución poderase interpor recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou poderase interpor directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1 do mesmo texto legal.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2021

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Relación de persoas aspirantes excluídas

Acceso xeral.

Apelidos e nome

NIF

Motivo da exclusión

Alonso Nieves, Pedro

***3173**

66, 67

Álvarez Creo, Jaime Rubén

***9540**

66, 67

Álvarez Estévez, Alejandro

***7835**

66, 67

Arévalo Marco, José Fernando

***9700**

66, 67

Bancalero Devesa, Miguel Ángel

***0179**

86, 87

Barbera Ares, Antonio

***1301**

66, 67

Besada Correa, Marcos Antonio

***5992**

65

Bistilleiro Buezas, David

***9042**

83

Blanco García, Álvaro

***0294**

66, 67

Blanco Soñora, José Ramón

***7939**

43

Blanes Rosselló, Luis

***0930**

66, 67

Campos Gallego, Lucas

***8928**

66, 67

Carballo López, Roberto

***5116**

85

Carballo Rico, José Manuel

***6708**

66, 67

Casrillón González, Juan Antonio

***8067**

66, 67

Castro Otero, Javier

***2578**

86, 87

Cerna Araújo, Christian Bolívar

***4888**

86, 87

Corbacho Rodríguez, Adrián

***8476**

66, 67

Couso Conde, Fabián

***0326**

86

Dos Anjos López, Vanesa

***5942**

66, 67

Doval Rodríguez, Borja

***2750**

86

Efrain Martínez, Alejandro

***8311**

66, 67

Enríquez Rivas, José Raúl

***4016**

65

Feijoo Rodríguez, David

***2791**

85

Feijoo Torres, Alba

***9434**

84

Fernádez Dosouto, Judit

***3541**

65

Fernández Asenjo, Manuel

***8010**

63

Fernández Seoane, Rafael

***2210**

66, 67

Fernández Vázquez, Ángel María

***1272**

43

Fernández Villarino, Nuria

***4640**

43

Ferraz Castiñeiras, Rodrigo

***9485**

63, 66, 67

Ferreiros Vila, Juan Carlos

***6588**

63

Filipe Agostinho, Mauro Iraquiano

***3015**

66, 67

Fontán Espiño, Francisco Javier

***9519**

22

Freitas Leao, Michele

***1722**

43

Gutiérrez García, Manuel David

***5413**

86, 87

Iglesias Reigosa, Alejandro

***3465**

43

Juanes Picot, Pablo

***0464**

83, 86, 87

Leiva Pallares, David

***7402**

63

Llera Meana, Antonio

***4461**

86, 87

López Chao, Aitor

***8183**

86, 87

López Cuñarro, Alberto

***9017**

85

López García, Jonathan

***7458**

84

López Méndez, Luis

***5156**

66, 67

López Rodríguez, Javier

***9161**

66, 67

Martínez García, Andrés

***3820**

86

Martínez Martínez, José Antonio

***2313**

66, 67

Nodar Pena, José Luis

***6450**

66, 67

Novoa Rodríguez, José Javier

***9703**

66, 67

Otero Álvarez, Xabier

***7289**

83

Paz Paz, Javier

***4868**

86

Pena García, Rafael

***9908**

86, 87

Peña Martínez, Víctor

***6998**

66, 67

Perdiz Davila, Andrés

***8503**

66, 67

Pérez Alfonso, José Manuel

***3788**

86, 87

Portela Oya, Óscar

***0147**

85, 86, 87

Puga Álvarez, Adrián

***9141**

65

Ricoy Álvarez, Raúl

***3434**

86

Rodríguez Follana, Luis

***4827**

66, 67

Rodríguez Rivas, Juan Carlos

***0920**

86

Rodríguez Subirol, Julio

***7447**

43

Ruano Arregui, Miguel Ángel

***8907**

86, 87

Sánchez Méndez, Ramón

***0550**

83, 85

Sánchez Navaza, José Miguel

***5529**

86

Sande Fondo, Raquel

***0011**

43

Seijo Vázquez, José

***4067**

86, 87

Suárez Aureliano, Jorge Ricardo

***6936**

86, 87

Suárez Casal, David

***0411**

43

Suárez Fontaíña, Eduardo

***5991**

65, 66, 67

Torres Castelao, Manuel

***4749**

86, 87

Valea Bermúdez, José Marcos

***8012**

63, 66, 67

Vázquez Merens, Raúl

***5597**

65

Veres Castro, Jesús I

***0069**

66, 67

Vilaboy Ledo, Fernando

***1350**

66, 67

Cód.

Causa da exclusión

22

Taxas aboadas fóra de prazo

43

Desistencia da solicitude

63

Non presenta e non autoriza a consulta da condición de familia numerosa xeral

65

Non presenta e non autoriza a consulta da condición de discapacidade

66

Non presenta e non autoriza a consulta da condición de demandante de emprego 6 meses antes da convocatoria

67

Non presenta e non autoriza a consulta da condición de non percibir prestación ou subsidio por desemprego

83

Non cumpre a condición de familia numerosa xeral

84

Non cumpre a condición de familia numerosa especial

85

Non cumpre a condición de discapacidade

86

Non cumpre a condición de demandante de emprego 6 meses antes da convocatoria

87

Non cumpre a condición de non percibir prestación ou subsidio por desemprego